Na nosa escola, este ano, propuxémonos acadar 2 obxectivos coa celebración do Entroido.
1- Non empregar o plástico nos nosos disfraces.
2- Concienciarnos, e concienciar a todos os membros da nosa comunidade educativa, do impacto que poden ter sobre o bosque as nosas decisións, e as nosas accións.
Para elo durante o mes de febreiro estivemos vendo en todas as aulas a seguinte película:
Ao rematar de ver » O bosque animado», e de comentar os valores e os contravalores que aparecen na película, decidimos representarun bosque cheo de vida, cheo de cores,fronte aun bosque en cinzas, no que quixemos mostrar o perigo das plantación de eucaliptos e dos incendios.
Centramos o noso Entroido no paso da vida á morte, ou da morte á vida, dos nosos bosques debido as intervencións dos humanos.
Velaí o noso traballo que comeza representando unBOSQUE DE CORES no que podemos atopar:
Sentímonos moi ledos, porque despois de moito traballo o noso entroido acadou os obxectivos que fixamos ao comezo, xa que este ano por primeira vez non empregamos as tradicionais bolsas de plástico para a elaboración dos disfraces, e a temática escollida servíu para que sexamos conscentes da necesidade de coidar os nosos bosques.
E do importantes que somos os seres humanos para que as nosas árbores e os nosos bosques sigan vivos.
Cicais é iso o que o duende Lola lle está dicindo a Sole, a súa nai.
Para conmemorar os días 26 de xaneiro, Día da Educación Ambiental, e o 30 de xaneiro, Día da Paz; no noso centro imos desenvolver as seguintes actividades:
1- POR UNHA ESCOLA VERDE : VER, SENTIR E ACTUAR
VER
Comezamos traballando con estes materiais na aula:
Logo saímos das aulas para ver » como estaba o patio», coa intención de comprobar se a nosa era «unha escola verde», na que o lixo se tiraba nas papeleiras, ou se pola contra o estabamos tirando en calquera recuncho.
E isto foi o que atopamos:
SENTIR
Nos nosos patios había envoltorios de caramelos, e anacos de papel e de plástico.
ACTUAR
Polo que decidimos recollelos, motrarllos aos nenos de educación primaria, e pedirlles axuda a todos os membros da comunidade educativa para conseguirmos unha «ESCOLA VERDE».
O primeiro día recollemos só nunha zona do patio de educación infantil 25 anacos de plástico.
Propuxémoslle que todas as semanas os cativos, e as cativas de educación infantil íamos saír un día ao patio para recoller este lixo, logo ensinariámoslles todo o que fomos recollendo co obxectivo de que cada semana houbera menos plásticos nos nosos patioS, ata chegar á semana cero.
Esta semana sería aquela na que a nosa bolsa de lixo estivera baleira porque non atopamos ningún resto de plástico ou de papel fóra das papeleiras, e nese intre poderíamos considerarnos una «ESCOLA VERDE».
Para que todos lembremos onde temos que tirar o lixo os nenos, e as nenas de educación infantil colorearon estes carteis do Capitán Verdemán, que logo colocaremos ao lado das papeleiras.
E para que non esquezamos cal é a nosa meta cantaremos e bailaremos ao saír ao patio recoller o lixo, en busca da semana cero «La hora del planeta».
2-REDUCIR
A nivel de centro decidimos reducir o uso do plástico, polo que nós comprometemos a non empregalo nos disfraces de entroido, xa que de xeito habitual era o material que utilizabamos para elaboralos.
Elaboramos consellos para as familias, cada semana os nenos e as nenas terán que levar un para a casa.
Consellos para reducir o consumo de plástico.
Evita comprar auga en botellas de plástico.
Esquece as palliñas de plástico.
Usa bolsas reutilizables.
Quita os chicles da túa vida.
Compra produtos empaquetados en cartón ou vidro.
Substitúe as fiambreras de plástico (tuppers) por recipientes de cristal ou de aceiro inoxidable.
Comprar produtos a granel
Non uses film de plástico.
Usa utensilios de cociña de madeira, bambú ou aceiro inoxidable
O martes puxemos as luvas e mans á obra……recollemos o lixo dos patios da nosa escola.
Que bo traballo fixeron as nenas e os nenos da ecopatrulla!!
BOLSAS MULTIUSOS PARA QUE O PLANETA NON LEVE UN SUSTO
Os cativos de 5º de Educación Infantil deseñaron as súas bolsas multiusos, que levarán cada vez que vaian comprar algo, para reducir o uso de plástico ao reutilizar sempre a mesma bolsa de papel. Desta maneira intentamos evitar que o planeta leve un susto!
E o mesmo fixeron as nenas e os nenos da ecopatrulla
Presentámosvos a un grupo de nenos e de nenas que despois de coñecer ao Capitán Verdemán, a través do vídeo e do libro que traballamos na aula, decidiron deseñar os seus traxes, e converterse nos seguidores deste heroe da reciclaxe.
Agora terán que convencer, ao longo do terceiro trimestre, a máis compañeiros, e compañeiras do cole, ata conseguir un equipo de capitáns verdemáns, especializados en reducir, reutilizar e reciclar.
De momento xa temos varios nenos que, seguindo os pasos do Capitán Verdemán, se comprometen a manter a escola limpa.