UNHA ÁRBORE UN TESOURO

As nenas e os nenos de 6º de educación infantil seguen a desenvolver, con moito interese, o seu proxecto: “Unha árbore un tesouro, un bosque una fortuna”, velaí as fichas que realizaron ao longo do último mes.

COMO ANDA O PATIO?

As nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil baixaron o patio dos nenos e das nenas de Educación Primaria. Querían comprobar se estes compañeiros, dende que comezamos coa actividade : “Escola verde”,  foran  capaces de reducir o plástico que usan, e de  tirar o lixo só  nas papeleiras, ou se pola contra seguían tirando envoltorios de plástico   no patio da escola.

Ían moi atentos, camiñando moi despacio convencidos de que  xa somos unha escola verde…………..

……….pero de súpeto Lola atopou un anaco de plástico no patio.

E Sara atopou outro.

Moi mal, -dixo  Aarón, prefiro non ver este desastre,  isto a Verdemán non lle gusta nada.

E a nós  tampouco -dixeron Claudia e Ángela que viran máis papeis tirados no patio.

E que podemos facer para termos unha escola verde?, -preguntoulle Mael a Verdemán.

Como Verdemán non respondía, as  cativas e os cativos de 4ºde Educación infantil reuníronse en asamblea,  para contar o lixo que recolleran.

Un pouco tristes, e preocupados sentáronse, para buscarlle unha solución a esta situación.Puxéronse a pensar…..

Rodrigo dixo que había moitos menos anacos de plástico que a comezo.  Esta vez só recolleran 14, pero aínda non chegaramos ao noso obxectivo, a semana cero, na que non houbera ningún anaco de plático ou de papel nos nosos patios.

Facía falta un gardián!!! E NINGUÉN MELLOR CA VERDEMÁN!!!!!

Si, si dixo Izan, Verdemán pode quedar no patio dos maiores, para iso o pintamos de cores!!

Para que lles lembre que non sigan tirando anacos de plástico no patio, -engadíu Antón, e podamos ter  unha escola verde e limpa.

IMOS COLOCAR UN VERDEMÁN EN CADA UNHA DAS PAPELEIRAS QUE ATOPEMOS NOS PATIOS.

Boísima idea , engadíu Lola, asi teremos unha escola fermosa, e os nenos de infantil non teremos que poñer estas luvas, que non nos gustan nada, porque son de plástico……….

e ademais son moi grandes, – contestoulle Anxo.

Asique agora tócalle aos nenos de educación primaria tirar o lixo só nas papeleiras nas que están Verdemán, para chegar á semana cero , e converter a nosa escola nunha escola verde. Entre todos temos que conseguilo, tal e como din  Lorena e Sara.

COS PÉS NA TERRA

Para encher a escola de flores, e o horto de patacas as nenas, e os nenos de 6º de educación infantil meteron os pé na terra, dispostos a desenvolver unha sesión de traballo moi intensa .

Comezaron retirando as malas herbas do horto:

 

E cando xa tiñan a terra preparada sementaron as patacas.

 

 

 

 

 

 

REBUSCANDO NA NOSA HISTORIA

Ao longo deste curso puidemos coñecer as dificultades coas que se desenvolveu a vida dos nosos avoíños e das nosas avoíñas , dos bis avós, e das bis avoas,  e de todos aqueles que tiveron que medrar nun mundo cheo de limitacións.

En moitas ocasións viñeron á escola membros das nosas familias, para explicarnos como fora  a súa vida.

Hoxe foron  os  membros da nosa comunidade educativa ( Sandra Lucía, Sergio, Celsa, e Roberto) os que  nós trouxeron máis obxectos antigos, para que  a través deles coñezamos máis da vida da nosa xente. E poidamos organizar una exposición para o día das Letras Galegas.

 

 

Como podedes ver, grazas a colaboración de pais, nais , avoíños e avoíñas,  xa temos desde una cadeira moi antiga, ata un ovo de zurcir calcetíns.

 

 

O ovo de zurcir foi o obxecto que máis lles gustou aos nenos:

Estiveron moi atentos cando a “profe María” lles explicou como funcionan as pranchas de carbón:

 

RESCATANDO ANACOS DA NOSA SABEDORÍA

Este tempo de vacacións permitíunos falar con varios avós da nosa comunidade educativa, e grazas a eles coñecer as diferentes medidas que se usaban,  fai moitos anos, na provincia de Ourense:

O Ferrado vale 629 metros cadrados.

Nas terras adicadas a viñedo a Cavadura vale 437 metros cadrados, ou 435 segundo a zonas.

O Xornal son 124 metros cadrados. En lugares con pendente da Ribeira Sacra, unha “cavadura” ou “home de cava” equivale a 100 cepas ben desenvolvidas.

Nas terras adicadas a outros cultivos, a Tega vale 388 metros cadrados, a Fanega 4.144 metros cadrados.

Na Porqueira , a Tega son  906 metros cadrados,  e o Copelo 21 metros cadrados.

Para medir o cereais empregábanse:

CUARTILLA O FANEGA , MEDIDA DE CEREAL ANTIGUA, MADERA DE CASTAÑO (Antigüedades - Hogar y Decoración - Otros)

Cuartilla ou fanega

A Tega que equivale a  14 kg de centeo, e unha Fanega son cinco Tegas.

Imagen relacionada

Media fanega.

O Copelo en Celanova e A Bola son 20 metros cadrados.

En Valdeorras a Maquía son 120 metros cadrados, en Verin son 22,22 metros cadrados.

 

Para medir capacidades en distintas zonas de Ourense, empréganse as seguintes medidas:

Ola equivale a 16 litros ou a 16,5 segundo as zonas.

Moio equivale a  16  olas.

Cabazo son 20 litros.

Cuarta e media cuarta son 20 e 10 litros respectivamente.

Resultado de imagen de medida de capacidad ola de viño

Cántara son 16 litros.

Canado son 2 Cántaras (32 litros).

Canada son 5 litros.

 

PRESUMAMOS COMO GALEGOS

Neste apartado convidamos a todo os membros da nosa comunidade educativa a seleccionar, e a mandarnos para que poidamos publicar, textos que nos fagan sentir aínda máis orgullosos do que xa o estamos do noso patrimonio.

Comezamos cunha boísima reflexión de Rafael Quintía Pereira.

Na medida na que as familias nos vaian enviando os resultados das súas investigacións iremolos publicandoos, co obxectivo de coñecer e de presumir dos nosos bens, tanto materiais como inmateriais.

GALIZA TERRA RICA EN PATRIMONIO

 ” Galiza é unha terra enormemente rica en patrimonio cultural, sexa este material ou inmaterial. O legado arqueolóxico deixado por milleiros de anos de poboamento ten poucos paralelos en Europa en canto a número e densidade. Podemos falar sen temor a equivocarnos, e estimando á baixa, duns 7.000 megálitos rexistrados, duns 1.500 petróglifos, 5.000 castros, medio millar de fortalezas medievais ou máis de 400 mosteiros e conventos, entre outras mostras do noso patrimonio histórico-artístico.

Como curiosidade podemos dicir que temos no Monte Tetón o petróglifo de círculos concéntricos máis grande de Europa.

Resultado de imagen de MONTE tETÓN

Na Coruña o faro en funcionamento máis antigo do mundo (A Torre de Hércules).

Resultado de imagen de TORRE DE HERCULES

En Lugo temos a única muralla romana do mundo que se conserva enteira.

Resultado de imagen de MURALLA DE LUGO

E  unha das tres cidades santas da Cristiandade, Santiago de  Compostela, a ruta de peregrinación máis importante e antiga de Europa.

Resultado de imagen de santiago de compostela

  Na Ribeira Sacra podemos atopar a maior concentración de construcións relixiosas de estilo románico do vello continente.

  • Resultado de imagen de san estevo de ribas do sil

    Resultado de imagen de SANTA CRISTINA RIBEIRA SACRA

A este tesouro cultural habería que engadirlle  miles de bens etnográficos (muíños, fontes, pontes, albarizas, cruceiros, petos de ánimas, foxos de lobo, batáns, levadas de rega…) que nin sequera están oficialmente inventariados.

 

  • Resultado de imagen de petos de ánimas ourene

A nivel natural as xoias son tamén innumerables, serras, complexos dunares, bosques milenarios, illas, 1.000 km de costa, ríos, etc, etc. Como exemplo a Serra da Capelada, onde se atopan uns dos cantís máis altos de Europa.

Resultado de imagen de serra da capelada

  Eo Teixedal de Casaio que é  un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa”.

Resultado de imagen de teixedal de casaio

 

A LINGUA COMO PATRIMONIO

CON NOME DE MULLER

Ademais de investigar os nomes daquelas mulleres galegas que destacaron por ser pioneiras en diferentes campos, para conmemorar o Día Internacional da Muller, propuxémoslles aos nenos buscar nomes de mulleres en galego, descubrindo a súa orixe, e o seu significado. Atoparon os seguintes:

Lista de nomes femininos en galego

A

  • Alicia. Xermano. De nobre aspecto // Grego. Real, verdadeira.
  • Ana. do hebraico Hannah. Compaixón, graza de Deus.
  • Antía. Do grego Anthía, Tirada, sacada das flores, florida. Referíase ao primeiro favo de mel que fabricaban as abellas, tamén chamado en galego entena.

C

  • Candea. Latín. Cirio, candea, luz. Como nome propio procede de Festum Candelorium, ‘festa das candeas’. Variantes: Candeloria, Candela.
  • Candela. Latín. Cirio, candea, luz.
  • Carla. Xermano. Viril.
  • Carmela. Hebreo. Viña, xardín // Latín. Poema ou canto.
  • Carolina. do xermano Karl, latinizado como Carolus. Home forte, home, viril.
  • Clara. Latín. Clara, ilustre.

D

E

  • Erea. Galaico. A través do grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Variantes: Irena, Iría.
  • Estela. Do latín stellula, diminutivo de stella, estrela. Variante: Estrela.

F

  • Fátima. Árabe. Doncela ou ‘a que desteta os meniños’. Fâtima era o nome da irmá de Mahoma.

G

  • Gabina. Latín. Da cidade de Gabio, no Lacio.
  • Gabriela. Hebreo. Forza de Deus.
  • Gala. Xermano. Muller da tribo dos galos, da Galia.
  • Galicia. Celta/galaico. Topónimo.
  • Gaspara. Persa. Administradora do tesouro.
  • Glauca. Grego. Verde, da cor do mar.
  • Glenda. Celta. Vale estreito e boscoso.
  • Gliceria. Grego. Doce.
  • Gloria. Latín. Fama, sona.
  • Goretti. Italiano. Apelido dunha santa italiana, chamada María.
  • Gracia. Latín. Graza, encanto, don.
  • Graciela. Latín. Grata, agradábel.
  • Gregoria. Grego. Vixiante, esperta.
  • Grial. Orixe descoñecida. ‘Cunca’, ‘cáliz’, máis concretamente refírese ao Santo Graal, copa que Xesús usou na última cea.
  • Griselda. Xermano. Ilustre batalla.
  • Guadalupe. Do topónimo árabe Wadi al-lub, que significa ‘río agochado’, ‘río do lobo’ ou ‘Río de croios negros’.
  • Gualteria. Xermano. A que manda o pobo na guerra.
  • Gudula. Xermano. Deusa, batalla.
  • Güendolina. Bretón. Branca.
  • Guía. Do xermano witan, ‘guiar’. Persoa que guía, que conduce, escolta. Advocación mariana.
  • Guillermina. Xermano. Helmo protector.
  • Guiomar. Do xermano wig, ‘combate’, e mar, ‘célebre’. Muller ilustre, combate ilustre.
  • Gumersinda. Xermano. Muller forte.

H

  • Helena. Do grego hellene, grega, da Grecia, muller moi bela. A través do latín Helena ou Helene. A súa etimoloxía é dubidosa. É posible que proceda da unión das palabras gregas helane, ‘facho’, ‘tea’ e hele, heile, ‘fulgor ou calor do sol’, ‘luz brillante’.

I

  • Iris. Do grego Eiro, ‘anunciar’, daba nome a unha deusa mensaxeira doutros deuses. Personifícase no arco da vella, por dar a impresión de que une a terra e o ceo. Tamén é nome de flor e, na relixión cristiá, é unha advocación mariana.

L

  • Lara. Latín. Relativa ao lar ou fogar.
  • Laura. Do nome latino Laurea, posiblemente co significado ‘coroa de loureiro’. Se cadra, o nome latino é tradución do grego Dafne, ‘loureiro’.
  • Lía. Do hebraico Le’ah, adaptado ao grego como Leia e ao latín como Lia. Pola tradición popular significaba ‘fatigada, cansa’, pero na actualidade pénsase que o seu significado era ‘vaca’, en alusión aos rabaños do pai da Lía bíblica. Variante: Lea.
  • Lucía. Latín. Nacida coa primeira luz.
  • Luz. Latín. Luz.

M

  • Mara. Hebraico. Posible nome de orixe bíblica. Significa ‘aflita, infeliz’. Úsase tamén como variante de María, Amara e Mar e mais como diminutivo de Anxos.
  • María. Hebreo. Señora.
  • Mercedes. Latín. Favores, grazas, Dons.

N

  • Nadia. Ruso. Esperanza.
  • Nazaré. Do grego Nazaréth, a través do latín Názareth, adaptacións do antigo nome hebreo para esta cidade de Palestina, Nasrat, que significaba ‘a gardiá, a gardadora’.
  • Noa. Hebreo. Repouso. Probablemente se trate do feminino de Noé ou quizais proveña do latín Noa, antiga cidade da Etiopía. Podería tamén proceder do hebreo Noah, relacionado con No’am, ‘delicia’, e con niham, ‘aliviar’.
  • Noelia. Francés. Referente ao Nadal.

P

  • Patricia. Latín. Paisana, da patria, de pai rico e nobre.
  • Paula. Latín. Pequena, miúda.
  • Paz. Latín. Paz.

R

  • Ramona. Xermano. A que protexe polo consello, famosa.
  • Rebeca. Hebreo. Corda, ligamento.

S

  • Sabela, Do Hebraico Elixeba. O deus Baal é saúde, ‘Deus é xuramento’ ou ‘Deus é perfección’. Variante: Isabel.
  • Sara, Hebreo. Princesa.
  • Silvia, do latín Silvius, que significa ‘do bosque, boscoso’.
  • Sofia, Grego. Sabedora, sabedoría.
  • Soidade, Latín. Soidade.
  • Sol, Latín. Sol.
  • Susana, Do hebraico xuxân, ‘lirio’, posibelmente de orixe exipcia. Nome persoal semítico transmitido a través do grego Susanna e Susanná. Lirio, azucena.

X

  • Xeila (Sheila). Celta. Variante de Sile (nome irlandés do latín: Celia, do outeiro).
  • Xiana. Latín. Referido ao xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.

ou Iudith. Variante: Xudit.

  • Xulia. Latín. Xentilicio da familia Xulia, dedicada a Xúpiter.

Z

  • Zoe, Grego. Vida.

 

A MULLER GALEGA

Como recursos para traballar na aula o Día da Muller, relacionados co noso patrimonio,  recomendamos os seguintes:

1. LAUDATORIA DA MULLER GALEGA:

” O que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as innumerables coitas das nosas mulleres: criaturas amantes para os seus y os estraños, cheas de sentimento, tan esforzadas de corpo, como brandas de corazón e tamén tan desdichadas que se dixeran nadas solasmentes para rexer cantas fatigas poidan afrixir, á parte  mais froxa e inxel da humanidade. No campo compartindo mitade por mitade cos seus homes as rudas faenas, na casa soportando  valerosamente as ansias da maternidade, os traballos domésticos e as arideces da pobreza. Soyas o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol, e sin axuda para mal manterse, para manter os seus fillos, e quisais o pai valetudinario, parecen condenadas á non atoparen nunca reposo se non na tomba.

A emigrazon y o Rey arrebatanlles de contio, o amante, o hirmán, o seu home, sostén  da familia decote numerosa, e asi, abandonadas, chorando ó seu desamparo, pasan a amarga vida antras incertidumbres da esperanza, á negrura da soidade y as angustias dunha perenne miseria. Y o máis desconsolador para elas é, que os seus homes, van  indo todos, un por un, porque llos levan, y outros por que  o exempro, as necesidades, ás veces unha cobiza, anque disculpabre, cega, fannos fuxir, do lar querido, daquela a quen amaron, da esposa xa nai, e dos seus fillos, tan pequeniños, que aínda non acertan á adiviñar, os desdichados, á orfandade á que os condenan.

Cando nas súas confianzas, estas probes mártires se atreven á decirnos os seus secretos, á chorar os seus amores sempre vivos, á doerse das súas penas, descobrense nelas, tal delicadeza de sentimentos, tan grandes tesouros de tenrura ( que á inteireza do seu carácter non é bastante a mermar) unha abnegación tan grande que , sin querer, sentímonos inferiores á aquelas oscuras e valerosas heroinas, que viven e morren levando a cabo feitos maravillosos por sempre iñorados, pero cheos de milagres de amor e de abismos de perdón. Historias dinas de ser cantadas por mellores poetas do que eu o son, e cuyas santas armonias deberan ser espresadas cunha soya nota e nunha soya corda, na corda do sublime e na nota da delor. Anque sin forza pra tanto, tentey algo deso sobre o todo no libro titulado “As viudas dos vivos e as viudas dos mortos”, máis eu mesma conoso que non acertei á decir as cousas que era menester. As miñas forzas son cativas, quéreas mayores de quen haya de cantarnos con toda a súa verdade e poesía, tan sencilla como dolorosa epopeya”.

Rosalía de Castro

“Dúas palabras da autora”, en Follas Novas, 1880

2. A MULLER NA ESCULTURA

3. Como exercicio de investigación propomos buscar os monumentos galegos dedicados á muller.

SABEDORÍA

Hoxe celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia, e cremos que un bo recurso para traballar nas nosas aulas, é este artigo, de Marcos Pérez Pena,  que nos mostra as aportacións dunha ducia de  mulleres científicas galegas.

Ana María Prieto

Ana María Prieto (Santiago, 1942) foi a pioneira da programación informática en Galicia. En 1963 converteuse na primeira muller programadora da sede madrileña da Bull General Electric. Nesta entrevista publicada por La Voz destacaba que se sentía “unha intrusa” nun mundo laboral masculino: “En empresas como Barreiros dicíanme: ‘por que traballas nisto?, ti tiñas que ser secretaria dun xefe'”. “Dábame moita rabia, non lles gustaba nada terme”, dicía. En 1969 incorporouse como programadora ao centro de cálculo da Caixa de Aforros de Santiago, onde traballou ata 1973. Rapaciñ@s, a iniciativa de AMTEGA e CPEIG, escolleuna como un dos referentes para animar os e as estudantes de ensino medio a escoller a carreira profesional informática

María Wonenburger

María Wonenburger (Oleiros, 1927 – A Coruña, 2014). Licenciouse en Matemáticas en Madrid en 1950 e foi unha das beneficiarias das primeiras bolsas Fullbright, que lle permitiron ir á universidade estadounidense de Yale, onde se doutorou. Os seus traballos de investigación centráronse principalmente na teoría de grupos e na álxebra de Lie. Deu clase en facultades de Canadá e os Estados Unidos e dirixiulle a tese de doutoramento a Robert Moody, quen logo traballou sobre o infinito no que se coñeceu como álxebra de Kac-Moody, e que tivo a Wonenburger como inspiradora. Regresou á Coruña en 1983. A partir de 2007 comezou a recibir recoñecementos en Galicia, investida doutora honoris causa pola UDC en 2010, ano no que o Consello da Cultura lle dedicou unhas xornadas. Finada en 2014, unha homenaxe en xuño de 2015 foi o primeiro acto como alcalde de Xulio Ferreiro.

Alicia Estévez

Alicia Estévez (Pontevedra, 1955), catedrática de microbioloxía pola USC, centra as súas investigacións nas patoloxías dos peixes e dos moluscos, con traballos de grande importancia para o desenvolvemento da acuicultura. En 2014 ingresou como académica na Real Academia Galega de Ciencias, sendo a segunda muller en facelo en toda a historia tras Pilar Fernández Otero.

Jimena e Elisa Fernández de la Vega

As irmás xemelgas Jimena (Vegadeo, 1895 – Santiago de Compostela, 1984) e Elisa Fernández de la Vega y Lombán (Vegadeo, 1895 – Zaragoza, 1933). En 1913 matriculáronse na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, converténdose en 1919 en dúas das primeiras mulleres licenciadas pola USC, acadando Jimena o Premio Extraordinario. A diferenza dalgunha das súas antecesoras nos pupitres compostelás, como foi o caso de Concepción Arenal, as irmás Fernández de la Vega non necesitaron disfrazarse de homes para asistir ás aulas; pero deberon soportar discriminacións por parte do resto do alumnado e do profesorado. Como relata Ánxela Bugallo no Album da Ciencia do CCG, “un compañeiro de clase tiña qu  escoltalas ata as aulas porque as increpaban. Ante os comentarios despectivos levantaban a cabeza e seguían adiante”.

Realizaron as súas teses de doutoramento en Madrid e Jimena ampliou os seus estudos en Alemaña e Austria entre 1923 e 1927, especializándose na herdanza mendeliana con aplicación á clínica, traballando nos anos seguintes en diferentes centros de investigación de España, Italia e Alemaña. Trala Guerra Civil deu un xiro á súa carreira, centrándose na Hidroloxía, dirixindo balnearios en Cáceres, Guitiriz e Granada. Elisa dedicouse á práctica médica e deu algunhas clases, interrompendo en parte a súa carreira polo seu matrimonio e crianza dos seus fillos. Finou en 1933 dunha pneumonía.

Mª Isabel Fernández García

Mª Isabel Fernández, doutora en Química pola USC e catedrática de Química Inorgánica da USC, foi unha das primeiras profesoras do Colexio Universitario de Lugo (1973). En 1975 a súa Tese de Doutoramento foi premiada pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Celia Brañas Fernández

Celia Brañas (A Coruña, 1880), “simbolizou o esforzo das mulleres da súa xeración por xogar un papel protagonista na sociedade e, de xeito singular, na cultura científica”, destacou Xosé A. Fraga no Álbum da Ciencia do CCG. Ata 1910 as limitacións para o acceso das mulleres á universidade eran máximas. Braña iniciou en 1908 o seu labor docente na Escola Normal coruñesa como profesora auxiliar de Ciencias, acadando a praza de mestra titular en 1911. Máis adiante ocupou a dirección da Normal en diversas etapas e xubilouse en 1946. Traballou a prol da creación dunha estación de Bioloxía mariña e da renovación pedagóxica dos estudos de ciencias

Ángela Ruiz Robles

Ángela Ruiz Robles (Villamanín, León, 1895 – Ferrol, 1975) comezou a ser máis coñecida nos últimos anos (dedicándolle mesmo Google un dos seus doodles) como “a precursora do e-book” polo seu invento de enciclopedia mecánica”. Xosé A. Fraga falou dela hai uns meses nun dos seus Episodios de Cultura Científica, debullando a carreira da mestra e inventora afincada en Ferrol, na que recibiu numerosos premios e mencións en certamens de inventiva, feiras e exposicións. O Ministerio de Educación mesmo chegou a aprobr o uso da enciclopedia mecánica no ensino e en 1971 Ángela Ruiz estivo a piques de acadar a súa comercialización; porén, os custos non permitiron executar o proxecto e só 100.000 pesetas tiveron a culpa.

Ángeles Alvariño González

Ángeles Alvariño (Serantes-Ferrol, 1916 – California, 2005) foi unha oceanógrafa que ao longo de catro décadas de carreira, chegou a converterse nunha das principais expertas mundiais en zooplancto, descubrindo un total de 22 novas especies animais mariñas de pequeno tamaño. Deu clase en universidades dos Estados Unidos, México ou Brasil. A mediados do século XX foi a primeira muller científica que traballou en campañas oceanográficas levadas a cabo por navíos de exploración británicos. En 2015 foi a protagonista do Día da Ciencia en Galicia, promovido pola Real Academia Galega de Ciencias.

Olga Moreiras Tuni

Olga Moreiras Tuni (Vigo, 1933 – Madrid, 2012) doutorouse en Farmacia na Universidad Complutense de Madrid, onde acadou a praza de Catedrática. Foi unha das coordinadoras das primeiras enquisas sobre alimentación española e os seus traballos convertéronse nunha referencia no mundo da nutrición, publicando 23 libros e 200 artigos en revistas científicas e sendo moi utilizadas as súas recomendacións sobre o consumo de alimentos para a poboación española.

Josefina F. Ling

Josefina F. Ling é profesora titular de Astronomía e Astrofísica no Departamento de Matemática Aplicada da USC e investigadora do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, do que é peza clave. Nacida e criada en Madrid, acabou asentándose en Galicia. Publicou numerosos traballos no campo das estrelas dobres e múltiples. É asesora científica da Sociedad Astronómica de Francia.

Pilar Fernández Otero

María del Pilar Fernández Otero (Bandeira-Silleda, 1947), é unha figura destacada no campo da Biomedicina. Doutorada na USC, en 1985 comezou a dar clase de Fisioloxía na Universidade de Navarra, sendo decana da Facultade de Farmacia e chegando a ocupar o posto de vicerreitora. Dirixiu 19 teses de doutoramento e foi a primeira muller que ingresou na Academia Galega de Ciencias.

Mabel Loza García

Mabel Loza (Tapia de Casariego-Asturias, 1961) é doutora pola USC e catedrática de Farmacoloxía nesta universidade dende 2011, onde coordina o grupo de investigación BioFarma e dirixiu unha vintena de teses de doutoramento. Participou na creación de tres empresas (Pharmatools Digital Interactive Services, Allelyus e Oncostellae).

Mabel Loza foi unha das 12 mulleres protagonistas da Axenda Feminista 2016, dedicada ás científicas galegas. Afortunadamente a ducia podería continuar con moitas máis investigadoras e docentes en activo, que continúan o camiño aberto no século pasado polas súas predecesoras.

 

 

SABEDORÍA POPULAR

CANTIGAS

Seguimos preparando a festa do Entroido na nosa escola, e para elo ademais de recompilar obxectos estivemos buscando cantigas relacionadas coas diferentes profesións das que se disfrazarán os nosos cativos. Velaí o que atopamos …………

A COSTUREIRA

-Costureiriña bonita,
onde tes os teus vestidos?
-Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para poñer os domingos.

-Costureiriña bonita,
dime onde tes a cama.
-No poleiro das galiñas,
ai si, ai non,
nunha presiña de pallas.

-Costureiriña bonita,
dime onde tes o niño.
-Nun carballo da Illana,
ai si, ai non,
no máis alto ramalliño.

-Costureiriña bonita,
onde gardas os melindres?
-Téñoos na hucha gardados,
ai si, ai non,
para comer os domingos.

O amor da costureiriña
era papel e mollouse
e agora, costureiriña,
ai si, ai non,
o teu amor acabouse.

Eu non canto por cantar

Costureiriña bonita dáme das túas agullas;
eu che darei alfinetes para prende-las costuras.

O amor da costureira era papel e mollouse,
agora, costureiriña, o teu amor acabouse.

Costureiriña bonita, onde te-la túa cama?
No poleiro das galiñas, nunha presiña de pallas.

Costureiriña bonita que a palacio foi coser;
no primeiro corredore xa lle deron que facer.

CANTEIROS E CARPINTEIROS

Canteiros e carpinteiros
da vila de Pontevedra,
aquí falta unha meniña
teredes que dar conta dela.

Vaite mundo vaite mundo
que axiña deches a volta,

que axiña me deixaches
con loito a miña porta.

Algún día algo, algo
agora, mal pocadiño,
xa no me queren as nenas
porque vou acabadiño.

LABREGOS

 BATE MEU LEITE

(Manuel Rico, Gadis)

Bate meu leite
na cántara nova
con tres pelouriños
e mailo da roda.

Bate meu leite
se te has de bater
que na casa teño
quen te ha de comer.

Así se amasa,
así se peneira,
así se lle dá a volta
ó pan na maseira.

FOLIADA DE ENTRIMO

Canta Coral de Ruada

Viva a gaita e o gaiteiro,
vivan as nosas aldeas,
viva a gaita e o gaiteiro,
vivan as mozas galegas,
viva o viño do Ribeiro.
Ai lalelo, ai lalelo.

Ai, Maruxiña, non vaias á herba,
que vén o vento mareiro e toda cha leva,
toda cha leva, lévacha toda,
ai, Maruxiña, Maruxa, non sexas tola.

Porque ela cantaba ben,
eu caseime cunha nena,
porque ela cantaba ben,
agora morro de fame
que o cantar non me mantén.
Ai lalelo, ai lalelo.

Ai, Maruxiña, non vaias

Viva a nosa honrada terra,
Viva Galiza irmandiña,
viva a nosa honrada terra,
viva a Coruña, viva Lugo,
viva Ourense e Pontevedra.
Ai lalelo, ai lalelo.

Ai, Maruxiña, non vaias

e amaso o molete.

AFIADORES

COPLAS DE PANDEIRO

Para cantar veño eu,
para bailar meu irmán;
para tocar o pandeiro
viva que o ten na man!

Algún día cantei ben,
agora vella non podo;
a que canta ben de moza
sempre lle vai dando modo.

O gaiteiro toca a gaita,
a muller o tamboril;
os fillos as castañetas,
na miña vida tal vin!

O pandeiro ten a culpa,
o pandeiro tena toda;
O pandeiro ten a culpa
que lle dean e non resoa.

MUIÑEIROS