SEMANA VERDE

MÉRCORES: CON BO RITMO E MELLOR GUSTO!

As actividades programadas para este día consistían en escoitar, e bailar varios temas que nos recordan o importantes que somos para protexer o medio ambiente.

E EN PREPARAR UNHA PARVA MOI SAUDABLE.

Aquí temos aos cativos de 4º de Educación Infantil preparando un riquísimo iogur con froitas.

Comezaron cortando, os amorodos ecolóxicos que nos trouxo Cibrán, e os plátanos, en anacos pequenos.

Logo mezcláronos co iogur natural.

E adornaron a mezcla  cunha rica cereixa.

iogur 25Cando tiñan todo preparado dispuxéronse a probar.

E a compartir……

iogur 43

ESTE IOGUR CON FROITAS TEN QUE ESTAR RIQUÍSIMO PORQUE OS PEQUES NON NÓS DEIXARON NIN A PROBA!!!

iogur 42

LIBRÍN ÚNESE AS ECOMASCOTAS

LIBRÍN, a mascota da nosa biblitoteca escolar, tamén quere unirse a nosa aventura de acadar unha ECOESCOLA, para iso xa planeou con MUNDOMAN E BELLI unhas cantas actividades que nos irán contando ao longo do curso. Parece que nada máis coñecerse xa se entenderon e LIBRÍN quere axudar cos seus grandes coñecementos e cos grandes recursos cos que conta para que MUNDOMAN E BELLI podan transmitir a todos os nenos/as, profes e pais/nais un montón de consellos e accións que podemos realizar todos para conseguir unha escola saudable, sostible e solidaria.

  • A súa primeira acción xa foi convocar un concurso para conmemorar o día das bibliotecas escolares. Cada clase elaborará carteis con ecoconsellos saudables e con eles faremos un ecolibro que estará a disposición de todos na biblioteca.

Publicación1

Se premedes na imaxe ides directamente ao blog da biblioteca escolar para ver alí a nova.

  • Ao longo do curso os nenos e nenas levan para as súas casas unhas mochilas viaxeiras con libros, revistas, CDs… para fomentar a lectura entre as familias. Pois LIBRÍN xa engadiu un novo contido as mochilas, unha SECCIÓN VERDE que levarán todas as mochilas e que consistirá nunha revista e un libro sobre a natureza e o seu coidado, a reciclaxe, ou calquera outro tema relacionado coa ecoloxía e un pen-drive con ecoconsellos. Acompañará a este material a mascota MUNDOMAN (nas mochilas de primaria) e BELLI (nas de infantil). Esta semana xa empezaron a marchar as mochilas para as casas, esperemos que a iniciativa das nosas mascotas sexa ben acollida e se poñan en práctica algúns dos ecosonsellos. 

P1060334 P1060337 P1060338

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                                                                                                                                                                                 

 (Tamén se premes nas imaxes verás esta nova no blog da biblio do noso centro)

 

  • LIBRÍN xa andivo mercando libros novos para actualizar a sección de medio ambiente, natureza, ecoloxía…, Algúns destes libros xa van nas mochilas viaxeiras para as casas. Aquí tedes unha mostra dalgúns deles:

    E isto non é todo, LIBRÍN e as ECOMASCOTAS xa andan argallando novas actividades… xa vos iremos contando.

O HORTO DOS AMIGOS DE CARDIO

Dende o curso 2012-2013 o noso centro está adscrito ao programa SI! programa promovido pola fundación SHE en colaboración co Concello de Ourense. Nunhas poucas liñas explicámosvos en que consiste este programa que está moi vinculado ao noso proxecto de horto ecolóxico.

A Fundación Internacional SHE (Science, Health and Education) nace da iniciativa do Dr. Valentín Fuster. Baseada na investigación básica e clínica (Science), ten o obxectivo de promover a saúde (Health) mediante a comunicación e a educación (Education) á poboación. 

“LA PREVENCIÓN DE LA ENFERMEDAD Y LA PROMOCIÓN DE LA SALUD SON LA CLAVE PARA QUE LA PREVALENCIA DE LA ENFERMEDAD CARDIOVASCULAR DISMINUYA EN EL MUNDO”. DR. VALENTÍN FUSTER.

Un dous seus programas é o Programa SI! (Saúde Integral). Programa dirixido aos colexios e ás familias e que pretende a creación de hábitos saudables dende a infancia para reducir os riscos das enfermidades cardiovasculares e mellorar a calidade de vida na idade adulta.

“Un cambio no estilo de vida da poboación é o único camiño para evitar a extensión das enfermidades cardiovasculares, a primeira causa de mortalidade no mundo” . ” A través de un programa de intervención escolar, que una vez implantado en todos los niveles educativos – infantil, primaria y secundaria – debería incidir en el conocimiento, actitudes y hábitos respecto a  la salud de los escolares, sus familias y el profesorado”.

OBXECTIVOS EDUCATIVOS DO PROGRAMA:

  • Alimentación saudable
  • Vida activa
  • Corpo e corazón
  • Prevención de adicións

ÁMBITOS DE INTERVENCIÓN:

  • Familias
  • Alumnos
  • Mestres
  • Ambiente CapturaAquí tedes un enlace á páxina oficial do programa SI! para coñecer máis detalles sobre o mesmo:

         http://www.programasi.org/es

A mascota do programa é CARDIO. 22343

Cardio ensinalle aos nenos hábitos saudables e no seu horto plantan e coidan aos amigos de “cardio”: as cenorias, as cebolas, as patacas… 

 Os máis pequenos do cole con CARDIO

DSC00079_result