NOVO PROXECTO E NOVO LOGO

Ao comezar unha nova andaina en VOZ NATURA cun novo proxecto, un ano máis, cambiamos tamén o logo do noso blog. Pero o espíritu do blog non cambia, seguiremos publicando as nosas actividades do horto escolar, do «xardín dos sentidos», de  «escola ponte guapa», de  «mellora do entorno escolar», agora con novas actividades relacionadas coa reciclaxe e o aforro para acadar unha escola sostible e solidaria.

Decímoslle adeus ó anterior logo:

cropped-Voz-Natura-15-1610.jpg

Dámoslle a benvida ao noso novo logo que foi deseñado coas nosas novas mascotas das que xa vos falaremos en entradas posteriores:cropped-RECICLAMOS-LIXO-5.jpg

ingles-para-ninos

 

 

 

 

Esperamos que sigades disfrutando e aprendendo…  «navegando» polas súas páxinas!!

NOVO CURSO E NOVO PROXECTO

“HEMOimage001S DE VIVIR SENCILLAMENTE PARA QUE OTROS PUEDAN SENCILLAMENTE VIVIR» GHANDI

Comezamos a terceira andaina escolar dentro do PROGRAMA VOZ NATURA con gañas renovadas despois do descanso do verán. Esta é a nova aventura na que nos embarcamos RECICLAMOS LIXO CO MELLOR SORRISO- POR UNHA ESCOLA SOSTIBLE. A continuación deixámosvos unhas notas a modo de «pinceladas» para que vexades o que pretendemos:

INTRODUCIÓN

Durante moitos séculos o lixo como entendemos hoxe non existía. As sociedades reutilizaban practicamente todos os recursos cos que contaban. Así mobles, roupas, vehículos, pasaban de man en man no que se podería considerar o comezo da reciclaxe.

Hoxe en día moitos dos materiais que integran o lixo poderían ser reutilizados é dicir reciclados. Entre os máis comúns podemossinalar: vidro, papel, metais e plásticos.

Para poder realizar isto de forma eficiente, é necesaria unha toma de conciencia na poboación das vantaxes da reciclaxe destes elementos. Por iso queremos iniciar aos nenos no coidado do medio ambiente e na preservación dos recursos naturais.

OBXECTIVOS XERAIS

  • Educar no respecto cara o entorno (sostible), cara o propio corpo (saudable) e cara os demais (solidario).
  • Proporcionar pautas para a adquisición de hábitos que conserven e melloren a natureza.
  • Fomentar actitudes responsables cara o uso de recursos e a conservación do medio.
  • Implicar aos nenos para que participen activamente no coidado do medio.
  • Desenvolver paulatinamente a conciencia, e a ética ecolóxicas.
  • Valorar a importancia do coidado do medio ambiente preservando os recursos naturais.
  • Promover a participación de toda a comunidade educativa na protección do entorno natural.
  • Tomar conciencia da reutilización de moitos dos refugallos que se botan ao lixo.
  • Promover actividades que conleven a deter a contaminación ambiental.
  • Enriquecer a formación ético-moral dos nosos alumnos para convertelos en adultos respectuosos co entorno mellorando así nun futuro próximo a calidade de vida.
  • Favorecer a autonomía dos alumnos na resolución de problemas, na búsqueda de información e na procura de posibles solucións ao impacto negativo da contaminación.
  • Coñecer o significado, o obxectivo principal e as actuacións de SOGAMA.
  • Valorar e coñecer o significado das tres “R”: reducir, reutilizar e separar para reciclar.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

* Observar e tomar conciencia do estado no que se atopa o entorno no que vivimos.

* Coñecer o significado da palabra “reciclaxe”.

* Recoñecer para que serven os distintos tipos de colectores, amarelo, azul, verde escuro ou xenérico e o iglú verde.

recogidaselectiva_gal

* Participar na separación dos nosos residuos: papel, cartón, plástico, e materia orgánica.

* Comprender que o lixo ao ser clasificado, pode ser reutilizado, axudando así a parar a contaminación ambiental.

* Desenvolver  a creatividade e a imaxinación,  coa creación de novos usos para o material de refugallo: xoguetes, material decorativo, útiles…

* Celebrar un día temático dedicado ao medioambiente promovendo a imaxinación e a creatividade mediante o uso de envases de produtos cotiáns para facer un monumento á natureza.

* Potenciar, a través deste proxecto, valores de solidariedade e de respecto cara os demais e cara  o medioambiente.

*Promover a imaxinación e a creatividade mediante o uso de envases de produtos cotiáns. Explorar, percibir, interpretar e crear linguaxe musical con novos recursos da contorna que producen sons, identificando as calidades sonoras dos obxectos e dos materiais.

* Utilizar un tema motivador como o da protección do medioambiente para traballar diferentes contido e áreas do curriculum , mellorando as competencias comunicativas lingüísticas que implican escoitar, falar, expor ou dialogar.

*Memorizar palabras do léxico correspondente ás cores, os materiais, os alimentos e outros elementos da natureza.

* Aprender a recoñecer o papel e cartón como material dalgúns dos envases que utilizan na súa vida diaria.

*  Aprender como se fabrican e como se reciclan.

* Fomentar a creatividade dos alumnos, das familias  e dos profesores.

* Concienciarse da importancia de separar residuos.

* Iniciarse en la separación selectiva de residuos en el aula,  e no centro.

* Crear unha ecopatrulla que realice todos os días actividades relacionadas co coidado da escola e do entorno. 

ACTIVIDADES 

Entre as actividades a realizar destacamos dous tipos delas: unhas digamos máis específicas que se realizarán nun trimestre concreto e outras que se realizarán ao longo do curso, entre estas últimas destacamos:

  • Adoptamos un regato
  • Menos luz e máis claridade
  • Eco-limpeza
  • Gota a gota, canta auga se aforra!!!
  • Aluminio? Non gracias!!
  • Plataforma 3 S
  • Eslogans concienciadores 
  • Papelómetro 

De todo isto e moito máis xa vos iremos informando puntualmente no noso blog. Esperamos as vosas visitas virtuais!!

PLANTANDO CARBALLOS

Este mércores,17 de febreiro, o noso traballo semanal consistiu na plantación de pequenos carballos en «bricks» reciclados que foron previamente decorados polos nenos e nenas de 4 e 5 anos. Anteriormente, coma sempre, nas aulas recordaron as características desta árbore autóctona e despois realizaron unha ficha complementaria.

Estes carballiños foron levados polos cativos/as para as súas casas para que os coiden ata o momento de transplantalos no lugar que elixan eles e as súas familias. Deste xeito, unha vez máis, tratamos de implicar ás familias no traballo de concienciación mDSC05484edio ambiental. 

DSC05479

DSC05485

 

E para rematar estivemos plantando unha abeleira nunha maceta. Máis adiante transplantarémola a unha zona do patio do colexio:

Castiñeiro, limoeiro e agora abeleira, pouco a pouco imos aumentando a nosa «colección» de árbores que poremos no patio do colexio. 

P1060284

ENTROIDO 2016

O pasado ano no ENTROIDO disfrazámonos de froitas e produtos do horto en consonancia co noso proxeto do horto escolar. Este ano os pequenos e pequenas de 5 anos realizaron un disfrace acorde co que realizan cada día na súa aula:

– Por un lado, o seu traballo no proxecto que xira en torno AO ESPAZO E AS ESTRELAS

– Por outro,  o traballo do proxeto de Voz Natura, tratando de conciencialos no respeto e coidado do medio ambiente e no aproveitamento dos recursos.

Unindo estes dous aspectos o noso disfrace este curso foi o de astronautas, facendo un traxe con materiais reciclados: bolsas de basura, cartóns de leite, tapóns e botellas de plástico para o traxe, papeis de xornal para realizar o casco, cartón para a nave espacial…

O disfrace foi todo un éxito:

 

Se premedes na seguinte imaxe veredes unha «galáctica» presentación de fotos:

kizoa 2

OUTONO E SAMAÍN «RECICLADOS»

Os pequenos/as de 6º de Educación Infantil confeccionaron esta árbore de outono «reciclada»  con rolos de papel. Unha forma divertida e orixinal de aproveitar os materiais dos que habitualmente nos desfacemos!!!

P1020719

 

E os cativos/as de 5º de infantil prepararon uns «terroríficos» morcegos de Samaín tamén cos rolos de papel hixiénico. Velaí o resultado:

P1020716IMG-20151026-WA0004

NARIGOTA: A IMPORTANCIA VITAL DA AUGA

Ademais de plantar os semilleiros en caixas de forexpan, tamén reciclamos botes de pintura que usaremos para recoller a  auga da chuvia e regar con ela as plantas que teñamos no interior do centro. Con esta actividade pretendemos que os nenos/as valoren a importancia da auga e que se acostumen a buscar alternativas para o seu aforro.

Coloreamos os botes e decorámolos con debuxos de Narigota. Narigota é unha gota protagonista dunha serie de debuxos animados que xiran en torno a auga e o seu ciclo e que, coa axuda dos seus amigos (unha nube de vapor e un cubo de xeo), intenta evitar a contaminación ambiental.

boton_narigota Horto 16-9-15 030

Narigota acompañaranos ao longo do curso para coñecer o ciclo da auga e a súa importancia nos ecosistemas.

SEMENTEIROS

O mércores 16 de setembro voltamos ao traballo coa plantación duns sementeiros. Para iso reciclamos caixas de corcho branco (porexpan), que pintamos e decoramos previamente con carteis cos nomes do que estabamos a sementar: leitugas e escarolas.

ESCOLA PONTE GUAPA

Para poñer ben «guapo» o patio dianteiro no que están os nenos e nenas de infantil durante o tempo de  recreo, comezamos buscando modelos que puideran servirnos de inspiración… ata que atopamos a idea tan orixinal de

RECICLAR PNEUMÁTICOS PARA ADORNAR A NOSA ESCOLA

E puxémonos “mans á obra” no taller de manualidades que organizou a ANPA, ou mellor dito “mans  á pintura” e…

Aquí está o resultado final!!!

P1040331 P1040332 P1040333 P1040334

Unhas preciosas xardineiras para as nosas petunias!!!

UN DÍA NO SUPER

O pasado venres realizamos outra actividade cos pequenos/as de Educación Infantil: fomos ver o super que hai na nosa zona para coñecer de preto o seu funcionamento e sobre todo para ver a zona dos alimentos saudables (verduras, froitas e hortalizas), a súa presentación, como se manipulan, o envasado… é dicir, para ver como chegan ao super os alimentos que cultivamos nos hortos e como se presentan aos consumidores.

 E despois de tanto aprender, obervar e mirar… tocaba probar uns riquísimos amorodos:

E ata saímos no xornal  

lavoz
20150427145605903_0001

BO NADAL!!

Os pequenos de 5º de infantil quixeron colaborar cun «Nadal reciclable» e realizaron unha fermosa árbore de Nadal con cartóns de papel hixiénico. Con ela queren felicitarnos a todos e desexarnos un

BO NADAL !!!

P1020651RE

IMG_0583-RE