HOTEL PARA PAXAROS

Belén, Sandra Lucía, e as nenas e os nenos da ecopatrulla, con  ilusión e con moitas gañas de traballar, converteron a nosa carballeira nun auténtico hotel para paxaros.

hote paxaros 7

Comezaron reutilizando os carozos para facerlles randeeiras e casiñas.

BLOG 14E seguiron reutilizando botellas de plástico para facer comedeiros, e ata xoguetes moi creativos.

Carlos ata lle colocou un niño nunha árbore.

ARBORE PERTASAquí podemos ver como quedou o noso hotel para paxaros logo de varios días de traballo.

Á volta das vacacións da Semana Santa as nenas e os nenos de 5º de Educación Infantil foron ao hotel dos paxaros, para revisar as araandeiras e levarlles millo e auga.

E os nenos e as nenas da ecopatrulla remataron as novas casiñas comedeiros, que fixeron reutilizando as botellas de plástico.

APADRIÑANDO PLANTAS E ÁRBORES

Cada neno apadriñou, ou amadriñou unha planta ou unha árbore do recinto escolar.
Na aula, antes de saír ao patio en busca de afillados/as, deseñamos unha tarxeta na que os nenos de educación infantil, de 1º e de 2º se debuxaron e puxeron os seus nomes.

As nenas e os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º, tiveron que engadir un valor, aquel que mellor os definía e que podían compartir co resto da comunidade educativa. Desta maneira as nosas árbores, e as nosas plantas, quedaron acompañadas de fermosas tarxetas, nas que se falaba de: bondade, ilusión, cariño, tenrura, amor, cooperación, paz…, etc.  E o patio da nosa escola converteuse nun banco de sentimentos, no que cando alguén precisa: axuda, cariño, calma, ilusión, compañía, consello ou esperanza sabe a que compañeiro ou a que compañeira terá que acudir.

MADRIÑA 9

Na clase, segundo ou nivel educativo, desenvolvemos as seguintes actividades:

* Investigamos o nome da planta, o lugar de procedencia, a asociación con outras plantas, e os coidados básicos que necesitaba.
* Fixemos un “encontro de padriños e de madriñas”, xa que apadriñaron a mesma planta os nenos de diferentes niveis educativos.
Por exemplo, os nenos de educación infantil e os nenos de 6º apadriñaron xuntos, porque cremos que ao teren que ir todos os días a  coidar esta planta, relacionaranse os cativos de diferentes idades, compartindo responsabilidades, e formando equipos interniveis.

Para o vindeiro curso queremos abrir esta actividade á comunidade educativa, de maneira que os pais e os avós poidan apadriñar, ou amadriñar, tamén unha planta ou unha árbore dentro da escola, e comprometerse a coidala, para favorecer os grupos de traballo interxeneracionais.
De momento, na primeira fase desta actividade xa temos moitos padriños, e moitos afillados!

APADRIÑA GRUPOAs nenas e os nenos  de 3º apadriñaron as árbores da carballeira e ata lles puxeron nomes. Agora ocúpanse de regalas e de coidalas nos recreos.

CAPITÁNS VERDEMÁN

Presentámosvos a un grupo de nenos e de nenas que despois de coñecer ao Capitán Verdemán, a través do vídeo e do libro que traballamos na aula, decidiron deseñar os seus traxes, e converterse nos seguidores deste heroe da reciclaxe. 

Agora terán que convencer, ao longo do terceiro trimestre, a máis compañeiros, e compañeiras do cole, ata conseguir un equipo de capitáns verdemáns, especializados en reducir, reutilizar e reciclar.

 

HEROES 12

De momento xa temos varios nenos que, seguindo os pasos do Capitán Verdemán, se comprometen a manter  a escola limpa.

A RECICLAPEDIA

Unha das actividades, que programamos conxuntamente co Equipo da Biblioteca Escolar, foi a elaboración do Manual dos Ecosabios.

Este libro terá tres apartados, o primeiro estará formado polos ecoconsellosque inventaron as nenas e os nenos ao comezo do curso para coidarmos o planeta, a segunda é a que vos presentamos hoxe, a reciclapedia, e a terceira serán as receitas saudables, nas que aínda estamos traballando.

Na nosa reciclapedia podemos ver como definen, os cativos do noso centro, diferentes termos asociados á reciclaxe ou ao medio ambiente.

Reciclapedia

NO COIDADO DO MEDIO TI PINTAS MOITO

Pintando e pintando foi como naceu Friolín, o boneco de neve que fixeron os nenos e as nenas da ecopatrulla, reutilizando  pneumáticos.

Friolín vivirá a partir de agora no patio de Educación Infantil, á entrada da nosa escola, e irá presentándonos os cultivos que son os seus amigos, porque prefiren o inverno para medrar.

BLOG 9

As nenas e os nenos de educación infantil déronlle a benvida ao colexio.

E Friolín converteuse nun máis da familia!!

P1080484

MULLER VIDA, FORZA E VALENTÍA

Dende fai uns meses temos na nosa escola a Alba, a Iria e a Carolina, profesoras da asociación Xarela de Ourense, que se dedica á organizar  actividades de orientación laboral, de formación e de animación para os colectivos sociais máis desfavorecidos.

Estas tres compañeiras viñeron ao noso centro para desenvolver un proxecto de Educación Intercultural e de Igualdade de Xénero.

Para o día da Muller Traballadora realizaron as seguintes actividades cos nenos de primaria.

Muller raíz e vida

Propuxéronlle aos nenos facer unha árbore, decorando cada folla cunha mensaxe de agracemento, dedicada a  todas as mulleres que ao longo do tempo foron «facendo camiño», superando dificultades e loitando polos nosos dereitos.

En cada folla aparecía o nome dunha muller, asÍ que, ademais de decorala, tiñan que investigar quen fora esa muller e explicarllo aos seus compañeiros.

muller 18

E mentrés estabamos pintando coas mans deixamos voar a imaxinación, e buscamos aspectos comúns entre uhna árbore e unha muller.

foto 6

LOLA ESCOLLEU A COR  VERDE PARA CONTARNOS QUE A MULLER É ESPERANZA E VIDA.

 

ROSANA ESCOLLEU O AMARELO ARA CONTARNOS QUE AS MULLERES DAN LUZ, COMA O SOL.

ROSANA ESCOLLEU A COR AMARELA PARA CONTARNOS QUE AS MULLERES ILUMINAN, COMA O SOL.

AS MULLERES E AS ÁRBORES…

Tanto as mulleres como as árbores son moi fortes.

Protexen aos demais, aos fillos e aos paxaros.

Son libres.

Teñen raices….e pés para axudar.

Gústalles bailar ao son do vento, e ao son da vida.

Teñen historias e follas diferentes.

Esfórzanse moito, soportan as choivas e o frío.

Non se rinden cando fai calor, nin cando hai tormentas.

Dan sombra, dan apertas e aloumiños.

Aguantan todas as estacións, aguantan moitas dificultades.

Ao rematar buscamos poemas e atopamos…

MUJER ÁRBOL

Mujer, tú tienes en las  manos esa llave
que abre un portal de árboles fuertes,
cada una de sus ramas tiene un nombre
Y la savia del cariño a ellos les viertes.
Mujer que echas raíces muy profundas
para soportar las congojas de esta vida,
mostrando sólo hojas relucientes
Y escondiendo aquellas desvaídas.
Mujer árbol que das sombra día a día,
Dios abona la tierra en la que creces,
y aunque llegue un temporal que sea adverso
tú sacudes las tristezas y floreces.
Mujer hija, madre, abuela, amiga

eres bosque repleto de entereza,
aún si el viento o el hielo lo castigan
tu amor siempre será una fortaleza.
No permitas jamás que alguien te hiera
Con las hachas cortantes del flagelo,
Saca fuerzas y deja que tus brotes
Se eleven poderosos hacia el cielo.
Eres fronda, madera, flor y néctar,
que cobija tibios nidos de esperanzas,
es por eso mujer, que hoy yo te canto
los más puros himnos de alabanzas.

                                             LERY

XARDÍN DE LAVANDAS

Os nenos e as nenas de 3º, e de 4º fixeron un xardín de lavandas con materiais reutilizados, en cada lavanda puxeron 2 valores cos que as mulleres perfuman o mundo.

Os nenos, e as nenas de primeiro e de segundo, fixeron marcapáxinas,  lembrando  todos os valores que teñen as mulleres, que marcaron ou marcan as páxinas das nosas vidas.

E para rematar colocamos os marcapáxinas na árbore da entrada da nosa escola.

AMADRIÑA 2

 

REUTILIZANDO, REUTILIZANDO, O PLANETA ESTAMOS COIDANDO

Belén e Sandra Lucía, as nais encargadas de desenvolver a actividade de Ecopatrulla, propuxéronnos facer bonecos para o entroido reutilizando tapóns.

FOTO 19

Sheila combinando os tapóns para conseguir un entroidiño cheíño de cores.

Ao comezo pareceunos moi complicado…….

FOTO 18

A Mateo xa lle falta pouco para rematar o seu entroidiño de cores.

Pero traballando moitos días con ilusión, con entusiasmo e con boas doses de paciencia conseguímolo!!

Aquí tendes os resultados

a

Aldara e Antía remataron o seu amiguiño de cores.

Antia tapóns

Antía está moi orgullosa do seu traballo.

OS CATRO ERRES DA ECOPATRULA

Reducir, reutilizar, reciclar e regar

Aquí temos de novo aos cativos da ecopatrulla, traballando ao rematar o xantar.

 

P1070081

Como todos os días, con moita ansia, póñense «mans á obra», e esta vez para realizar varias tarefas:

1- Regar todos os sementeiros que temos no invernadoiro, e que medraron moito.

2-Reutilizar os botes de iogur, que recollemos no comedor escolar, para facer novos sementeiros, e desta maneira reducir a cantidade de lixo.

 

3-Animar a reciclar, e para convencer aos compañeiros, puxeron os seus petos con mensaxes moi interesantes:

P1070070

Aldara lémbranos que:  «Todo pode ter outra vida, recicla»

P1070074

O peto de Daniela, e o de Axel  dinnos que: «Reciclando, reciclando o planeta estamos coidando»

P1070079

P1070075

Candela danos a benvida a » reciclandia», o noso taller de reciclaxe

P1070076

Segundo di o peto de Iago : «Reciclar é de sabios»

CORES POLA PAZ

POMBAS DE CORES

Con esta actividade pretendíamos estimular a creatividade e contribuír a desenvolver a capacidade de expresión plástica dos nenos e das nenas, fomentando unha visión da paz libre de estereotipos e reutilizando diversos materiais.
Explicámoslles, aos cativos da ecopatrulla, que íamos celebrar o día da Paz, e da Educación Ambiental; e para iso íamos reutilizar botellas de plástico, que decoraríamos con pombas pintadas de cores. Logo poderíamos empregar estes  botes para  gardar o material escolar.
Dixémoslles que as pombas son un símbolo universal da paz e da non violencia.

Resultado de imagen de palomas de colores

Tradicionalmente represéntase a paz cunha pomba branca que leva unha ramiña de oliveira no pico, pero no mundo existen pombas de todas as cores, e elas tamén poden ser un símbolo de paz. Por iso os convidamos a celebrar as cores da paz!
Repartimos copias de fichas con siluetas de pombas, debuxos pola paz, e botellas para cortar e para pintar.
Pedímoslle a cada cativo que deixara voar a súa imaxinación, e que pintase coas súas cores favoritas a ficha e a botella.

Mostrámoslles fotos de pombas de diferentes cores, para que lles serviran de inspiración.
Hai unha selección moi completa de imaxes de pombas na Wikipedia: http://commons.wikimedia.org/wiki/columbidae

Despois de escoitar con moita atención puxéronse mans á obra!

Ao rematar observamos os nosos botes, e descubrimos que eran fermosos precisamente porque estabamos empregando material reutilizado e pombas de cores.
Velaí o noso traballo:

voz natura 051

Pombas azuis, pombas de cores…

Pombas que foron colocando en cada bote para falar dunha paz que é diversidade, e que está nas nosas mans, porque somos quen de escribila cada día coas nosas accións.

P1070483

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

Como xa indicamos nunha entrada anterior, este curso aunamos dúas celebracións moi especiais: o DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL (26 de xaneiro) e o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (30 de xaneiro), tratando de realizar actividades que englobaran as dúas. Deixamos aquí a mostra de dúas delas:

1- Realizamos un mural conxunto (empregando tapóns que os nenos e nenas trouxeron das súas casas), pedindo paz, un mundo sostible e solidario onde non se malgasten os recursos e a axuda e cooperación sexan valores prioritarios. Queremos un planeta san, protexido e respectado por todos.

tapons 2 tapons recortado

2- Realizamos tamén un acto conxunto onde a música e o baile foron os protagonistas. Primeiro nenos de 6º de primaria leron un manifesto pola paz e polo respecto e coidado do noso mundo, o fogar de todos. E logo cantamos e bailamos ao ritmo de dúas cancións:

  • LA HORA DEL PLANETA
  • DANZA DA PAZ (MAMÁ CABRA)