Esta celebración festiva correspóndese con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o 21 de marzo, e o Día da Terra , o 22 de abril, dende o 1970, data na que se celebrou por primeira vez nos Estados Unidos.
A festividade foi creada, tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación á que os humanos estabamos sometendo a natureza. Pretende lembrarnos que o planeta, e os seus ecosistemas dannos vida, polo que temos a responsabilidade de coidalos e de protexelos.
Con esta celebración queremos comprometernos, como nos recordaba a Declaración de Río de 1992, para fomentar a harmonía coa Nai Terra, ata acadar o equilibrio do ser humano co medio, desenvolvendo prácticas sostibles.
No noso centro desenvolvemos varias actividades, para promover a alfabetización mediambiental e climática do noso alumnado.
Comezamos analizando a situación actual do medio ambiente, para establecer a continuación o noso compromiso pola terra, no que cada neno se responsabiliza dunha zona verde da escola.
Aquí temos a un grupo de nenas e de nenos moi responsables, asumindo o seu compromiso, son os madrugadores, que xa regan á primeira hora, antes de subir ás clases.
Logo da análise baixamos ao patio para buscar a zona que ía coidar cada cativo, ou cada grupo.
Con todas as fotos, da nosa escola verde, organizamos a exposición “VEXO VERDE”, que nos convida a gozar do noso traballo, dunha escola na que todos nos comprometemos no coidado do medio.
EXPOSICIÓN: » VEXO VERDE»
Os cativos de educación infantil traballaron varias fichas na aula.

Aquí temos o traballo das nenas, e dos nenos de 4º de Educación Infantil.
Tamén estivemos celebrando este día no horto, e no xardín dos sentidos, onde aproveitamos para plantar, regar e gozar da fauna e dos sons da natureza.

Regando, regando a terra estamos coidando.
Non podían faltar as actividades de reutilizar ou de reciclar, que lle dan vida ao noso proxecto.
Nesta ocasión foi unha nai da comunidade educativa a que nos mandou botellas de leite xa cortadas, para que pudiéramos decoralas, e empregalas para sementar ou para plantar.
As nenas e os nenos de 2º levaron unha bolsa de sementes para cultivar nas súas casas cebolas, pementos, cabaciñas, chícharos, leitugas ou tomates.
E como somos moi festexeiros, rematamos esta celebración bailando a canción de Chayanne “Madre Tierra”, coa que queremos desexarvos un feliz Día da Terra!!.