Festa no galiñeiro

Turuleca, Pita Cores e Galo Kiriko foron  os nomes que escolleron as cativas, e os cativos de 4º A de educación infantil para as nosas galiñas kikas, e para o  galo kiko.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As nenas, e os nenos de 6º de educación infantil estiveron preparándolles poñedeiros .

Os cativos de 4º de educación infantil tamén axudaron.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez rematados deixámolos no galiñeiro.

E menuda sorpresa! Ao día seguinte atopamos o primeiro ovo.

E despois os seguintes! Menuda alegría ! Xa temos ovos no galiñeiro, e xa está máis preto o día no que nacerán os primeiros poliños.

Lia e Sara estaban tan contentas que prepararon un extra de millo para a nosa facenda.

E os cativos de primaria foron no recreo ao galiñeiro para ver e tocar os primeiros ovos.

E de paso gozar na zona pato-relax do encontro coa natureza.

ESCOLA PONTE GUAPA

Nardos, prímulas, narcisos, xeranios e lirios serán as flores que  enchan a nosa escola de cor e de vida este ano.

 

 

Laura e Carolina andan plantando xeranios.

Antes das vacacións de Nadal,  as nenas e os nenos de educación infantil comezaron a plantar.

 

As nenas e os nenos de 4º A de educación infantil axúdanlle moito a súa profe Cris.

Que fermosa vai quedar a  nosa escola!

 

REUTILIZA QUE ALGO QUEDA

Antía convídanos a reutilizar e incluso a inventar xogos e xoguetes cun anaco de papel de aluminio para pasar un recreo moi, moi divertido.

A que vós gustan a pelota e a raqueta que fixo Antía?

Que creativa nos é esta rapaciña!

E QUE BEN O PASA.

NAI TERRA

Á nai natureza, á nai terra ou á nai vida quixeron rendirlle unha homenaxe os nosos nenos e as nosas nenas de 6º con esta actuación.

UNHA OKUPA NO GALIÑEIRO

Do día 18 ao 22 de novembro  celebramos na nosa escola a 1ª Semana da Diversidade e da Igualdade. Cada día  fomos propondo unha actividade diferente  para que o noso alumnado aprendera a valorar e a respectar as diferenzas.

Hoxe queremos presentarvos o conto que elaboraron as alumnas e  os alumnos de 6º, e que é o primeiro da nosa sección  “contos no galiñeiro”. Durante o curso   iremos inventando máis, no taller de contos  que se desenvolverá   na zona na que viven os nosos parruliños, porque eles serán os protagonistas, os que nos axudarán a entender que ser diferente é positivo e divertido, e que precisamente son as diferenzas as que enriquecen a sociedade.

UNHA OKUPA NO GALIÑEIRO

Que pasará no galiñeiro? Preguntáronse Lorayne e Marta cando lle estaban colocando a comida aos parruliños, e escoitaron moito barullo.

 

A medida que se ían achegando os cativos  oíanse máis berros. Gaizka estaba un pouco asustado por aquel escándalo.

É Brais – dixo Ainara. Escoitade, escoitade é Brais. Efectivamente podía distinguirse perfectamente ao  pato Brais berrando moi enfadado:  porque es unha okupa e aquí non hai sitio, fóra, fóra tes que marchar.

Será mellor abrir a porta e ver que está pasando propuxo Gaizka.

Dani estaba moi intrigado, por iso  esperou a que saíran os parulliños,  para intentar resolver a liorta que había entre eles.

E de súpeto apareceu unha veciña nova ,  saíu de primeira dicíndolle ao pato Brais: Non me chamo okupa, xa cho dixen mil veces rapaz, o meu nome é Pita Cores. Vexo que es un pato teimudo, moi teimudo, e algo xordiño!

 

Cores espantosas , – dixeron as patas Pepita e  Branquiña, e engadiron : Tes que marchar de aquí porque en canto nazan os nosos fillos imos precisar a casa para eles, ademais ti “pita dálmata” poderías asustalos con esas cores tan rariñas.

Pois claro que tes que irte, berrou o pato Albino, esta é unha casa de patos, e ti non es un pato, fóra, fóra, voando que é xerundio.

Pita cores engadíu moi enfadada: Eu tamén vou ter fillos, pronto porei ovos, e tamén preciso unha casa para eles. A miña dona Pilar está enferma e non pode coidarme, por iso saín voando antes de que chegara o inverno para atopar un fogar. Aquí tendes moito espazo,  e moita comida, polo que pensei que sería un bo sitio para vivir.

Esta casa é grande dabondo para todos, e eu tamén teño dereito a unha vivenda. Porque os dereitos dos patos son os mesmos que os dereitos das galiñas, e as nosas necesidades tamén son as mesmas.

Pois pensaches mal- dixo Brais. Este é un bo sitio para vivirmos os patos, e ti non es un pato, es diferente a nós , asique aquí non podes quedar. Nós chegamos primeiro polo que ti tes que  marchar.

Plumiñas que estivera moi calado escoitando  aquela discusión,  decidíu saír para por un pouco de paz entre os seus compañeiros. Cando xa estaba fóra da casiña, dirixiuse a Brais  moi serio :

Pois eu penso que pode quedar  a vivir aquí. Pita Cores non é tan diferente, somos semellantes, todos temos un pico, 2 patas, plumas, e sobre todo fame e frío; e  se non atopamos unha casa e alguén que nos coide farase duro pasar o inverno.

Eu tamén son diferente, son o máis cativo, o meu pico non é amarelo, son patoso, estiven a punto de afogar na piscina, e son un pato mudo, pero preciso un fogar e unha familia.

Ademais esta noite cando tiña moito frío,  Pita Cores deixoume durmir acurrucadiño a ela, e non lle importou que eu non fora unha Pita, só tivo en conta  o que de verdade importa, que eu precisaba axuda.

Pero ti es cativo, e os cativos non opinan, berraron Albino e Brais, e aquí só poden vivir os patos.

E quen decidíu que aquí só podían  vivir os patos?, – quixo saber Pita Cores.

Decidímolo nós,-dixo en ton un pouco máis amable a pata Branquiña, que para iso fomos os primeiros en quedar a vivir aquí.

Daquela escoitouse a voz da árbore:

-Que sodes os que?? Os primeiros en que?? Será os primeiros en inventar normas inxustas. Levo escoitándovos un bo anaco, e enfádame canto dicides. Cando vós chegastes aquí as árbores levabamos moito tempo nesta zona, e decidimos compartila con vós. Os nenos tamén levaban aquí moitos anos, e ata vós fixeron unha casiña, e todos os días veñen traervos comida porque saben que o mundo é de todos, e esta zona tamén.

Que falen os xigantes boíños! – Iso, iso exclamou  Pita Cores, – vou buscar aos nenos, ou xigantes boíños, e que decidan eles se podo quedarme ou non, polas árbores vexo que non hai problema.

E chegaron os xigantes boíños dispostos a resolver aquela situación.

Os parruliños foron escoitalos……

Falou Matías, o portavoz dos xigantes …..

Ser diferentes é bo e divertido, -díxolles. E engadíu, nós fixemos a casiña para todos os que precisen un fogar, sexan parrulos ou pitas. Porque o que vós une é que todos precisades unha casa para o inverno para protexer os vosos ovos, e necesitades alimentos.Tendes en común moito máis do que vos diferenza, xuntos podedes axudarvos, e incluso darlle a esta zona máis beleza, a beleza das cores, a beleza da diversidade, a beleza do respecto.

Fala ben este rapaz, – dixo Brais, que o  estivera escoitando con moita atención.

Ten razón engadíu Pepita, levo un anaco dándolle voltas ao tema,  e pensei que se eu fora Pita Cores e non tivera onde poñer os meus ovos estaría morta de medo. O sitio abonda asique por min que se quede.

E por nós tamén!,- engadiron Brais, Albino, e Branquiña , que andaban co pico un pouco baixo, avergoñados polo seu comportamento.

Xenial, xenial berrou Xoel, que estivera ao lado da piscina esperando a decisión dos parruliños.

E saíu correndo para ir buscar aos seus compañeiros para celebrar que xa tiñamos un membro máis na familia. E celebramos a sabia decisión das árbores e dos nenos,  como se celebran as cousas boas en “pato relax”, cun extra de millo e outro de verzas.

E preparándolle unha caixiña con herba para os ovos de Pita Cores.

 

DESPLASTIFICÁNDONOS

Esta foi  a iniciativa que promoveron na nosa escola as profesoras de educación infantil: substituír as tradicionais botellas de plástico que levaban os cativos, por cantimploras co fin de reducir a cantidade de plástico que usamos cada día.

Foi unha idea moi ben acollida polas familias.

Mencia e Adriel están moi contentos con este cambio.

 

A Enma gústalle moito a súa cantimplora amarela.

 

Lar dinos que a auga na cantimplora branca está moi frequiña.

Menuda sede teñen Martiño e Martina!

Lia e Icía ensinaronnos as súas cantimploras novas.

MANS AOS COMPOSTEIROS

As cativas e os cativos de educación infantil sempre están dispostos a axudaronos a coidar a natureza. Hoxe tocoulle ás nenas e aos nenos de 6º de educación infantil.

Esta vez fixerono recollendo os restos da froita que tomamos durante a hora do recreo na clase.

E levando todo ao composteiro.

FÓRA PLÁSTICO

As cativas , e os cativos de 4º de educación infantil enfadáronse moito  cando viron que na zona “PATO RELAX” os adultos tiraran lixo.

Decidiron recoller o plástico que estaba nesta zona, e que lle podía facer moito dano aos nosos parruliños.

E de paso darlle unhas apertas ás árbores.

As nenas e os nenos sentíronse moi orgullosos do seu traballo.

CANTO LIXO RECOLLEMOS!

Uxía estaba moi preocupada porque o parruliño cativo, o noso Plumiñas, podía comer plástico e enfermar.

Icía traballou moito, recolleu todo o lixo que víu á beira dos parruliños.

 

Mencia quería que viñera axudarnos o seu irmán Cibran.

A Martiño encántanlle as xoaniñas, por iso recolleu moito lixo para que non o coman  e non enfermen.

 

Martina estaba cansa, pero moi contenta polo traballo que fixeran ela e os seus compañeiros.

 

Que ben quedou a zona dos parruliños grazas ao traballo e á responsabilidade dos nosos cativos!

TAREFAS DO OUTONO

Estes días andamos moi ocupados, porque antes de marchar de vacacións queremos deixar feitas varias tarefas na nosa horta e no noso xardín.

Coa axuda das nenas e dos nenos de 4º de educación infantil podamos as hortensias , e aporveitamos os restos  para facer compostaxe.

Comezamos cortando as ramas e as follas en anaquiños moi cativos.

 

Cando xa tiñamos as follas e as ramas nos composteiros…..

……..engadimos unha capa de herba seca.

E aireamos todo para que quedase ben mezclado.

 

 

 

 

Estas nenas e estes nenos traballan con moita ansia!

ENTRE PLUMAS DE CORES

Imos ver os parruliños? Preguntan os cativos todos os días.

Claro que imos, imos ver como medran e coidalos. Hoxe tocaba cambiarlle a auga e apuntáronse as cativas e os cativos de 5º A de educación infantil….

 

Que contentiños están Plumiñas, Branquiña e Albino cos nosos coidados!