AS HERBAS MÁXICAS

Os equipos  Dinamizadores (Biblioteca, Tic-Abalar, Voz Natura, Lingua Galega, e Actividades Extraescolares) convocan a actividade:”As Herbas Máxicas”, que convida a cada grupo de nenos a escoller una destas herbas, para facer un traballo de investigación en cada aula.

Empregando a información que poden atopar nun dos recunchos da biblioteca…

 

terán que completar a seguinte ficha:

Logo plantarémolas na nosa horta e coidarémolas.

E xa temos os primeiros resultados dos traballos realizados por algún dos grupos:

 

 

ESCOLA VERDE

As nenas, e os nenos de 6º de Educación Infantil foron ao patio dos compañeiros de educación primaria para comprobar se a nosa é  unha “escola verde”, na que tiramos o lixo nos contenedores, ou pola contra temos lixo nos patios.

 

As nenas e os nenos de educación infantil comezaron a actividade moi ilusionados e decididos a converter a nosa nunha escola verde.

No noso percorrido fomos acompañados do Capitán Verdemán.

O primeiro que atopamos foi una caixa de cartón.

Continuamos a nosa “excursión” polo patio dándonos conta de que neste intre non somos “una escola verde”, xa que nos nosos patios

hai  varios envoltorios de lambetadas e anacos de plástico.

 

Logo de recoller todo o lixo que puidemos colócamolo na caixa e contámolo.

Demos recollido 27 anacos de plástico e como o noso obxectivo é ser una escola verde,

 e non atopar lixo nos patios, fomos falar cos nenos de educación primaria, para pedirlles axuda.

 

Mostrásmoslles aos compañeiros todo o lixo recollido.

E eles comprometéronnse a axudarnos tirando o lixo nos contenedores, e recollendo todo o que viran no patio, ata chegarmos á semana cero, na que a nosa bolsa de lixo estea baleira.

 

ESCOLA VERDE

 

Para conmemorar os días 26 de xaneiro, Día da Educación Ambiental, e o 30 de xaneiro, Día da Paz; no noso centro  imos  desenvolver   as seguintes actividades:

1- POR UNHA ESCOLA VERDE : VER, SENTIR E ACTUAR

VER

Comezamos traballando con  estes materiais na aula:

Logo  saímos das aulas para ver  ” como estaba o patio”, coa intención de comprobar se a nosa era “unha escola verde”, na que o lixo se tiraba nas  papeleiras, ou se pola contra o estabamos tirando en calquera recuncho.

E isto foi o que atopamos:

SENTIR

 Nos nosos patios había envoltorios de caramelos, e anacos de papel e de plástico.

ACTUAR

Polo que decidimos recollelos, motrarllos aos  nenos   de educación primaria, e pedirlles axuda a todos os membros da comunidade educativa para conseguirmos  unha “ESCOLA VERDE”.

O primeiro día recollemos só nunha zona do patio de educación infantil 25 anacos de plástico.

Propuxémoslle que todas as semanas os cativos, e as cativas de educación infantil íamos saír un día ao patio para recoller este lixo, logo ensinariámoslles todo o que fomos recollendo co obxectivo de que cada semana houbera menos plásticos nos nosos patioS, ata chegar á semana cero.

Esta semana sería aquela na que a nosa bolsa de lixo estivera baleira porque non atopamos ningún resto de plástico ou de papel fóra das papeleiras, e nese intre poderíamos considerarnos una “ESCOLA VERDE”.

Para que todos lembremos onde temos que tirar o lixo os nenos, e as nenas de educación infantil colorearon estes carteis do Capitán Verdemán, que logo colocaremos ao lado das papeleiras.

 

E para que non esquezamos cal é a nosa meta cantaremos e bailaremos ao  saír ao patio recoller o lixo, en busca da semana cero  “La hora del planeta”.

2-REDUCIR

A nivel de centro decidimos reducir o uso do plástico, polo que nós comprometemos a non empregalo nos disfraces de entroido, xa que de xeito habitual era o material que utilizabamos para elaboralos.

Elaboramos consellos para as familias, cada semana os nenos e as nenas terán que levar un para a casa.

Consellos  para reducir o consumo de plástico.

  1. Evita comprar auga en botellas de plástico.
  2. Esquece as palliñas de plástico.
  3. Usa bolsas reutilizables.
  4. Quita os chicles da túa vida.
  5. Compra produtos empaquetados en cartón ou vidro.
  6. Substitúe as fiambreras de plástico (tuppers) por recipientes de cristal ou de aceiro inoxidable.
  7. Comprar produtos a granel
  8. Non uses film de plástico.
  9. Usa utensilios de cociña de madeira, bambú ou aceiro inoxidable
  10. Usa pinzas da roupa de madeira.
  • Resultado de imagen de alimentos a granel

INVESTIGAMOS

En relación co tema proposto por  Voz Natura para este  curso, que nós permitirá aprender moitas cousas sobre as árbores, e plantar e coidar cantas podamos, propómosvos un pequeno exercicio de investigación.

Tratase de descubrir o segredo das árbores” averiguando porque algunhas viven miles de anos.

E de paso investigar:

                                                                                   

 

 

1-Cales son as 5 árbores máis vellas do mundo.
2-Quen foi, e que lle pasou a Prometeo (árbore).
3-Quen é, e onde se atopa Matusalén (árbore).
4-Por que nunca poderemos visitar á árbore máis vella do mundo?

SEMANA DA BIODIVERSIDADE

22 DE MAIO -DÍA INTERNACIONAL DA BIODIVERSIDADE

As Nacións Unidas proclamaron o 22 de maio como día Internacional da Diversidade Biolóxica.

Biodiversidade significa variedade de vida, tanto dos ecosistemas como de especies e individuos.

O noso planeta alberga unha gran variedade de  especies, tanto vexetais como animais, as cales viven en múltiples hábitats naturais. Cando  se alteran ou destrúen, ocasionan a perda de especies.

Na nosa escola, ao longo desta semana, imos desenvolver, con varios grupos de infantil e de primaria, actividades que teñen como obxectivo coñecer e manter a biodiversidade do noso horto escolar.

1-Recoller, plantar e sementar variedades autóctonas

Neste senso imos crear  a REDE SEMENTES ALBINO

O obxectivo inicial é recuperar as sementes que utilizaban os nosos avós, que estaban adaptadas á terra e ás súas características.

Para elo intentaremos crear o noso banco de sementes autóctonas.

Xa contamos con dúas persoas ( Fina de Garabatos e Sergio de Fuentefría) que nós enviaron sementes para a escola, neste caso de xudías, e que plantaremos esta semana.

2. Flores, flores e máis flores

Abellas, Sírfidos, Escaravellos, Abellóns…todos son grandes polinizadores importantes na nosa horta polo que é recomendable engadir ao noso sebe de plantas hóspede, aquelas que teñan flores durante  todas as estacións do ano.

Os nosos nenos e as nosas nenas investigaron cales eran as prantas máis atractivas para os insectos, e descubriron que as preferidas por eles son as seguintes:

1. Semprevivas: É unha das primeiras plantas que empezan a florecer a finais de inverno no noso horto, polo que darán o alimento necesario aos insectos polinizadores, brindándolles a oportunidade de pasar máis a miúdo pola nosa horta.

2. Lavanda: Florece cando empeza a época cálida. Atrae a moitas abellas, bolboretas, escaravellos polinizadores como o que vemos a continuación.

3. Ourego: Ademais de ser unha planta culinaria, as múltiples flores que xera sen ningunha dúbida chamarán a atención de moitos polinizadores.

4. Zinnias e dalias: Son moi coloridas e danse a sol directo, perfectas para a nosa horta.

5.Damasquinas: Esta planta actúa como nematicida, eliminando ou inhibindo o desenvolvemento de parásitos que dana as raíces das plantas da horta, sobre todo dos tomates e das patacas.

A flor desta planta favorece a presencia de insectos beneficiosos que polinizan as flores dos nosos cultivos.

6. Margaridas e Magarzas:  Calquera planta desta familia supón unha gran fonte de alimentación, para os insectos, polo que non poderán resistirse.

E tendo isto en conta esta semana no noso xardín plantaremos damasquinas,, petunias  e zinnias, e  arredor da nosa horta dalias.

3. STOP AOS  praguicidas

Os herbicidas, fungicidas e insecticidas son produtos caros e de elevada toxicidade. Ademais de aniquilar calquera praga que teñamos  destruirán tamén as poboacións de insectos depredadores e outra fauna beneficiosa.

Neste intre no noso horto temos unha pragas de escaravellos

Para  eliminalos empregaremos  os seguintes métodos ecolóxicos:
 * Deixar macerar durante 10 días rábano picante. Nun bote pomos unhas follas e cubrímolas con auga ata a metade. Aplícase con pulverizador.

* Colocar unha cobertura de palla arredor das plantas.

4. Achegaremoslles  alimento extra

Moitos paxaros son excelentes cazadores de insectos, axúdarémoslles  a atopar o noso horto con comederos e bebedoiros que complementen a súa dieta.

 5. CREAREMOS ESPAZOS HOGAREÑOS

Seguiremos colocando casiñas niño para os paxaros na zona do areeiro.

 

 

COS PÉS NA TERRA

Para encher a escola de flores, e o horto de patacas as nenas, e os nenos de 6º de educación infantil meteron os pé na terra, dispostos a desenvolver unha sesión de traballo moi intensa .

Comezaron retirando as malas herbas do horto:

 

E cando xa tiñan a terra preparada sementaron as patacas.

 

 

 

 

 

 

ESCOLA PONTE GUAPA

As nenas e os nenos de educación infantil comezamos a por a escola ben fermosa plantando jacintos.

Na aula estivemos traballando as distintas partes das plantas a través da observación:

E ao saber diferenciar a raíz, as flores e as follas plantamos os jacintos no patio de  educación infantil.

DÍA DA ÁRBORE

Para conmemorar este día, as nenas e os nenos da nosa escola plantaron salgueiros.

  Cada grupo clase inventou un nome para a súa árbore.

Aquí temos ás rapazas, e aos rapaces  de 6º plantando  Salgueiro ” Aspirin”.

As rapazas, e os rapaces de 5º tamén plantaron, e buscaron un nome para  o seu salgueiro.

Os cativos de 4º e de 3º plantaron as súas árbores con moita ansia.

 E aprendemos moitas cousas sobre estas árbores.

Descubrimos que:

  • Os salgueiros (xunto cós amieiros e bidueiros)  forman o bosque da beira dos regatos e dos ríos galegos.
  • Teñen a particularidade de fixarse intensamente no terreo no momento das riadas polo que frean e atenúan as mesmas.
  •  Hai moitos salgueiros, os máis comúns nos ríos por este orden son:  o Salix atrocinerea, Salix salvifolia , e o Salix viminalis 

CURIOSIDADES

A cortiza é moi rica en tanino e contén salicilina (que foi a base dun medicamento que está entre os máis importantes de tódalas épocas, a aspirina. A aspirina está considerada dentro dos 100 inventos do século XX máis importantes).

Os salgueiros, nas crecidas, resisten o que lle boten, aguantan todo, resisten as fortes correntes, polo que quitar salgueiros e amieiros da beira dun río é un suicidio, tal e como  se veu a demostrar nas riadas que houbo en Galicia no ano 2006.

Canalizar os ríos, cortar árbores, edificar a súa beira, non deixar lugares para que o río, nunha chea, teña lugares para expandir as súas augas, axuda a que ao final  veñen as desgrazas.

 

 

BENVIDA CASTAÑEIRA

Hoxe chegou a castañeira ao noso colexio.

 

Veu para contarnos en que consistía o seu traballo, que ferramentas empregaba, e como se vestían naquela época.

 

hPor iso ao longo de 15 días irá cambiando de roupa para que coñezamos o nome das prendas de vestir  que empregaban as mulleres no noso pobo,  fai moitos anos.

g

 

 

 

 

 

CASTI UN CASTIÑEIRO MOI ESPECIAL

Canto medrou o noso castiñeiro!!!!

Fai 3 anos  os nenos, que daquela  estaban en educación infantil, seleccionaron varias castañas, e sementáronnas.

Para xerminar as castañas seguimos as pautas que nos deu un avó da comunidade educativa, e as que  se indican nestes vídeos.

Aínda que eran moitas só naceu “Casti”, tal vez por iso se converteu nunha árbore moi especial para nós.

Hoxe fómolo visitar, e como xa está moi grande, estamos pensando en buscarlle un lugar definitivo no patio da nosa escola, onde poida seguir medrando.

 

SABEDORÍA POPULAR

Recurrimos unha vez máis a sabedoría dos avós da nosa escola, e descubrimos  o seguinte sobre as plantacións de castiñeiros:

REQUIRIMENTOS ECOLÓXICOS DO CASTIÑEIRO

O castiñeiro require clima templado -húmido con matices mediterráneos e chans profundos.
O castiñeiro non soporta condicións climáticas extremas, tanto no que se refire a a temperatura como á falta de precipitacións. Resiste baixas temperaturas, pero é sensible ás xeadas sobre todo o castaño híbrido resistente debido ao seu brotación precoz. Require calor no verán para facilitar a produción de froito. O exceso de humidade favorece a aparición de enfermidades (tinta e fungo de pudrición da raíz).
 As condicións xerais mínimas da estación forestal que se requiren para establecer unha plantación sa e produtiva de castiñeiro son as seguintes:
TEMPERATURA MEDIA ANUAL (ºC) 6-16
TIPO DE CLIMA Templado -húmido, subatlántico, atlántico e supramediterráneo
PRECIPÌTACIÓN MÍNIMA ANUAL (mm) 700
PRECIPITACIÓN ESTIVAL (mm) 100-150
Vive preferentemente en chans acedos ou neutros, ricos en nutrientes, con pH maior a 4,5.
As mellores producións obtéñense en chans profundos ou moi profundos (máis de 0,6 m.) e non pesados ou encharcados.

ÉPOCA DE PLANTACIÓN
O momento ideal para plantar castiñeiro, a raíz espida, é cando as plantas están en parada vexetativa (cando estean desprovistos os plantones de folla e non teñan síntomas de brotación).
Por outra banda, o momento oportuno de plantación depende do tempo climático.

Débense evitar os meses extremos como outubro e marzo (ou abril segundo as zonas) e evitar trasplantar sempre que as plantas estean en savia.
Así, a mellor época para plantar castaño híbrido a raíz espida son os meses de xaneiro, febreiro e a primeira quincena de marzo.
Dentro desta época, os mellores días para plantar son os anubrados e con choiva fina. Débense evitar os días secos de inverno e con moito vento.

PRECAUCIÓNS BÁSICAS PARA PLANTAR CASTIÑEIROS
A terra debe quedar apertada e pegada ás raíces, xa que calquera bolsa de aire pode favorecer a desecación da raíz ou dificultar o arraigamento.

Non debemos deixar  pedras ou terrones no buraco, xa que obstaculizan o normal desenvolvemento das raíces.
 As raíces nunca deberán quedar dobradas ou retortas. Para evitar este defecto haberá que dar un pequeno tirón desde o pescozo da raíz antes do pisado definitivo.
 As plantas deben quedar ben suxeitas. Se despois de colocada a planta damos un tirón suave e sae con facilidade, quere dicir que non está ben plantado.