UNIDOS POLA NATUREZA

As nenas eos nenos de 5º de educación infantil contáronnos que fan moitas cousas cos seus avoíños, e coas súas avoíñas, e que a  maior parte delas están relacionadas co traballo na horta, e co coidado da natureza.

 

 

GUILLE UN PEXEGUEIRO MOI ESPECIAL

 

Unha das nosas árbores preferidas é Guille, está non patio interior da  escola, aínda que para o vindeiro curso teremos que buscarlle un bo sitio no patio para transplatala, porque xa medrou moito, e precisa máis espazo para seguir medrando, e poder dar bos froitos.

Guille, cando era moi cativo, estivo a punto de ser comido por un burro, alá na aldea de Loureiro. Salvouno un veciño chamado Guillermo, de aí o nome da nosa árbore.

Este veciño deullo ao noso director, para que o levara a un bo sitio onde non tivera ningún perigo. 

Ningún lugar  podía ser mellor ca nosa escola. Porque aquí estamos as nenas e os nenos de educación infantil, que sen dúbida somos os mellores amiguiños das árbores. Por iso, en pouco tempo, o noso pexegueiro se converteu nunha árbore grande.

INVESTIGAMOS 

Ter a Guille no colexio foi un bo motivo para investigar, e aprender moitas cousas sobre os pexegueiros, xa que descubrimos  o seguinte:

O pexegueiro é unha árbore nativa da China, onde se cultivou por vez primeira. O seu froito é comestíbel e suculento: o pexego.  Foi amplamente cultivado en Persia, de onde foi introducido en Europa.

 Os pexegueiros foron citados en escritos chineses xa no século X antes de Cristo, considerándose un dos froitos preferidos de reis e emperadores.

China é o maior produtor mundial de pexegos e nectarinas . En Galicia véñense cultivando dende antigo como amosa a toponimia.

PARA TRANSPLANTALO TEREMOS QUE TER O CONTA O SEGUINTE:

Os pexegos medran ben nun rango bastante limitado de lugares, xa que teñen uns requirimentos de frío que non todas as zonas do planeta poden dar.

Os pexegueiros resisten temperaturas de -26 a -30 °C, malia que ás veces a esas temperaturas poden matar os gromos florais se perduran até a primavera, perdendo toda a produción do ano. A morte dos gromos comeza a partir dos 15º baixo cero.

Os pexegueiros necesitan emprazamentos asollados con correntes de ar para garantir unha temperatura axeitada. Plántanse a comezos do inverno. Durante a etapa de crecemento necesitan regas regulares, con maiores frecuencias antes da colleita.

Os  pexegueiros comezan a dar froito a partir do terceiro ano, dando froita de calidade durante 12 anos aproximadamente.

 

 

UNHA ÁRBORE UN TESOURO

As nenas e os nenos de 6º de educación infantil seguen a desenvolver, con moito interese, o seu proxecto: “Unha árbore un tesouro, un bosque una fortuna”, velaí as fichas que realizaron ao longo do último mes.

REFORESTACIÓN NO MONTE DE PALMÉS

As nosas cativas, e os nosos cativos de 6º de educación infantil plantaron, ao comezo do curso, landras e castañas co fin de levalas ao monte de Palmés para reforestalo,  e desta maneira axudar a que vaian curando as feridas do gran incendio, aquel que  fai anos o converteu nun bosque queimado.

 

 

Convidamos aos nenos e ás nenas de 6º de primaria a  que nós acompañasen, para levar as nosas árbores do escola ao bosque, e  plantalas ali.

Contamos cun guía , como dicían os nenos “de luxo”, co forestal Pepe Santos,o forestal quen compartíu con nós  ao longo de toda a xornada os seus coñecementos, ensinándonos a plantar e a seleccionar as árbores máis axeitadas para este bosque.

Comezamos a nosa andaina no pobo de Naves.

Santos levounos a un dos puntos máis altos, e ensinounos a orientarnos para ser capaces de volver,

no caso de que alguén se perderá no monte ou no bosque, ao punto de partida, ao forno de Naves.

Logo axudounos a buscar os lugares idóneos para plantar a nosa cerdeira, os nosos castiñeiros e

os nosos carballos. Segundo a necesidade que tiveran cada un deles de luz, de auga e de espazo.

Cando xa sabíamos onde ían quedar as nosas árbores puxémonos a plantalas.

Pepe, logo de plantar estas árbores, levounos ao Mosteiro de Santa Comba onde nós 

contou unha lenda moi  interesante e nos convidou a ler fermosos poemas.

Aquí comezou a segunda parte da nosa excursión, ao dispornos a cruzar e a coñecer o bosque do Falán. 

Aporveitamos esta ocasión para recoller todo o lixo que atopamos.

Pepe deunos moita información sobre as árbores, os arbustos, as plantas medicinais e mesmo sobre as pegadas dos animáis  que fomos atopando no bosque do Falán.

Pasiño a pasiño chegamos ao pobo da Conchada, aquí estaba esperándonos Pilar , a veciña máis vella do pobo, a única que vive nel co seu marido César nos meses de inverno.

Pilar recíbunos cunha amabilidade impresionante, con cantigas, con poemas e mesmo coa historia da Pepa Loba, quen andivo por estas terras.

Os nenos estiveron moi atentos as súas explicacións.

Neste pobo agardábanos outro interesante encontro interxeracional.

Cos avoíños do Centro Fogar de San Amaro para comermos xuntos…

para visitar o mirador………

….para camiñar pola Conchada, e para descubrir guiados por Pepe, por César e por Pilar, a beleza de cada un dos seus recunchos.

Foi unha xornada moi interesante polo que queremos darlles as grazas a Pepe, a Pilar, a César aos avoíños do Centro Fogar de San Amaro, aos seus educadores e coidadores, e a todos e a cada un dos que a fixeron posible, e comprometernos a volver nos vindeiros anos para seguir reforestando, e para comprobar como medran as nosas árbores.

A HORTA DO ALBINO

Coa primavera chegou a época de coidar a nosa horta, de seguir plantando, de regar e de sacar as malas herbas, para mellorar as nosas colleitas.

Comezamos plantando tomates, leitugas, porros,  cebolas…

e patacas.

 

E retiramos as malas herbas que había entre os  repolos, os porros  e as verzas…

 

 

AS ÁRBORES DA NOSA ESCOLA

Bidueiros e salgueiras, carballos e castiñeiros foron as árbores que escollemos este ano para plantar na nosa escola.

Ademais de plantalas, e de coidalas as nenas e os nenos de cada clase escolleron nomes para cada una delas.

 

O RECUNCHO DOS NATUPOETAS

Os equipos de dinamización da nosa escola convocaron un concurso de poemas adicados á natureza e aquí temos os traballos dos nosos nenos e das nosas nenas:

AS HERBAS MÁXICAS

Os equipos  Dinamizadores (Biblioteca, Tic-Abalar, Voz Natura, Lingua Galega, e Actividades Extraescolares) convocan a actividade:”As Herbas Máxicas”, que convida a cada grupo de nenos a escoller una destas herbas, para facer un traballo de investigación en cada aula.

Empregando a información que poden atopar nun dos recunchos da biblioteca…

 

terán que completar a seguinte ficha:

Logo plantarémolas na nosa horta e coidarémolas.

E xa temos os primeiros resultados dos traballos realizados por algún dos grupos:

 

 

O AVÓ POETA

Para conmemorar o Día do Libro  tivemos una visita moi agardada, o avoíño de Sara de 4º de Educación Infantil, veu a nosa biblioteca acompañado da súa dona e dos seus poemas.

 

Recitounos o poema que lle fixera a un carballo, e contounos que  lle gustaba moito vivir no seu pobo rodeado de paxaros, leitugas, tomates, carballos, e da súa netiña que lle axudaba a sementar, plantar, regar  coidar a horta e as árbores.

Aquí tedes o poema que o avó José lle escribiu aos carballos que tanto ama:

 

 

UNHA ÁRBORE UN TESOURO

Comezamos a desenvolver ,en educación infantil, un novo proxecto : “Unha árbore un tesouso, un bosque unha fortuna”.

En coodinación coas titoras deste nivel educativo decidimos dedicar o terceiro trimestre a traballar cos seguintes recursos:

1-VÍDEOS:

 

 

 

 

 

 

2-LIBROS:

 

3-ACTIVIDADES:

Plantamos landras que se converterán en  carballos grandes e fortes, porque as estamos coidando con moito agarimo.

E castañas que algún día levaremos a un souto, cando sexan castiñeiros ben fermosos.

Fixemoslles una visita ás árbores da nosa escola, para coñecer os seus nomes, as súas características, e para ver cales son as diferenzas entre as árbores e os arbustos.

E coidamos as árbores, e os arbustos  do noso colexio: