ALOUMIÑOS DA NATUREZA

Menuda sorpresa para rematar o curso!!!

É ben certo que as nosas nenas, e os nosos nenos sempre están dipostos a coidar a natureza, son os primeiros en apuntarse a cultivar a horta, a coidar dos parruliños, a recoller o plástico nos patios, a facer compostaxe, e a sementar flores e hortalizas que poidan atraer aos paxaros e aos insectos, e tal vez por iso unha lavandeira decidíu aniñar nun dos xeranios do noso patio interior.

Guille, un cativo namorado dos animáis non só veu visitalos senón que decidíu converterse no seu padriño!

Noraboa para o padriño, e para os paxariños seguro que se van levar moi ben!!!

CORONA ENREDOS

Temos que felicitar as nosas familias, porque converteron a situación de confinamento nunha oportunidade para a creatividade.

Silvia, Carlos, Paula e Iria Manzanares anímannos a facer o que fixeron eles, a plantar unha minihorta no balcón.

Menudos tomates están cultivando!!!

Aporveitamos esta marabillosa idea para pedirvos a todas as familias da nosa escola que nos mandedes fotos, nas que podamos ver como neste tempo fomos capaces de sacar o mellor de nós, de cargarnos de esperanza, e de encher as nosas casas con vida.

Con esa vida que lle dan aos nosos fogares as plantas e a natureza, ás que os membros da comunidade educativa do CEIP Albino Núñez sempre estamos dispostos a coidar.

ENTROIDO 2020: STOP CAMBIO CLIMÁTICO

Un ano máis celebramos unha das nosas festas tradicionais, O ENTROIDO, festa de raigame popular, de troula, de alegría, de diversión, de festa rachada e tamén da burla e de crítica.

No noso colexio quixemos aproveitar esta celebración que tanto gusta aos nenos e ás nenas e darlle tamén un tono de denuncia e de chamada de atención sobre un dos grandes problemas con que nos atopamos hoxe e, que de non producirse un gran xiro, repercutirá no futuro destes rapaces e rapazas e das seguintes xeracións: É O PROBLEMA DO CAMBIO CLIMÁTICO.  A man do home está transformando a natureza e provocando xa hoxe en día consecuencias nefastas no medio ambiente a curto e longo prazo.

Quixemos manifestar o desexo de todos os que formamos esta comunidade educativa de que o coidado e o respecto da natureza sexan prioritarios e se busquen fórmulas de sostibilidade que garanticen o futuro de todos os nenos e nenas do mundo.

O noso desfile dividiuse en tres grupos:

1º- Comezamos cun desfile de flamantes e espectaculares coches que son os que provocan, xunto coas fábricas, barcos, avións… a gran contaminación que sofre o noso planeta. Os alumnos e alumnas de 1º de primaria cos seus coches que todo o contaminan foron berrando: PI, PI!! Non máis contaminación!!.  2- Nun segundo grupo destacamos as consecuencias da contaminación e dos abusos que o home fai da Terra.

Como consecuencia da emisión de gases a capa de ozono estase estragando e os desastres naturales son continuos:

Así os alumnos e alumnas de 6º de primaria chegaron destrozados despois de  sufrir un terrible vendaval!:

– As estacións tamén están cambiando,  todo vai ao revés, os Polos estanse derretendo, cae sarabia ao lado do mar, nos invernos xa non xea, as sequías son terribles… Os rapaces e rapazas de 5º de primaria non saben como vestirse…


– Outro dos grandes problemas é a eliminación dos residuos, sobre todos dos plásticos,  e a contaminación das augas. Plásticos e lixo enchen mares, ríos, lagos, regatos… provocando a súa contaminación e a morte dos animais que viven neles on nas súas ribeiras…  Así o quixeron mostrar os pequenos e pequenas de 4 anos:
– Ademais dos seres humanos quenes sofren as consecuencias deste cambio climático son os animais, estamos destruíndo o seu hábitat e provocando a extinción de moitas especies.. Os cativos de 5 e 3 anos, vestidos de pingüíns e de koalas quixeron reinvindicar a protección de todos os animais:

3- No terceiro grupo plasmamos algunhas das solucións que temos xa que poñer en marcha. Os alumnos e alumnas de 3º de primaria van pedindo: MÁIS ENERXÍAS RENOVABLES!!:– Nas nosas mans tamén están actuacións que axuden ao noso planeta: menos consumismo, utilizar transporte público, mercar coches eléctricos, consumir máis froitas e verduras e sobre todo reutilizar… Rapaces e rapazas de 4º de primaria luciron uns traxes espectaculares feitos con materiais reutilizados… mirade que elegantes!!
– 
Outra das solucións é a da reciclaxe, darlle outra vida aos refugallos e cousas que xa non utilizamos, con iso aforramos materias e enerxías… Vaia comando de reciclaxe fixeron os nenos e nenas de 2º de primaria!!E por último, despois de rematado o desfile, cantamos e bailamos todos xuntos a canción de MACACO: «MOVING» que é unha chamada a favor das pequenas accións e a unión de todos para salvar ao noso planeta.

PIN E PON

Esta semana aumentou a familia no nosos galiñeiro, disque foi porque Pita Cores lle contou a Pin e a Pon que na nosa escola había sitio para todos, e que lles oira dicir aos nenos, e as nenas do noso colexio que na diversidade estaba a beleza.

E como Pin e Pon non tiñan fogar decidiron viaxar ata aquí na semana da Paz, para quedarse con nós.

Os «peques» de 4º de educación infantil déronlles unha acollida marabillosa, tal e como podedes ver nestas imaxes.

Uxia levoulles millo para que comezaran a semana con moita enerxía.

Martina levoulles trigo para que poñan moitos ovos.

As nenas, e os nenos de 4º de educación infantil cantaronlles a canción da galiña Turuleca. Pin escoitouna con moita atención.

Pin e pon agradeceron o bo trato dos nenos regalándolles uns oviños.

Pita cores, Turuleca e o galo Kiriko semellan estar moi ledos coas novas veciñas.

Tal e como imos pronto faremos un rico biscoito cos ovos das nosas galiñas.

ESCOLA PONTE GUAPA

Nardos, prímulas, narcisos, xeranios e lirios serán as flores que  enchan a nosa escola de cor e de vida este ano.

 

 

Laura e Carolina andan plantando xeranios.

Antes das vacacións de Nadal,  as nenas e os nenos de educación infantil comezaron a plantar.

 

As nenas e os nenos de 4º A de educación infantil axúdanlle moito a súa profe Cris.

Que fermosa vai quedar a  nosa escola!

 

NAI TERRA

Á nai natureza, á nai terra ou á nai vida quixeron rendirlle unha homenaxe os nosos nenos e as nosas nenas de 6º con esta actuación.

DESPLASTIFICÁNDONOS

Esta foi  a iniciativa que promoveron na nosa escola as profesoras de educación infantil: substituír as tradicionais botellas de plástico que levaban os cativos, por cantimploras co fin de reducir a cantidade de plástico que usamos cada día.

Foi unha idea moi ben acollida polas familias.

Mencia e Adriel están moi contentos con este cambio.

 

A Enma gústalle moito a súa cantimplora amarela.

 

Lar dinos que a auga na cantimplora branca está moi frequiña.

Menuda sede teñen Martiño e Martina!

Lia e Icía ensinaronnos as súas cantimploras novas.

MANS AOS COMPOSTEIROS

As cativas e os cativos de educación infantil sempre están dispostos a axudaronos a coidar a natureza. Hoxe tocoulle ás nenas e aos nenos de 6º de educación infantil.

Esta vez fixerono recollendo os restos da froita que tomamos durante a hora do recreo na clase.

E levando todo ao composteiro.

FÓRA PLÁSTICO

As cativas , e os cativos de 4º de educación infantil enfadáronse moito  cando viron que na zona «PATO RELAX» os adultos tiraran lixo.

Decidiron recoller o plástico que estaba nesta zona, e que lle podía facer moito dano aos nosos parruliños.

E de paso darlle unhas apertas ás árbores.

As nenas e os nenos sentíronse moi orgullosos do seu traballo.

CANTO LIXO RECOLLEMOS!

Uxía estaba moi preocupada porque o parruliño cativo, o noso Plumiñas, podía comer plástico e enfermar.

Icía traballou moito, recolleu todo o lixo que víu á beira dos parruliños.

 

Mencia quería que viñera axudarnos o seu irmán Cibran.

A Martiño encántanlle as xoaniñas, por iso recolleu moito lixo para que non o coman  e non enfermen.

 

Martina estaba cansa, pero moi contenta polo traballo que fixeran ela e os seus compañeiros.

 

Que ben quedou a zona dos parruliños grazas ao traballo e á responsabilidade dos nosos cativos!

TAREFAS DO OUTONO

Estes días andamos moi ocupados, porque antes de marchar de vacacións queremos deixar feitas varias tarefas na nosa horta e no noso xardín.

Coa axuda das nenas e dos nenos de 4º de educación infantil podamos as hortensias , e aporveitamos os restos  para facer compostaxe.

Comezamos cortando as ramas e as follas en anaquiños moi cativos.

 

Cando xa tiñamos as follas e as ramas nos composteiros…..

……..engadimos unha capa de herba seca.

E aireamos todo para que quedase ben mezclado.

 

 

 

 

Estas nenas e estes nenos traballan con moita ansia!