XESTOS bos XESTOS verdes

Imos comezar a  campaña «Xestos bos, xestos verdes» porque queremos que os nosos bos hábitos medren  tamén nas vacacións. Por iso durante este tempo podemos levar á práctica algúns xestos que nós axudarán a coidar a natureza.

1.Unha bolsa na mochila

É un xesto moi simple e moi efectivo. Trátase de saír da casa cunha bolsa de tea, desas que se dobran até quedar na mínima expresión.

O seu uso permitiranos rexeitar as bolsas que nos queiran  entregar en calquera establecemento ao que necesitemos entrar para facer  as nosas compras.

como hacer bolsas de tela tnt

2.Non, grazas non mo envolva.

Hai quen di que esta é a frase clave na loita contra o plástico.

Se estamos reclamando que os fabricantes deixen de abusar do  sobreenvasado os primeiros que debemos dar exemplo somos nós.

A maioría dos plastificados permanecen como basuraleza durante moito tempo.

Cómo hacer la compra sin plástico y sin empaques desechables ...

3.Cambiar a cantimplora pola botella de plástico

As nosas cativas, os nosos cativos de educación infantil, e as suas profes tiverono moi claro dende o primeiro día que comezamos co proxecto «desplastifícate», e dixéronlle non as botellas de plástico.

E se o seguimos facendo no verán? E se lle propomos a máis persoas que tamén cambien a botella de plático por unha cantimplora?

Cantimplora térmica ¡y personalizable para niños! | PequeOcio ...

4.Recolle lixo

Non basta con reducir, reutilizar e reciclar. Ademais de pór freo á vertedura constante de plásticos na contorna (máis de doce millóns de toneladas chegan cada ano ao mar) é necesario recoller todo o que poidamos.

Recolle a basuraleza aínda que non sexa túa, e únete ás campañas de limpeza que organiza Proxecto Libera (www.proyectolibera.org).

Hombre Con El Bolso De Recoger Botellas De Plástico Usadas Fotos ...

5.De picnic sen usar e tirar

Ides comer no campo ou na praia. Perfecto!

Lembra que do 15 de marzo ao 15 de outubro está rigorosamente prohibido facer lume e que do 1 de xaneiro ao 31 de decembro está estritamente prohibido tirar calquera tipo de residuo.

Por iso, antes de saír de casa enche a cesta co picnic de responsabilidade: coloca a comida en fiambreiras e non uses manteis, servilletas, vaixela e garfos  de usar e tirar.

How to Make Your Next Picnic More Eco-Friendly

6. Reciclar no inverno e  no verán.

O mellor envase de plástico é o que non se fabrica, por iso debemos esixirlles ás marcas que dediquen tanta atención ao continente (o envase) como ao contido (o seu produto) e aposten pola redución. Pero pola nosa banda debemos comprometernos a levar ao colector amarelo os envases de plástico baleiros e non abandonalos nunca  na contorna.

Reciclar non é a única solución: pero se non reciclamos non hai solución.

Cómo reciclar? - Guía completa de reciclaje - Algohayquehacer ...

7. Sen cañita por favor

Outro xesto tan simple como indispensable para reducir o cataclismo do plástico.

En boa parte das ocasións cando pedimos un refresco ou unha bebida infantil fannos a pregunta do millón: póñolle vaso e quere  unha cañita? E aí é cando debemos responder un non rotundo. Non por favor, nada de cañitas.

A menos que se trate dunha verdadeira necesidade, o costume de sorber as bebidas por unha cañita de plástico debe desaparecer.

Sin pajita, ¡por favor! | Noticias Diario de Burgos

PASEO EN BICI

Non hai barreira para a creatividade, nin limites para a ilusión tal e como nos demostraron os nosos cativos e os seus pais.

Ariadna, Alex e Patricia están convencidos de que o peor xa pasou, e de que agora toca seguir coidando a nosa saúde e o noso cardio.

 

ERIC de 4º de educación infantil coloreou este fermoso debuxo para lembrarnos que pasear en bici é moi saudable, e axuda a que cardio se atope moi contento.

Aquí  temos a Lola, Bea , Xema, Mencia, Ainhoa, Óscar, Candela, Arantxa, e Martina dando o primeiro paseo en bicicleta  logo de tantos días de confinamento.

 

CULTIVOS AMIGOS DO FRIO

As nenas e os nenos de 6º de educación infantil foron á nosa horta escolar para investigar cales eran os cultivos propios do inverno.

Ben abrigados  saímos da aula para observar  que cultivos son amigos do frío, e cales son os que non deixan medrar as xeadas.

O primeiro que fixemos foi comprobar as temperaturas que estes días adoitan ser moi baixas.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vimos que  continúan as xeadas,  que xa nós levan acompañando ao longo de varios días.

 

Na nosa horta escolar, puidemos observar  que ás leitugas, aos porros e aos repolos gústalles o inverno

 

Outros como os pementos , ou os tomates non aguantan o frío. Isto débese a que os tecidos das plantas conteñen auga e se esta se conxela, os cristais de xeo que se forman rompen as células, facendo que a planta morra ou, no mellor dos casos, sufra danos de diferente consideración nos tecidos máis novos ou tenros.

Os brotes, follas tenras e flores son as partes máis sensibles ao frío.

DESCUBRIMOS QUE:

Cultivar no outono e no inverno non só se pode facer, senón que ten certas vantaxes:

*  Hai menos pragas.

*  Tes  que estar menos pendente da rega.

* Hai certos cultivos que saben mellor cultivados no outono e inverno: acelga, espinaca, rúcula e outras follas de ensalada teñen moito mellor sabor cando non viven baixo o sol abrasador de verán, que fai que teñan un sabor máis amargo (por iso no verán sempre recomendamos que teñan certa sombra).

UN BO CONSELLO:

Pare ter unha boa horta no inverno hai que preparala no outono.

A cuestión é, que existen cultivos moi resistentes ao frío.  Algúns aguantan até -4 ºC de temperatura en momentos puntuais. Simplemente hai que ter en conta unha cousa: son resistentes cando foron plantados no outono,  e no inverno están ben asentados ao terreo. Por iso é clave preparar no outono a horta do inverno, sobre todo se  a nosa zona é especialmente fría e ten xeadas no inverno. Se esperamos a sementar ou trasplantar cando o chan estea frío, o cultivo, por moi de inverno que sexa, non vai estar listo para enfrontarse a ese reto.

Asique, tal e como puidemos comprobar na horta escolar, hai cultivos amiguiños do frío , como son : a coliflor, o brócoli, o romanesco, as cenorias, as espinacas, as acelgas , os porros, as leitugas e os repolos.

 

GASTRO FELICES

Sabedes quen somos ?

 

Somos os gastro felices, os nenos e as nenas que gozamos coas receitas «das avoas».

Primeiro recompilamos  receitas tradicionais e logo cociñámolas, o que nós permite comer: lentellas, caldo de verzas, orellas de entroido, empanada, tortilla, pan de millo, fabada…tal e como se facían nos nosos pobos.

Xa vós iremos dando as receitas que nos fan poñer estas cariñas.

A NOSA GASTRONOMÍA

Dende o equipo de comedor implicámonos no proxecto:  «Auga, pedra, sabedoría e terra» intentando recuperar, e gozar das «receitas da avoa».

Por iso seguimos saboreando o pan de millo con mandarina , e o pan de centeo con mazá, na parva.

 

Hoxe na parva tomamos pan de millo con mandarina.

E o rico caldo galego no xantar.

 

 

CALDO 1

Anita ata se animou a repetir o caldo de verzas.

 

SABOR A POBO

Quen non lembra a que sabe o pobo? Os nosos pobos saben a leituga, a tomate, a patacas, a uvas,  a empanada, a grelos, a lacón  e a  pan.

Se buscamos no baúl das nosas lembranzas seguro que atopamos un sabor que descubrimos  na casa dos avós. Un deses sabores que non puido borrar o tempo, porque cada vez que íamos a casa dos avoíños esperábannos coa nosa comida preferida preparada, aquela que só tiña un sabor especial no noso pobo e coa nosa xente.

 Este ano, no que andamos descubrindo o noso patrimonio, queremos  traer á escola os sabores da nosa terra. Comezamos grazas a un avó, o avoíño de Cibrán que nos mandou uvas para os nenos, e para e as nenas de 5º de educación infantil, e decidimos combinar os sabores da froita con pan de millo e co pan de centeo, porque a iso sabe a nosa terra, a froita, a verduras a centeo e a millo.

Hugo recoméndanos o pan de millo con mazá.

HUGO RECOMENDA O PAN DE MILLO CON MAZÁ.

 

 

 

E para agracederlle aos avoíños, e ás avoíñas, todo o que nós ensinan  a descubrir, e a sentir andamos preparando o primeiro encontro 4X ( 4 xeracións), no que nenos, pais, avós e bis avós bailarán xuntos.

Cando chegue o día xa vós contaremos….de momento andamos enredados ensaiando os seguintes temas:

 

 

A ÁRBORE DAS LEMBRANZAS

LEMBRANDO XUNTOS

Nesta ocasión quixemos que os nosos nenos, e as nosas nenas,  falaran coas persoas da súa familia, para rebulir no «patrimonio dos sentimentos»,  ata que  atopasen  a mellor lembranza das súas vidas. 

Convidámolos a facer unha  viaxe cara o pasado, camiñando xuntos , para descubrir, valorar e respectar o que somos, o que sentimos, e o que forma parte da nosa historia, e da historia da nosa xente.

Logo cada cativo, na clase, comentou a mellor lembranza del, e a  dalgún membro da súa familia.

LEMBRANDO, CONTANDO, COMPARTINDO E SENTINDO

LEMBRANDO, CONTANDO, COMPARTINDO E SENTINDO FOI MEDRANDO A NOSA ÁRBORE.

E cando xa recuperaramos esas lembranzas, e descubriramos os sentimentos que nós provocaban, quixemos encher a nosa escola de lembranzas marabillosas  e de sentimentos positivos,  por iso as debuxamos, e  colocámolas na » árbore das lembranzas».

Agradecemos a colaboracións dos membros da comunidade educativa que debuxaron e compartiron a mellor lembranza das súas vidas con nós.

VACACIÓNS ECOLÓXICAS

Con estes consellos poderemos gozar dunhas vacacións orixinais, divertidas e sostibles.

  1. Escolle un destino que non estea moi lonxe.

Irse lonxe require gastar máis enerxía.

  1. Reduce equipaxe. Cantas máis cousas levemos máis enerxía gastaremos. Ao facer as maletas pensa si de verdade precisas tantas cousas.
  2. Emprega o transporte público. E o servizo de préstamo de bicicletas
  1. Aforra enerxía. Apaga as luces, e desenchufa antes de saír da casa todo o que non precises.
  2. Proba os produtos locais. Consume produtos de km0 , desta maneira axudarémoslles aos produtores locais e aforraremos a enerxía que se gasta ao ter que transportalos.

            6.Usa baterías e pilas recargables.

Si levas cámaras de fotos, reprodutores e música…lémbrate das pilas recargables.

Aforrarás enerxía e reducirás a contaminación.

  1. Busca alternativas ecolóxicas as túas vacacións. Ten en conta opcións como as casas rurais, ou facer cámping coidando o entorno.
  2. Aproveita para plantar árbores ou para ser voluntario/a. Desta maneira deixarás unha pegada positiva no lugar ao que vaias.

SEMANA VERDE

MÉRCORES: CON BO RITMO E MELLOR GUSTO!

As actividades programadas para este día consistían en escoitar, e bailar varios temas que nos recordan o importantes que somos para protexer o medio ambiente.

E EN PREPARAR UNHA PARVA MOI SAUDABLE.

Aquí temos aos cativos de 4º de Educación Infantil preparando un riquísimo iogur con froitas.

Comezaron cortando, os amorodos ecolóxicos que nos trouxo Cibrán, e os plátanos, en anacos pequenos.

Logo mezcláronos co iogur natural.

E adornaron a mezcla  cunha rica cereixa.

iogur 25Cando tiñan todo preparado dispuxéronse a probar.

E a compartir……

iogur 43

ESTE IOGUR CON FROITAS TEN QUE ESTAR RIQUÍSIMO PORQUE OS PEQUES NON NÓS DEIXARON NIN A PROBA!!!

iogur 42

BANCO DE IDEAS SOSTIBLES E SOLIDARIAS

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Este día celébrase anualmente o 22 de marzo como un medio para chamar a atención sobre a importancia da agua, e  a defensa da xestión  sostible deste recurso.

GOTA A GOTA CANTO SE AFORRA!!!

No noso centro, propuxémoslle  ás nenas e aos nenos de primaria, facer un banco de ideas sostibles e solidarias para aforrar auga.

Cada neno foi anotando, logo de comentar este tema nas súas casas coas súas familias, as súas ideas, e entre todos fixemos o seguinte banco de ideas.

PARA A AUGA NON MALGASTAR TEMOS QUE LEMBRAR:

Usar a lavadora e o lavalouzas só cando estean cheos.

Lavar as froitas e as verduras nun recipiente con auga.

Reutilizar a auga, coa que lavamos  as froitas e verduras, para regar plantas.

Usar só un vaso ao día para tomar auga potable ou encher unha botella. Isto vai reducir o número de vasos que teñamos que lavar.

AFORRANDO, AFORRANDO O PLANETA ESTAMOS COIDANDO!!!!

Remollar as potas e as tixolas, en lugar de deixar correr a auga mentres se limpan.

Non utilizar auga potable para desconxelar alimentos. Desconxelar  os alimentos no refrixerador.

Pechar a billa mentres cepillamos os dentes.

Pechar a ducha ao estar lavando o pelo.

Pechar a billa ao afeitarse.

Ducharse en vez de bañarse.

Reducir o tempo de ducha.

Asegurarse de pechar ben todas as billas ao saír da casa.

Resultado de imagen de ahorrar agua

A AUGA É VIDA!!!

Elixir arbustos, grava ou plantas que necesiten pouca auga, en lugar de céspede nas zonas difíciles de regar.

Axustar ben os aspersores  para que só reguen o céspede, e non a beirarrúa ou a rúa.

Regar o céspede e as plantas pola mañá ou pola noite.

Arroupar as plantas e os cultivos, póndolle a beira unha capa de folla ou de palla, para reter a humidade e para aforrar auga.

Usar unha vasoira en lugar dunha mangueira para limpar os patios.

Usar aspersores para as zonas grandes, e regar a man as áreas pequenas .

Recoller a auga do teito para regar os xardíns.

Recoller a auga da choiva para regar as plantas de interior.

Reducir a cantidade de céspede.

Non regar o céspede en días de vento.

Poñer xuntas as plantas que teñen as mesmas necesidades de auga .

Ao cambiarlle a auga ás mascotas, reutilizar a auga vella para regar as árbores ou os arbustos.

Agora que xa temos o noso  banco de ideas cada neno terá que adoptar unha, e encargarse de pola en marcha, na casa e na escola.