ARTISTAS POLA PAZ

Esta semana tivemos na escola a Iria, a Alba e a Carolina, tres educadoras que traballan na asociación XARELA, e están desenvolvendo no noso centro un proxecto de Igualdade.

Para a sesión cos cativos de primeiro propuxéronlles pintar con pompóns láminas pola paz, entendendo a paz como harmonía  co medio ambiente e coas persoas.

Nas súas “obras de arte” tiñan que empregar a maior variedade de cores posible, para comprobar que un mundo de cores é un mundo máis fermoso. Logo a través da sesión “de sentimentos” intentaron que os nenos se deran conta de que todas as cores son importantes e diferentes e que esa diferenza é a que aporta beleza.

E despois desta sesión tan “chea de cor”, temos os resultados da nosa 1ª sesión de “arte pola paz”:

Jason decidíu levar a mensaxe de igualdade ás súas mans pintando cada dedo dunha cor, entendendo que todos forman parte da mesma man, que todos son necesarios, e que aportando o mellor de sí, que é a súa cor, son capaces de unirse para pintar láminas cheíñas de vida e de sentimentos.

P1090194Ao final desta actividade entendemos que nós, ao igual que as formiguiñas que pintou Candela, temos o deber de aportar a “nosa cor”, os nosos valores para que a “lámina do mundo” estea completa. E así unidos, pondo cada un o mellor de si, a súa ilusión e o seu esforzo, acadaremos a paz, que nos axudará a gozar do medio, da vida e dos que van a nosa beira.

P1090209

Paso a paso, como formiguiñas, a paz construímola entre todos.

TEMPO DE FRIO TEMPO DE… ACIVRO

IMG-20161204-WA0001

Catalina levaba moitos días sen aparecer pola nosa escola, polo que as profes de educación infantil decidiron chamala para saber que lle estaba pasando. A nosa bruxiña contoulles que case non podía subir na vasoira, porque tiña reuma, por iso non nos podía visitar. Catalina, por mor desta doenza, tivera que estar varios días na cama, custáballe moito camiñar, doíanlle as pernas, os brazos, e os xeonllos. Catalina prometeulles  que cando se atopase mellor viría ao cole para ver como estaba quedando o noso horto botiquín.

E por fin apareceu, pero non veu soa, chegou cun acivro, para contarnos moitas cousas curiosas sobre esta árbore fermosa.

Estivemos escoitando a Catalina con moita atención porque nos dixo que grazas ao acivro puidera recuperarse da dor de ósos, e estar de novo con nos. E aproveitou para explicarnos o seguinte sobre O ACIVRO:

  • É unha árbore moi importante para os paxaros porque usana como refuxio no tempo de outono e de inverno, cando a maioría das árbores xa non teñen follas, e os seus froitos válenlle de alimento ao escasear a comida. Por iso aos froitos, a nivel popular, chámanlle as cereixas dos paxaros.
Resultado de imagen de acivro
  • En Galicia dáse sobre todo nas zonas montañosas e choivosas do centro e do interior. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns.
  • O lugar poboado de acivros coñécese coma acevedo.
  • Soe ter unha altura de 2 a 5 m, aínda que pode haber algúns exemplares que cheguen ata 15 m.
  • As follas das pólas inferiores teñen beiras espiñentas, para defenderse dos roedores, pero nas superiores podemos atopar follas de bordes lisos.
  • A súa madeira, de cor branca, é moi dura e resistente, polo que é difícil de traballar.

USO MEDICINALP1080587

Pódense usar as follas e os froitos para curar moitas doenzas.

  • As follas úsanse como laxantes.
  • E os froitos como purgantes ou eméticos (a pesar do perigo do seu uso).
  • O acivro tamén é bo como diurético e contra a bronquite, a reuma e a artrite.
  • A planta contén un principio amargo, a ilicina, ademais de ilexantina (colorante amarelo), teobromina (nas follas) e ácido caféico. A  teobromina ten  broncodilatadores, polo que se usaba nos casos de asma.
  • As follas considéranse sudoríferas, empregándose en catarros, pleuresía, febre intermitente, reumatismo, viruela e enfermidades que cursan con ictericia (cor amarelo  da pel).
  • Ao empregar o acivro como diurético e laxante prepararase en forma de cocemento.
  • Para conseguir o efecto diurético ou aliviar a bronquite crónica, os reumatismos e outras formas de dor osteoarticular,  preparase unha tintura coas follas.
  • Otro uso, xa abandoado, era como tonificante muscular, macerando as follas  con  viño.

MITOLOXÍA E TRADICIÓN

  • Os celtas considerábano unha árbore sagrada, con capacidade para atraer a boa sorte. Empregábase nos rituais do solsticio de inverno.
  • Os xermanos colocaban unha póla de acivro no inverno na entrada das súas casas, e os romanos asociábano ás festas saturnais.

Segundo a tradición popular galega, cando un mozo quere namorar a unha moza, ten que cortar unha póla de acivro ás doce da noite de San Xoán, e pasala trece veces baixo as ondas do mar mentres reza un credo de cada vez. Así, a moza á que toque con esta póla, chamada aciviño, quedará namorada del sen remedio.

Catalina tamén nos contou que en Galicia hai un acivro digno de mención, o do Pazo de Casanova en Arca que está dentro do catálogo de árbores de patrimonio vexetal (segundo Rodriguez Dacal e Izco)

O ACIVRO NO NADAL

A árbore emprégase en moitos países como motivo ornamental durante as festas de Nadal, o que pode pór en perigo a propia existencia do acivro: a especie está protexida pola lei e o seu comercio ou extracción procedente de exemplares silvestres está prohibido. Ademais do efecto negativo sobre a conservación da propia especie, esta práctica pon en perigo a poboación da pita do monte (Tetrao urogallus), xa que os froitos do acivro son o seu único alimento durante o inverno.

Despois de toda a información que nos trouxo Catalina á escola fixemos fichas de aula.

E para rematar unha avoíña mandounos un acivro nunha maceta que ela plantara e estivera coidando para nos, á volta do Nadal porémolo nunha das zonas axardinadas da nosa escola, tendo en conta o seguinte para o seu cultivo:

  • É relativamente fácil de cultivar, precisa un chan moderadamente fértil e ácido e que non se encharque, mellor con algo de sombra, sobre todo nos primeiros anos, aínda que no norte da península tamén medra ben a pleno sol.
  • É moi resistente ao frío.

E á  beira do noso acivro, cando o teñamos plantando na escola, contarémoslle aos nenos e nenas a antiga lenda celta do “Rei Carballo e o Rei Acivro”, unha narración “solar” que trata de dar explicación á Roda do Ano. No solsticio de Verán o Rei Carballo está no punto máximo da súa forza, mentres o Rei Acivro está no seu punto máis fráxil. O Rei Acivro comeza a gañar poder no equinoccio de Outono chegando ó seu máximo poder durante o solsticio de Inverno cando as súas bagas tornan de cor vermella, mentres que o Rei Carballo perde as súas follas.

FICHAS DE AULA

Despois do traballo no horto, aquí temos a correspondente ficha:

xestas la-retama AS XESTAS 

 

TALLERES CON RAÍZ: PAN DE MILLO

Continuamos cos noso taller de PAN DE MILLO, esta semana realizaron este taller os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria que volveron a compartir unha nova experiencia co avó Sergio, ao que xa coñecían do curso pasado. Isto é o que nos contan:

“Hoxe os nenos e as nenas de primeiro fomos ao taller de  pan de millo. Con esta actividade achegámonos a nosa contorna natural e sociocultural, puxemos en marcha os nosos sentidos (vimos, tocamos, probamos…), descubrimos as diferentes tarefas que hai que facer para elaborar pan de broa, aprendemos moitas palabras relacionadas co millo, traballamos en grupo, e cantamos a canción “Pan de millo” do grupo Migallas”.

DSCN4821

Mentres o noso pan se cocía volvemos a aula para facer as seguintes fichas:


 

E aquí tedes aos pequenos e pequenas de 1º “coas mans na masa”:

TRABALLO NA AULA

Na aula seguimos traballando: completamos fichas sobre as patacas e os limoeiros.

 


 

Tamén cantamos cancións como EL CORRO DE LA PATATA

corro de la patataOu como NARANJA DULCE, LIMÓN PARTIDO

limon partido(Preme nas imaxes para escoitar e visualizar as cancións)

FICHAS DE AULA

E para completar o traballo no horto, mirade agora na ficha adxunta as numerosas propiedades dos allos, este alimento tan san, ademais podedes ler un conto sobre os allos e as cebolas e tamén tedes un enlace a un vídeo …

 

allosALLOSajo

FICHAS DE AULA

Coma sempre, antes e despois do traballo de campo, facemos traballo de aula. Esta semana como o traballo xirou arredor dos acivros, aprendemos moitas cousas sobre os mesmos, na ficha adxunta temos algunha delas:

CapturaACIVROSHolly-icon

E como xa está chegando o NADAL e, o acivro forma parte desta festa tradicional, os pequenos/as de 5º de Educación Infantil fixeron unhas fermosos adornos coas follas de acivro como protagonistas:

P1030341

FICHAS DE AULA: AS VERZAS

Esta é a ficha correspondente ao traballo desta semana no horto. Veredes cantas cousas aprendemos sobre as saudables verzas.

lacinato-kale1A S   V E R Z A S verza mini

(Premede nas imaxes para acceder a toda a información)

FICHAS DE AULA: sementando castañas

Hoxe nas nosas fichas de aula, traemos non só información sobre as castañas e os castiñeiros, senón tamén curiosidades sobre outras árbores tan milenarias coma os castiñeiros.

recorte castañas castanas

PLANTANDO BEGONIAS

O mércores 21 de outubro o noso traballo foi moi variado, comezamos explicando unha das actividades realizadas: plantamos begonias para seguir poñendo “guapa” a escola.

Coma sempre empezamos preparando a terra, puxemos pedras no fondo das macetas, abonamos a terra con cachiños de follas, regámola e puxemos as nosas begonias nas macetas que logo colocamos no interior do cole. Agora toca coidalas para que vaian adiante!.

begonias mini

P1050191

(Premendo na imaxe podedes consultar cales son os coidados básicos desta planta) 

Despois de plantar as begonias, colocamos a protección para paxaros nas ventás e puxemos cortizas no horto, que esperamos sexan futuras “casiñas” de grilos (todo isto explicámolo noutra entrada).