OS CATRO ERRES DA ECOPATRULA

Reducir, reutilizar, reciclar e regar

Aquí temos de novo aos cativos da ecopatrulla, traballando ao rematar o xantar.

 

P1070081

Como todos os días, con moita ansia, póñense “mans á obra”, e esta vez para realizar varias tarefas:

1- Regar todos os sementeiros que temos no invernadoiro, e que medraron moito.

2-Reutilizar os botes de iogur, que recollemos no comedor escolar, para facer novos sementeiros, e desta maneira reducir a cantidade de lixo.

 

3-Animar a reciclar, e para convencer aos compañeiros, puxeron os seus petos con mensaxes moi interesantes:

P1070070

Aldara lémbranos que:  “Todo pode ter outra vida, recicla”

P1070074

O peto de Daniela, e o de Axel  dinnos que: “Reciclando, reciclando o planeta estamos coidando”

P1070079

P1070075

Candela danos a benvida a ” reciclandia”, o noso taller de reciclaxe

P1070076

Segundo di o peto de Iago : “Reciclar é de sabios”

CORES POLA PAZ

POMBAS DE CORES

Con esta actividade pretendíamos estimular a creatividade e contribuír a desenvolver a capacidade de expresión plástica dos nenos e das nenas, fomentando unha visión da paz libre de estereotipos e reutilizando diversos materiais.
Explicámoslles, aos cativos da ecopatrulla, que íamos celebrar o día da Paz, e da Educación Ambiental; e para iso íamos reutilizar botellas de plástico, que decoraríamos con pombas pintadas de cores. Logo poderíamos empregar estes  botes para  gardar o material escolar.
Dixémoslles que as pombas son un símbolo universal da paz e da non violencia.

Resultado de imagen de palomas de colores

Tradicionalmente represéntase a paz cunha pomba branca que leva unha ramiña de oliveira no pico, pero no mundo existen pombas de todas as cores, e elas tamén poden ser un símbolo de paz. Por iso os convidamos a celebrar as cores da paz!
Repartimos copias de fichas con siluetas de pombas, debuxos pola paz, e botellas para cortar e para pintar.
Pedímoslle a cada cativo que deixara voar a súa imaxinación, e que pintase coas súas cores favoritas a ficha e a botella.

Mostrámoslles fotos de pombas de diferentes cores, para que lles serviran de inspiración.
Hai unha selección moi completa de imaxes de pombas na Wikipedia: http://commons.wikimedia.org/wiki/columbidae

Despois de escoitar con moita atención puxéronse mans á obra!

Ao rematar observamos os nosos botes, e descubrimos que eran fermosos precisamente porque estabamos empregando material reutilizado e pombas de cores.
Velaí o noso traballo:

voz natura 051

Pombas azuis, pombas de cores…

Pombas que foron colocando en cada bote para falar dunha paz que é diversidade, e que está nas nosas mans, porque somos quen de escribila cada día coas nosas accións.

P1070483

APÚNTATE Á MOVIDA, RECICLA!

RECICLANDO, RECICLANDO A NATUREZA ESTAMOS COIDANDO

Reciclar é unha actividade sinxela e gratificante, é un exemplo de responsabilidade social e de coidado do medio.

Este xesto, que forma parte dun consumo responsable, axudará a que as xeracións futuras poidan gozar dun planeta azul e verde.

Razóns para reciclar:

  1. Aforramos enerxía e loitamos contra o cambio climático

Reciclando reducimos o traballo de extracción, transporte e elaboración de novas materias primas, disminuíndo o consumo de enerxía que sería necesario para desenvolver estes procesos.

Ao reducir o consumo de enerxía reducimos o efecto invernadoiro,  xa que estamos xenerando menos CO2.

  1. Usamos menos materias primas.

Aforrando unha cantidade importante de recursos naturais .

  1. Fabricamos novo produtos.

Estes produtos necesitan menos enerxía,  polo que contaminan menos durante o proceso de elaboración.

  1. Desenvolvemos a creatividade

Inventamos, creamos e aproveitamos, con imaxinación podemos facer ata obras de arte co lixo.

  1. Implicamos ás familias

Na  nosa escola cada día son máis os membros da comunidade educativa que suben ao carro da reciclaxe, tal e como podedes comprobar a continuación.

MADRUGAR PARA RECICLAR ¡!!

Os nenos que primeiro chegan á escola (“os madrugadores”) andan co seu taller de Eco – Nadal.

Aquí tedes algúns dos traballos que están facendo estes días con Sandra e Marga, as nais encargadas da acollida temperá.

NO TEMPO DE DESCANSO AO TALLER DE RECICLADO!!!

Ofertarémoslle os nenos, durante todo o curso, un taller de reciclado que se desenvolverá no tempo do recreo. O encargado deste taller será o equipo de dinamización da biblioteca escolar, o cal colabora unha vez máis con todos os proxectos que se levan a cabo no centro. Ao longo do mes de decembro tamén realizan no taller de reciclaxe adornos de nadal. 

DSC05086

TODO O COLE RECICLANDO

Neste Nadal preparamos unha gran árbore e adornos feitos con materiais de refugallo.Tivemos moi boa resposta por parte das familias que aportaron os materiais necesarios para que puideramos levar a cabo a nosa tarefa. Aquí temos un pequeno adianto do traballo que estamos realizando.

9 P1060669DSC05010

 

 

 

 

 

 

 

 

P1060672P1060673

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DSC05049

DSC05001

 

 

 

 

 

 

 

RECICLALANDIA

Este taller de reciclaxe desenvólvese ao acabar de comer, nel os nenos da ECOPATRULLA, OS VERDES VIXÍA, poñen os seus petos con lemas que nos animan a reciclar e  guiados por dúas nais colaboradoras do comedor 6S  aproveitan materiais do lixo para realizar manualidades. Por exemplo, agora, na época de Nadal aproveitan as oveiras que recolleron do comedor para facer campás de Nadal, tamén xa están rematando de pintar os pneumáticos cos que construiremos  o noso Reciclín, e ……moitas máis cousas coas que nos irán sorprendendo ao longo do curso.

RECICLANDO NA TELE

Ata a televisión se quixo unir á movida do reciclado. A televisión local TELEMIÑO estivo no cole facendo un taller de reciclado cos nenos e nenas de 2º A e 2º B. Fixeron un reno con rolos de papel e paus que os nenos recolleron previamente no patio do cole e no seu contorno.DSC04950

1

 

 

 

DSC04908 DSC04905

QUEREMOS SEGUIR ANIMANDO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO NOSO CENTRO A QUE APROVEITEN MATERIAIS DE REFUGALLO PARA FACER OS ADORNOS E AGASALLOS DE NADAL, E ASÍ EVITAR O CONSUMO EXCESIVO DESTAS DATAS. RECORDADE:

NADAL

OS VERDES VIXÍAS SAEN DA ESCOLA

A ecopatrulla planta árbores

O equipo dos verde vixías comezou a semana con moitas gañas de traballar. Saíron da escola para comprobar o estado no que se atopa o noso entorno  e descubriron unha zona moi fermosa, con moita vexetación, e cun regato. Pararon un bo anaco para escoitar os sons da natureza: os paxaros, o vento, e o ruído da auga.

 

P1060562

Escoitando os sons da natureza

E todos estiveron de acordo en que nesta zona había que plantar árbores así que volveron á escola, foron o invernadoiro colleron  unha figueira …e alá marcharon de volta….. para porse  mans á obra!!!

 

P1060564

De volta ao cole para coller unha árbore no invernadoiro, e plantala na zona que acabamos de descubrir.

 

Agora temos unha nova tarefa para a ecopatrulla,  a visita a esta zona  para ver como medra Amelia, a nosa figueira; para seguir plantando árbores e para escoitar a música da natureza.

Aqui iremos a miúdo para aprender a escoitar, deténdonos ante algo que lles gustou moitísimo aos nenos, o ruído de “Mansiño” o noso regato, ao que decidimos adoptar.

 

P1060563

Daniela plantando a figueiriña Amelia

A NOSA ECOPATRULLA “OS VERDES VIXÍAS”

ECOPATRULLAECOPATRULLA OS VERDES VIXÍAS

O medio que nos rodea é un ben de interese común, polo que todos os membros da comunidade educativa temos a responsabilidade de coidalo dunha maneira sostible.

A ECOPATRULLA DOS VERDES VIXÍAS pretende fomentar a participación dos cativos na mellora do contorno, así como favorecer actitudes e valores xeneralizables a outros contextos, nos que os nenos e nenas terán que aprender a desenvolverse.

OBXECTIVOS:

* Sensibilizar aos nenos coas cuestións mediambientais.

* Educar en valores: amor á natureza, responsabilidade, cooperación e consumo responsable.

* Ensinar a valorar, a respectar e a coidar o medio ambiente.

* Ofertar a posibilidade de realizar accións de carácter sostible na escola.

* Fomentar un consumo responsable.

* Reciclar e reutilizar papel, plástico, vidro…

* Recuperar os xogos dos nosos antepasados, aqueles  nos que a natureza era a protagonista.

* Implicar activamente aos nenos no coidado da escola.

* Plantar e coidar árbores, verduras, hortalizas e flores.

* Construír un “restaurante para paxaros”.

* Lembrarlle a todos os  nenos do centro, dende o respecto e o diálogo, que non podemos tirar ao chan envoltorios, panos, papeis…

* Gozar coidando a escola e o medio ambiente.

* Traballar  en grupo, promovendo a cooperación entre nenos e nenas de diferentes idades.

* Conseguir que os nenos entendan a influencia que teñen as nosas accións na saúde do planeta.

* Enriquecer as vivencias dos nosos nenos, favorecendo o contacto dos cativos coa natureza.

* Elaborar eco-consellos e eco-retos.

* Deseñar unha ecomascota viaxeira, que irá as fogares dos cativos acompañada dun listado de consellos sostibles para coidar a natureza.

* Aproveitando pneumáticos facer o noso “Reciclín”.

A ecopatrulla está formada por un grupo de 101 nenos voluntarios de educación infantil e de educación primaria, distribuídos en 5 subgrupos, un por cada día da semana. Estes alumnos todos os días, ao rematar o xantar, poñen os seus petos verdes e de cores e desenvolven diferentes actividades, guiados por dúas nais colaboradoras do comedor escolar.

ACTIVIDADES:

As actividades planificadas para este trimestre son as seguintes:

  1. DESEÑO DA NOSA MASCOTA

2. COIDADO DO MEDIO

Os nenos terán que retirar as herbas malas do horto, plantar verduras e hortalizas, facer sementeiros, plantar árbores nunha zona que está fóra da escola e levar comida (millo e restos de pan do comedor escolar) ao noso  “restaurante para paxaros”.

Aquí os tendes cubrindo o chan dos cultivos con palla para que non saian as herbas malas, e preparando trampas ecolóxicas para os caracois coas cascas dos ovos que aproveitamos do comedor escolar.

P1060577

 

3.RECICLALANDIA

Este é o noso taller de reciclaxe, nel durante este mes dedicarémonos a pintar pneumáticos para facer o noso “Reciclín”, un boneco que será o encargado de propornos cada semana un eco-reto para realizar na escola e na casa.

P1060566

P1060638

Ao rematar con “Reciclín” comezaremos a pintar e a decorar botellas de plástico, para facer casas para os paxaros, que situaremos ao lado do areeiro da escola, na nosa carballeira onde  faremos o “restaurante para paxaros”.

4.XOGOS E XOGUETES COA NATUREZA

Con esta actividade coñeceremos os xogos e os xoguetes tradicionais feitos con carozos, piñas, millo, paus, xestas, castañas, noces…etc

foto castaña

En varias sesións contaremos coa colaboración de Serxio, este avó virá á escola para: explicarnos a que xogaba el cando era neno, facernos algún xoguete, ensinarnos as regras dos xogos e xogar cos cativos aos xogos da súa infancia.

Neste trimestre Serxio estanos ensinando a facer vasoiras con xestas, e a empregar as xestas para atar piñas. Este avó contounos que cando el era neno non había cordas, nin cestos, nin carretillos, e cando ían ao monte a coller piñas para acender o lume, tiñan que buscar a maneira de levar moitas en cada viaxe, así que con moita paciencia e habilidade ían atando as piñas ao longo dunha xesta, ata levar un bo cargamento.

IMG-20161206-WA0017

Tamén aprendemos como se facían avións con vimbios e con bugallos; e frautas con cañas de bambú.