DAS CORES ÁS CINZAS

Na nosa escola, este ano, propuxémonos acadar 2 obxectivos coa celebración do Entroido.

1- Non empregar o plástico nos nosos disfraces.

2- Concienciarnos, e concienciar a todos os membros da nosa comunidade educativa, do impacto que poden ter sobre o bosque as nosas decisións, e as nosas accións.

Para elo durante o mes de febreiro estivemos vendo en todas as aulas a seguinte película:

Resultado de imagen de el bosque animado Ao rematar de ver ” O bosque animado”, e de comentar os valores e os contravalores que aparecen na película, decidimos representar un bosque cheo de vida, cheo de cores, fronte a un bosque en cinzas, no que quixemos mostrar  o perigo das plantación de eucaliptos e dos incendios.
Centramos  o noso Entroido no paso da vida á morte, ou da morte á vida, dos nosos bosques debido as intervencións dos humanos.
Velaí o noso traballo que comeza representando un BOSQUE DE CORES  no que podemos atopar:
TRASNOS
NINFAS E ÁRBORES
MOUCHIÑOS

LOBOS

E ATA A ROBIN HOOD
A NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA PUIDO VER COMO A ESCOLA SE TRANSFORMABA NUN BOSQUE BEN FERMOSO
 

AS PLANTACIÓNS DE EUCALIPTOS

E OS INCENDIOS

Sentímonos moi ledos, porque   despois de moito traballo o noso entroido acadou os obxectivos que fixamos ao comezo, xa que este ano por primeira vez non empregamos as tradicionais bolsas de plástico para a elaboración dos disfraces, e a temática escollida servíu para que sexamos conscentes da necesidade de coidar os nosos bosques.

E do importantes que somos os seres humanos para que as nosas árbores e os nosos bosques sigan vivos.

Cicais é iso o que o duende Lola lle está dicindo a Sole, a súa nai.

AS CORES DO OUTONO

As nenas e os nenos da nosa escola andan fotografando a beleza do outono, para “sacarlle as cores”, e organizar una exposición de fotos, follas, froitos ….desta estación.

Velaí  “as cores que xa lle foron sacando” os cativos de 6º de educación infantil.

 

Convidamos, a todos os membros da comunidade educativa, a que nós mandedes as vosas fotos de outono. E a que esollades unha das seguintes e lle poñades un título:

SEMANA VERDE

O MELLOR AGASALLO

Despois de levaren as nosas nenas, e os nosos nenos todo o curso coidando a natureza, debullando millo para os paxariños, reutilizando as botellas de plástico para facerlles casiñas e comedeiros, hoxe tivemos a mellor recompensa posible, porque atopamos  nunha das  árbores que hai á entrada da nosa escola, un niño.

niñoniño 2

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Menuda alegría  nós causou este descubremento! E  deusenos por pensar que sería o que máis lle gustou da nosa escola a  este paxaro, para vir aniñar a esta árbore.

SERÁN AS ZONAS VERDES ?

SERÁ A MANEIRA NA QUE AS NOSAS NENAS, E OS NOSOS NENOS COIDAN A NATUREZA?

SERÁ FLORINDA?

A15

SERÁ A ÁRBORE DA VIDA?

ARBORE DA VIDA

 

OU QUE VÍU COMO AS NENAS E OS NENOS LLES  PREPARAN COMIDA AOS PAXAROS TODOS OS DÍAS

POIDA QUE SEXAN  AS NOSAS MACETAS…

OU AS APERTAS QUE LLE DABAN AS NENAS E OS NENOS Á ÁRBORE QUE EL ESCOLLEU.

AÍNDA QUE HAI QUEN DI QUE O QUE MÁIS LLE GUSTOU A ESTE PAXARIÑO, O MOTIVO POLO CAL ESCOLLEU A NOSA ESCOLA, E O PATIO DE EDUCACIÓN INFANTIL FOI POLA VIDA QUE DESPRENDEN OS NOSOS “PEQUENOS REBULIDEIROS”

AA13

Tardamos varios días en averiguar cal era o motivo polo que este paxariño aniñara no noso colexio. O martes 16 de maio descubrimos outo niño no patio de Educación Infantil, e foi entón cando nos demos da causa pola   que os paxaros estaban aniñando na nosa escola,tal e como vós contaremos na entrada seguinte, este ano conseguimos ser un centro atractivo para os paxariños.

PASO A PASO FIXEMOS OS NOSOS MAIOS

A proposta da Anpa, fixemos 2 maios.

Pouco a pouco, e paso a paso, coa cooperación dos nenos, das nais e dos pais, dos mestres,  dos cociñeiros e cociñeiras, e da nosa conserxe, rematamos os maios e as coplas, para presentalos ao concurso que organiza o Concello de Ourense.

 

20

Belén e Sandra, despois de moitos días de traballo, convídannos a navegar xuntos na aventura de educar.

A barquiña da Anpa lembranos un fermoso poema de Gabriel Celaya, que dende o noso centro queremos dedicarvos a todos, educadoras e educadores, mariñeiros, soñadoras e  soñadores.

EDUCAR

Educar es lo mismo
que poner motor a una barca…
hay que medir, pesar, equilibrar…
… y poner todo en marcha.
Para eso,
uno tiene que llevar en el alma
un poco de marino…
un poco de pirata…
un poco de poeta…
y un kilo y medio de paciencia
concentrada.

Pero es consolador soñar
mientras uno trabaja,
que ese barco, ese niño
irá muy lejos por el agua.
Soñar que ese navío
llevará nuestra carga de palabras
hacia puertos distantes,
hacia islas lejanas.

Soñar que cuando un día
esté durmiendo nuestra propia barca,
en barcos nuevos seguirá
nuestra bandera
enarbolada.

Esta  barca  representa a filosofía educativa do noso centro, xa que estamos convencidos de que para educar temos que remar xuntos, e na mesma dirección, todos os membros da comunidade educativa.

11A medida que pasaron os días fomos  vendo como evolucionaba o noso traballo.

E rematado  o traballo fixemos unha viaxe imaxinaria na barquiña da Anpa.

R

A barquiña da Anpa

ENTROIDIÑO, ENTROIDIÑO QUE VÉS DE CAMIÑO!

Na semana anterior ao entroido os nenos da ecopatrulla estiveron facendo antefaces nos que empregaron motivos relacionados coa natureza: flores, follas, bolboretas, xoaniñas…

FOTO 13

Gaizka, Luis e Simón cos seus antefaces.

FOTO 17FOTO 14

 

 

FOTO 16                       Víctor e Mario San Juan moi contentos ao rematar a tarefa 

E como nos agardan varios días de troula e somos moi responsables, antes de marchar puxémonos a regar e a engadirlle terra as macetas que tiñan pouca.

 

DANZA AO SON DA TERRA

Este ano para celebrar conxuntamente o Día da Educación Ambiental, e o Día da Paz escollemos como tema común,  a diversidade.

Quixemos falarlles aos nenos da riqueza da natureza, e da importancia das diferenzas individuais, xa que a natureza ademais de darnos alimentos ten gran variedade de sons, e isto permítenos facer música con case todo: coas pedras, cos paos, coas sementes, coa casca das árbores….. e con materiais reutilizados.

Esta actividade, deunos a posibilidade de escoitar e de valorar estes sons, e axudounos a entender que ao igual que os seres humáns, todos son diferentes, únicos e importantes.

Na primeira sesión descubrimos uns intrumentos moi naturais, e comprobamos a importancia de cada un para que sonara a nosa orquestra; a orquestra da paz, baseada na unión dos diferentes, que xuntos dan un concerto, un canto ao respecto e a valoración  positiva de todos.

Deste xeito quixemos demostrarlles que as diferenzas enriquécennos, que non hai sons mellores nin peores, e que tal e como dícian eles “cando tocamos todos queda mellor”. Porque cando somos capaces de unirnos aportando o mellor de nós, as nosas vidas, a nosa escola, a nosa familia e o noso mundo soan en harmonía e en paz.

Asi o fixemos na nosa “rolda tambor” na que ao tocar xuntos conseguimos un son moi forte e agradable, ou no “cesto dos diferentes” no que as espigas, as piñas e as pedras se uniron para axudarnos a entender que no traballo en equipo é, precisamente a diferenza que pode aportar cada quen, o que enriquece o produto final. Porque se todo foran pedras, ou se só houbera espigas ou piñas, o son sería menos variado e menos rico.

P1090420

Todos xuntos soamos ben, moi ben, soamos a paz, a diálogo e a cooperación.

Na segunda sesión insistimos na importancia que ten cada sonido, sen perder a súa  identidade, e na súa capacidade para enriquecer aos que están á súa beira. Neste senso vimos como se nota cando algún deixaba de soar, ou quería soar igual que o outro. Démonos conta de que ninguén pode soar como os demais, e de que o único que podemos facer e mellorar “o noso propio son”. Un son propio e fermoso como o do tambor de Gaizka, as maracas espiga de Marcos, os bugallos bailaríns de Alex, a guitarra botella de Noa ou as maracas carozo de Victoria….

Comparamos esta orquestra co que sucede cando veñen a España persoas doutros países, con outros “sons”, con outras ideas, que si sabemos escoitar e apreciar ao final enriquécennos, e na convivencia pacífica acabamos gañando e aprendendo todos, uns dos outros.

Ata fomos capaces de sentir o que pasaba cando algún instrumento deixaba de soar e os compañeiros tiñan que esforzarse moito máis para conseguir menos calidade de sons, algún cativo acabou desanimado cando vía que os demais ían abandonando, e el tamén parou.

Pouco a pouco entendemos que algo tan simple como un paquete de sementes ten un sonido tan importante como unha rolda tambor, por iso se algunha vez pensamos que o noso son vale pouco teremos que lembrar a femosa música deste paquete de sementes, tan fermosa que ninguén a podería substituír.

P1070469

Fermoso sonido o das sementes, tan fermoso como a voz de cada pobo e a aportación de cada persoa, para facer un mundo xusto.

Os nenos de cada aula fixeron a súa interpretación da “danza ao son da terra”, ao son da igualdade, da liberdade e en definitiva da convivencia no respecto.

P1090422

P1070482

Ata aprendemos a escoitar, de tal maneira que incluso cos ollos pechados fomos capaces de identificar o instrumento que estaban tocando os compañeiros ou as compañeiras.

Para rematar lemos un divertido poema de Antonio García Teijeiro que pertence ao libro “Recendos de aire sonoro”, e fala dunha orquestra tan divertida como a nosa.

Unha orquesta despistada

tocaba unha sinfonía

perdida nun escenario

nunha noitiña ben fría.

Os instrumentos soaban

sen director e sen guía:

trompas trombóns clarinetes

sopraban o que sabían.

Coas tubas os fagots

os seus sons xa confundían,

os óboes e o timbal

in crescendo discutían .

Os violíns e as violas

o repertorio esquecían;

aquilo era unha desfeita

sen ritmo e sen harmonía.

Pobre orquestra despistada

tocando unha sinfonía

perdida nun escenario

sen director e sen guía.

E fixemos a nosa versión:

A nosa orquestra pola paz

tocaba unha sinfonía,

con piñas e con espigas

cantándolle  á alegría,

dun mundo de moita xente

que vive en harmonía.

Os instrumentos soaban

 o mellor que podían,

todos eles cooperaban

tendo a paz como guía.

Cada quen soaba diferente

e co outro convivía,

arrolando na música dos cativos

mil fermosas fantasías.

Notas de novos e

notas de vellos,

notas de todos

e notas dun mesmo,

e as mellores notas

as notas da paz, as notas dos nenos.

CORES POLA PAZ

POMBAS DE CORES

Con esta actividade pretendíamos estimular a creatividade e contribuír a desenvolver a capacidade de expresión plástica dos nenos e das nenas, fomentando unha visión da paz libre de estereotipos e reutilizando diversos materiais.
Explicámoslles, aos cativos da ecopatrulla, que íamos celebrar o día da Paz, e da Educación Ambiental; e para iso íamos reutilizar botellas de plástico, que decoraríamos con pombas pintadas de cores. Logo poderíamos empregar estes  botes para  gardar o material escolar.
Dixémoslles que as pombas son un símbolo universal da paz e da non violencia.

Resultado de imagen de palomas de colores

Tradicionalmente represéntase a paz cunha pomba branca que leva unha ramiña de oliveira no pico, pero no mundo existen pombas de todas as cores, e elas tamén poden ser un símbolo de paz. Por iso os convidamos a celebrar as cores da paz!
Repartimos copias de fichas con siluetas de pombas, debuxos pola paz, e botellas para cortar e para pintar.
Pedímoslle a cada cativo que deixara voar a súa imaxinación, e que pintase coas súas cores favoritas a ficha e a botella.

Mostrámoslles fotos de pombas de diferentes cores, para que lles serviran de inspiración.
Hai unha selección moi completa de imaxes de pombas na Wikipedia: http://commons.wikimedia.org/wiki/columbidae

Despois de escoitar con moita atención puxéronse mans á obra!

Ao rematar observamos os nosos botes, e descubrimos que eran fermosos precisamente porque estabamos empregando material reutilizado e pombas de cores.
Velaí o noso traballo:

voz natura 051

Pombas azuis, pombas de cores…

Pombas que foron colocando en cada bote para falar dunha paz que é diversidade, e que está nas nosas mans, porque somos quen de escribila cada día coas nosas accións.

P1070483

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

Como xa indicamos nunha entrada anterior, este curso aunamos dúas celebracións moi especiais: o DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL (26 de xaneiro) e o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (30 de xaneiro), tratando de realizar actividades que englobaran as dúas. Deixamos aquí a mostra de dúas delas:

1- Realizamos un mural conxunto (empregando tapóns que os nenos e nenas trouxeron das súas casas), pedindo paz, un mundo sostible e solidario onde non se malgasten os recursos e a axuda e cooperación sexan valores prioritarios. Queremos un planeta san, protexido e respectado por todos.

tapons 2 tapons recortado

2- Realizamos tamén un acto conxunto onde a música e o baile foron os protagonistas. Primeiro nenos de 6º de primaria leron un manifesto pola paz e polo respecto e coidado do noso mundo, o fogar de todos. E logo cantamos e bailamos ao ritmo de dúas cancións:

  • LA HORA DEL PLANETA
  • DANZA DA PAZ (MAMÁ CABRA)

APÚNTATE Á MOVIDA, RECICLA!

RECICLANDO, RECICLANDO A NATUREZA ESTAMOS COIDANDO

Reciclar é unha actividade sinxela e gratificante, é un exemplo de responsabilidade social e de coidado do medio.

Este xesto, que forma parte dun consumo responsable, axudará a que as xeracións futuras poidan gozar dun planeta azul e verde.

Razóns para reciclar:

  1. Aforramos enerxía e loitamos contra o cambio climático

Reciclando reducimos o traballo de extracción, transporte e elaboración de novas materias primas, disminuíndo o consumo de enerxía que sería necesario para desenvolver estes procesos.

Ao reducir o consumo de enerxía reducimos o efecto invernadoiro,  xa que estamos xenerando menos CO2.

  1. Usamos menos materias primas.

Aforrando unha cantidade importante de recursos naturais .

  1. Fabricamos novo produtos.

Estes produtos necesitan menos enerxía,  polo que contaminan menos durante o proceso de elaboración.

  1. Desenvolvemos a creatividade

Inventamos, creamos e aproveitamos, con imaxinación podemos facer ata obras de arte co lixo.

  1. Implicamos ás familias

Na  nosa escola cada día son máis os membros da comunidade educativa que suben ao carro da reciclaxe, tal e como podedes comprobar a continuación.

MADRUGAR PARA RECICLAR ¡!!

Os nenos que primeiro chegan á escola (“os madrugadores”) andan co seu taller de Eco – Nadal.

Aquí tedes algúns dos traballos que están facendo estes días con Sandra e Marga, as nais encargadas da acollida temperá.

NO TEMPO DE DESCANSO AO TALLER DE RECICLADO!!!

Ofertarémoslle os nenos, durante todo o curso, un taller de reciclado que se desenvolverá no tempo do recreo. O encargado deste taller será o equipo de dinamización da biblioteca escolar, o cal colabora unha vez máis con todos os proxectos que se levan a cabo no centro. Ao longo do mes de decembro tamén realizan no taller de reciclaxe adornos de nadal. 

DSC05086

TODO O COLE RECICLANDO

Neste Nadal preparamos unha gran árbore e adornos feitos con materiais de refugallo.Tivemos moi boa resposta por parte das familias que aportaron os materiais necesarios para que puideramos levar a cabo a nosa tarefa. Aquí temos un pequeno adianto do traballo que estamos realizando.

9 P1060669DSC05010

 

 

 

 

 

 

 

 

P1060672P1060673

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DSC05049

DSC05001

 

 

 

 

 

 

 

RECICLALANDIA

Este taller de reciclaxe desenvólvese ao acabar de comer, nel os nenos da ECOPATRULLA, OS VERDES VIXÍA, poñen os seus petos con lemas que nos animan a reciclar e  guiados por dúas nais colaboradoras do comedor 6S  aproveitan materiais do lixo para realizar manualidades. Por exemplo, agora, na época de Nadal aproveitan as oveiras que recolleron do comedor para facer campás de Nadal, tamén xa están rematando de pintar os pneumáticos cos que construiremos  o noso Reciclín, e ……moitas máis cousas coas que nos irán sorprendendo ao longo do curso.

RECICLANDO NA TELE

Ata a televisión se quixo unir á movida do reciclado. A televisión local TELEMIÑO estivo no cole facendo un taller de reciclado cos nenos e nenas de 2º A e 2º B. Fixeron un reno con rolos de papel e paus que os nenos recolleron previamente no patio do cole e no seu contorno.DSC04950

1

 

 

 

DSC04908 DSC04905

QUEREMOS SEGUIR ANIMANDO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO NOSO CENTRO A QUE APROVEITEN MATERIAIS DE REFUGALLO PARA FACER OS ADORNOS E AGASALLOS DE NADAL, E ASÍ EVITAR O CONSUMO EXCESIVO DESTAS DATAS. RECORDADE:

NADAL

EMPEZANDO A RECICLAXE…

Deixamos aquí unha pequena mostra dalgunhas das manualidades que levamos realizado utilizando produtos de refugallo, concretamente empregando diferentes tipos de plásticos, xa que neste trimestre traballamos o reciclado deste material:

  • Para a celebración do SAMAÍN realizamos unhas “terroríficas” pantasmas. Unhas con pratos e tiras de plástico e outras con pequenos botes de plástico que pintamos de branco. Que vos parecen??
  • Para a celebración do MAGOSTO realizamos uns “divertidos” “portacastañas”, uns con vasos de iogures e outros con botellas de plástico cortadas pola metade, logo decorámolos con pintura, plastilina ou debuxos. P1080124 P1080158
    20161110_141539

A que apetece comer unhas cantas castañas deses simpáticos portacastañas?