Author Archives: maite

AGASALLOS PARA PEPE E PARA BOLIÑA

Mentrés os nosos poliños Pepe e Boliña seguen medrando, e agardando a volta á escola para poder vivir no noso galiñeiro e compartir os recreos cos nenos e coas nenas, que sen dúbida seguirán indo coidalos, temos que agradecerlle ás titoras de educación infantil: María, Verónica, María Xosé, Conchi, Nair, e Cris, as actividades que lles propuxeron aos cativos. E ás  familias que  lles axudaran a desenvolvelas.

Partiron deste conto que traballaran na aula,  do vídeo dos nosos poliños….

 

…e doutros contos que leran na biblioteca da aula .

Como podedes ver o resultado non pode ser máis positivo.

 

 

 

 

 

COMO PODEDES VER O RESULTADO NON PODE SER MÁIS POSITIVO.

Menudos agasallos fixeron as nosas cativas, e os nosos cativos para os poliños Boliña e Pepe!!!

 

AMIGUIÑOS DO CONFINAMENTO

Unha vez máis temos que darlles as grazas ás familias da nosa comunidade educativa por enviarnos as fotos dos «compañeiros e amigos do confinamento», aqueles animais que nos axudan a que estes días sexan máis levadeiros.

Arale está convencida de que todo tempo ten algo bo, porque ata neste podemos divertirnos moito  coas persoas que queremos e coas nosas mascotas.

E quere presentarnos a súa cadeliña Tila.

Andrés  pasao moi ben con  Gordinflón e con Fari Fari.

Izan goza da mellor  compañía,  a do seu pai , e a das súas catro mascotas.

Izan está encantado co seu fiel amigo Max

Enzo e Chloé están moi ledos con estes dous fermosos parruliños.

Nico coida moi ben aos seus gatiños.

Candela está moi orgullosa da súa gata  Lulú…

E dos seus cans: Golfo e Bumer.

A familia de Estela adoptou esta cadeliña, chamase Frida. Lucía , a nai de Estela contanos que xa ten 12 anos, pero que se adaptou perfectamente a esta super familia numerosa, e que  é moi cariñosa. Seguro que  Simón, Diego e Estela  fan que se sinta  moi feliz no seu novo fogar. Oxalá pasen moitos anos xuntiños.

Eric está coidando dos seus gatiños, enchéndoos de mimos, e dándolle uns aloumiños moi tenros.

Que sorte temos con estes marabillosos compañeiros que fan que as nenas e os nenos mostren un gran sorriso cando están con eles: Un sorriso cheo de ilusión como o que nos relaga Sara.

Rubén coida con moito agarimo as cabras.

Eu tamén quero presentarvos a Linda, a miña «compañeira» do confinamento.

ECO CORONA ENREDOS

O interese polo coidado do medio ambiente, e da saúde non remata co confinamento.

E boa proba delo son as nosas familias, e as actividades que están desenvolvendo ao longo destes días.

Paula e Arantxa cultivaron amorodos na terraza da súa casa.

Candela, e o seu pai Roberto están facendo unha casa para os animais. Ata están dispostos a acoller os que imos ter na escola: patos, galiñas e coellos,  durante as vacacións.

Olalla, Adriel e Alejandro están plantando carballos, cando medren irán reforestar o monte.

Antía e Xoel están aprendendo a facer galletas. E aporveitan a ocasión para lembrarnos  a importancia de comer froita.

 

 

Nico proponnos sementar lentellas, como fixo el.

Andrés anda a culivar tomates na terraza.

E a facer deporte na casa.

 

Óscar e Ainhoa axúdanlle aos avoíños a recoller  ovos.

Sandra Lucía e Candela plantan leitugas.

 

OS AMIGOS DO CONFINAMENTO

Abrimos o correo e atopamos moitas novidades, grazas as nosas familias.

As nosas cativas, e os nosos cativos, axúdannos a ver a realidade con «ollos de nenos», a aprender a mirar e ver sempre un horizonte positivo que pinta a vida de cores e os días de calma.

Hoxe recibimos a proposta de Antía, Xoel, Alex e Ariadna.

Converteron os días de confinamento en tempo para facer novos amigos.

Alex e Ariadna teñen un marabilloso equipo de caracois.

E unha tartaruga.

Xoel e Antía están coidando cachorros.

ATA LLE DAN O BIBERÓN.

E TOCAN A GUITARRA

Eles anímannos a que tamén nos aporveitemos para facer novos amiguiños, sexan cans, gatos, caracois ou o que se vos ocurra, porque din que non hai mellor maneira de invertir o tempo ca de coidar dalguén.

Canta razón teñen estes rapaces! Asique esa é  proposta, que nos mandedes as vosas fotos cos «amiguiños do confinamento», a este correo: maria.teresasotelo@edu.xunta.es.

Graciñas  pola vosa axuda e polas vosas ideas.

CORONA ENREDOS

Temos que felicitar as nosas familias, porque converteron a situación de confinamento nunha oportunidade para a creatividade.

Silvia, Carlos, Paula e Iria Manzanares anímannos a facer o que fixeron eles, a plantar unha minihorta no balcón.

Menudos tomates están cultivando!!!

Aporveitamos esta marabillosa idea para pedirvos a todas as familias da nosa escola que nos mandedes fotos, nas que podamos ver como neste tempo fomos capaces de sacar o mellor de nós, de cargarnos de esperanza, e de encher as nosas casas con vida.

Con esa vida que lle dan aos nosos fogares as plantas e a natureza, ás que os membros da comunidade educativa do CEIP Albino Núñez sempre estamos dispostos a coidar.

PASEO EN BICI

Non hai barreira para a creatividade, nin limites para a ilusión tal e como nos demostraron os nosos cativos e os seus pais.

Ariadna, Alex e Patricia están convencidos de que o peor xa pasou, e de que agora toca seguir coidando a nosa saúde e o noso cardio.

 

ERIC de 4º de educación infantil coloreou este fermoso debuxo para lembrarnos que pasear en bici é moi saudable, e axuda a que cardio se atope moi contento.

Aquí  temos a Lola, Bea , Xema, Mencia, Ainhoa, Óscar, Candela, Arantxa, e Martina dando o primeiro paseo en bicicleta  logo de tantos días de confinamento.

 

PARA SENTIR, PENSAR, ACTUAR E DIVERTIRSE.

Queridas familias para este tempo de confinamento imos proporvos actividades que podemos desenvolver nas nosas casas.

Coa vosa colaboración axudarannos a seguir pensando que lle pasa ao planeta, e  a actuarmos para mellorar a saúde do  mundo, e a nosa. 

Con estes recursos queremos convidarvos  a saír dos nosos fogares coa imaxinación e  a ritmo de música,  a voar , a correr, a saltar e a xogar,  para atoparnos dando paseiños xuntos, e gozando da natureza.

COMEZAMOS CUN VÍDEO QUE LLES PERMITIRÁ ENTENDER AOS MÁIS CATIVOS QUE ESTÁ PASANDO.

SEGUIMOS CON OUTRO QUE NÓS AXUDARÁ A REFLEXIONAR SOBRE OS NOSOS COMPORTAMENTOS

 

ACTIVIDADE: Podemos facer un monstruo do lixo xuntando as tapas, os plásticos, os envoltorios, os botes…que empregamos cada semana. E propornos conseguir que este monstruo  sexa cada semana máis cativo, ata  chegar a un mini monstruo do lixo, que será o que consiga facer cada familia ao ir reducindo día a día o lixo que producimos.

Se vós apetece podedes enviarnos( ao correo maria.teresasotelo@edu.xunta.es) os monstruos, e os mini monstruos que fixestes, para publicalos na entrada : Como minimizar  monstruos do lixo

AGORA TOCA MOVERSE A RITMO DE COOPERACIÓN E DE RECICLAXE PARA QUE TODO VAIA MELLOR

Queridas nenas e queridos nenos que vós parece se nos cargamos cunha boa dose de imaxinación e guiados por esta   canción damos un paseo en bici, sen saír da casa?

ACTIVIDADE: Como tarefa para hoxe podemos facer unha foto do noso baile-paseo en bici, ou un debuxo.

Se vós apetece podedes mandala a este correo : maria.teresasotelo@edu.xunta.es, logo publicamos aquí todas as fotos, e dalguna maneira será como se fosemos xuntos dar ese paseiño non contaminante para comezar a semana en forma.

Graciñas pola vosa axuda.

PEPE E BOLIÑA

As nenas e os nenos de 5º B de educación infantil estiveron coidando na súa clase, antes do confinamento,  a Pepe e a Boliña, dous poliños moi inquedos. Agora seguen medrando aínda que estrañan moito aos cativos.

Boliña e Pepe serán adoptados por Meli, alumna da nosa escola e unha das grandes coidadoras das mascotas do noso centro, cando volvamos á normalidade.

Mentrés non poden ver aos nenos van medrando e descubrindo a primavera e o mundo.

PAN DE MILLO

Un ano máis Sergio, un avó da comunidade educativa veu á escola para ensinarnos a facer pan de millo.

Foi unha xornada moi interesante na que os  cativos tiveron a oportunidade de:  Debullar espigas…

Peneirar a fariña…

Amasar…

Enfornar…

Probar…

E xogar cos carozos.

ENTROIDO 2020: STOP CAMBIO CLIMÁTICO

Un ano máis celebramos unha das nosas festas tradicionais, O ENTROIDO, festa de raigame popular, de troula, de alegría, de diversión, de festa rachada e tamén da burla e de crítica.

No noso colexio quixemos aproveitar esta celebración que tanto gusta aos nenos e ás nenas e darlle tamén un tono de denuncia e de chamada de atención sobre un dos grandes problemas con que nos atopamos hoxe e, que de non producirse un gran xiro, repercutirá no futuro destes rapaces e rapazas e das seguintes xeracións: É O PROBLEMA DO CAMBIO CLIMÁTICO.  A man do home está transformando a natureza e provocando xa hoxe en día consecuencias nefastas no medio ambiente a curto e longo prazo.

Quixemos manifestar o desexo de todos os que formamos esta comunidade educativa de que o coidado e o respecto da natureza sexan prioritarios e se busquen fórmulas de sostibilidade que garanticen o futuro de todos os nenos e nenas do mundo.

O noso desfile dividiuse en tres grupos:

1º- Comezamos cun desfile de flamantes e espectaculares coches que son os que provocan, xunto coas fábricas, barcos, avións… a gran contaminación que sofre o noso planeta. Os alumnos e alumnas de 1º de primaria cos seus coches que todo o contaminan foron berrando: PI, PI!! Non máis contaminación!!.  2- Nun segundo grupo destacamos as consecuencias da contaminación e dos abusos que o home fai da Terra.

Como consecuencia da emisión de gases a capa de ozono estase estragando e os desastres naturales son continuos:

Así os alumnos e alumnas de 6º de primaria chegaron destrozados despois de  sufrir un terrible vendaval!:

– As estacións tamén están cambiando,  todo vai ao revés, os Polos estanse derretendo, cae sarabia ao lado do mar, nos invernos xa non xea, as sequías son terribles… Os rapaces e rapazas de 5º de primaria non saben como vestirse…


– Outro dos grandes problemas é a eliminación dos residuos, sobre todos dos plásticos,  e a contaminación das augas. Plásticos e lixo enchen mares, ríos, lagos, regatos… provocando a súa contaminación e a morte dos animais que viven neles on nas súas ribeiras…  Así o quixeron mostrar os pequenos e pequenas de 4 anos:
– Ademais dos seres humanos quenes sofren as consecuencias deste cambio climático son os animais, estamos destruíndo o seu hábitat e provocando a extinción de moitas especies.. Os cativos de 5 e 3 anos, vestidos de pingüíns e de koalas quixeron reinvindicar a protección de todos os animais:

3- No terceiro grupo plasmamos algunhas das solucións que temos xa que poñer en marcha. Os alumnos e alumnas de 3º de primaria van pedindo: MÁIS ENERXÍAS RENOVABLES!!:– Nas nosas mans tamén están actuacións que axuden ao noso planeta: menos consumismo, utilizar transporte público, mercar coches eléctricos, consumir máis froitas e verduras e sobre todo reutilizar… Rapaces e rapazas de 4º de primaria luciron uns traxes espectaculares feitos con materiais reutilizados… mirade que elegantes!!
– 
Outra das solucións é a da reciclaxe, darlle outra vida aos refugallos e cousas que xa non utilizamos, con iso aforramos materias e enerxías… Vaia comando de reciclaxe fixeron os nenos e nenas de 2º de primaria!!E por último, despois de rematado o desfile, cantamos e bailamos todos xuntos a canción de MACACO: «MOVING» que é unha chamada a favor das pequenas accións e a unión de todos para salvar ao noso planeta.