Author Archives: maite

NOS SEUS ZA-PATOS

Este  curso  retomaremos  o noso  proxecto  «NOS SEUS  ZA-PATOS»  que  tivemos  que  suspender  o curso  pasado  por  mor  da  continua  desaparición  dos  parrulos.

Comezamos con 4 patos que os nenos e nenas xa bautizaron. Un, é o pato RENATO, que non sabía cantar ata que a pata PATOSA o quixo ensinar. Outra é a pata CURIOSA que moito lle gusta mirar aos nenos cando a van visitar, e a pata FERMOSA que por gustarlle tanto aos cativos presume como unha oca.

Tamén temos un galo kirico, que é moi divertido, e que todas as mañás sobe á caseta e comeza a cantar ata que lle imos abrir aos patos. Por iso os nenos e as nenas din que é o gardián dos parruliños.

Aquí temos as primeiras fotos da visita dos pequenos e pequenas de 4 anos aos patos para darlles de comer e estar un ratiño con eles.

No seguinte enlace podedes consultar o noso proxecto:

Fai uns días recibimos a visita de Alejandro, o portavoz do comité científico do programa de  VOZ NATURA, que fixo unha reseña do noso proxecto na páxina web do programa:

Premendo na imaxe iredes á páxina de Voz Natura.

ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO

Iniciamos este curso tan especial con moitas gañas de recuperar certa «normalidade», volver a reencontrarnos, aínda que sexa mantendo a distancia de seguridade, e gozar xuntos do coidado e do amor pola natureza en xeral, e polo amor e coidado da  nosa contorna en particular.

Co noso novo proxecto «ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO», estreamos novo logo:

Resaltamos algúns dos obxectivos que pretendemos acadar co mesmo;

  • Gozar do encontro coa natureza que experimenta o ecoperegrino, sendo capaz de mellorar un tramo do Camiño, e sentindo a harmonía co medio que provén do respecto e do coidado do mesmo

  • Fomentar no alumnado unha apreciación persoal do Camiño de Santiago como parte fundamental do seu patrimonio inmaterial, paisaxístico e artístico, a súa historia e a súa cultura, ademais de representación de moitos dos valores da sociedade occidental a que pertencen, e fío de conexión co pasado e o futuro.

  • Favorecer o traballo en equipo como ferramenta  de investigación.

  • Fomentar actitudes de respecto, curiosidade, protección, valoración  e conservación do patrimonio vinculado ao fenómeno Xacobeo.

Ademais da posta en marcha deste novo proxecto, continuaremos cos nosos traballos no horto escolar, «poñendo a escola guapa» e comezamos xa co coidado dos nosos parrulos: «Nos seus za-patos» que esperamos poder levar a bo término este curso.

VER, SENTIR, E ACTUAR

Imos comezar o concurso: «Ver, sentir e actuar».

Para desenvolver esta actividade partiremos das propostas de recursos que nos fagan as familias.

Cada proposta levaranos a publicar unha pregunta.

Cada resposta correcta daranos un punto.

A  aqueles cativos, e a aquelas cativas que consigan 10 puntos entregarémoslle o diploma de: Sabio/a antiplástico.

E comezan a chegar as suxerencias das nosas familias, para que sexamos capaces de ver os efectos da contaminación, asumir a nosa responsabilidade ambiental,  actuar para cambiar todo aquelo que depende de nós, e que dana a contorna, e por en marcha este concurso.

A primeira suxerencia chega da man de Fátima, a nai de Teo de 1º de educación primaria, aínda que na nosa escola todos a coñecemos como a pirata Piña Cortada, que veu ao comedor escolar para ensinarnos  a comer froita e a coidar da nosa saúde.

Piña cortada convídanos a ver :

Belén, a nai de Rubén de 2º de educación primaria recoméndanos:

 

XESTOS bos XESTOS verdes

Para aporveitar o tempo, nunha  das tardes de calor que estamos tendo ao longo desta semana, queremos proporvos que collades unha botella, ou un envase  de plástico, e que seguindo as pautas que se indican nos seguintes  vídeos vos animedes a facer algunha das manualidades que aparecen neles.

 

Se vós apetece podedes mandarnos unha foto vosa coas botellas, ou cos envases  de plástico reutilizados  ao seguinte correo: maria.teresasotelo@edu.xunta.es, e con todas as fotos faremos a nosa exposición de: «XESTOS bos XESTOS verdes».

Para rematar podemos aprender un pouquiño máis sobre o efecto nocivo que ten o plástico na nosa saúde.

 

 

Sabías que…

 

Os chicles están compostos nun 80% por plástico. O resto é unha mestura de gomas, de resinas naturais sintéticas, azucre, aromatizantes e colorantes artificiais. Os chicles teñen unha duración de cinco anos, co paso do tempo poden desintegrarse máis facilmente grazas ao sol.

Con todo, debemos procurar non tiralos á rúa, xa que os paxaros poden confundilos con comida, e morrer por mor de asfixia ao tentar dixerilos.

No tires tu chicle al suelo | La Rioja

Para 2050 case todas as especies de aves mariñas do planeta comerán plástico.

 

Descubre porque las aves marinas comen plástico – Nuestroclima

Máis do 40% do plástico úsase unha vez e tírase.

Montaña de plástico. Las botellas de plástico recolectadas para ...

O 90% do prezo que pagas pola auga embotellada é o que custa a botella, a auga apenas representa o 10% do valor total.

Los riesgos del agua embotellada en plástico – Espacio Humano

 

Coa reciclaxe de plásticos pódese aforrar até 2/3 da enerxía necesaria para a produción de plástico novo.

Unha tonelada de polietileno reciclado (o que se usa, por exemplo, en bolsas de plástico, botellas ou microesferas de cosméticos) equivale a aforrar 1,8 toneladas de petróleo.

Ao reciclar unha botella de plástico aforramos a enerxía necesaria para manter unha lámpada acesa durante 6 horas.

 

Científicos descubren forma más eficaz y ecológica de reciclar ...

En todo ou mundo véndese  cada minuto un millón de bebidas que veñen en envase de plástico.

Coa reciclaxe de dúas toneladas de plástico usado afórrase unha tonelada de petróleo bruto, gran cantidade de auga, e ademais conseguimos que diminúan as emisións de gases de efecto invernadoiro e os residuos xerados no proceso.

E ti animaste a investigar para  descubrir algunha curiosidade sobre o uso e o abuso do plástico, e a compartila con nós?

 

 

 

 

XESTOS bos XESTOS verdes

Imos comezar a  campaña «Xestos bos, xestos verdes» porque queremos que os nosos bos hábitos medren  tamén nas vacacións. Por iso durante este tempo podemos levar á práctica algúns xestos que nós axudarán a coidar a natureza.

1.Unha bolsa na mochila

É un xesto moi simple e moi efectivo. Trátase de saír da casa cunha bolsa de tea, desas que se dobran até quedar na mínima expresión.

O seu uso permitiranos rexeitar as bolsas que nos queiran  entregar en calquera establecemento ao que necesitemos entrar para facer  as nosas compras.

como hacer bolsas de tela tnt

2.Non, grazas non mo envolva.

Hai quen di que esta é a frase clave na loita contra o plástico.

Se estamos reclamando que os fabricantes deixen de abusar do  sobreenvasado os primeiros que debemos dar exemplo somos nós.

A maioría dos plastificados permanecen como basuraleza durante moito tempo.

Cómo hacer la compra sin plástico y sin empaques desechables ...

3.Cambiar a cantimplora pola botella de plástico

As nosas cativas, os nosos cativos de educación infantil, e as suas profes tiverono moi claro dende o primeiro día que comezamos co proxecto «desplastifícate», e dixéronlle non as botellas de plástico.

E se o seguimos facendo no verán? E se lle propomos a máis persoas que tamén cambien a botella de plático por unha cantimplora?

Cantimplora térmica ¡y personalizable para niños! | PequeOcio ...

4.Recolle lixo

Non basta con reducir, reutilizar e reciclar. Ademais de pór freo á vertedura constante de plásticos na contorna (máis de doce millóns de toneladas chegan cada ano ao mar) é necesario recoller todo o que poidamos.

Recolle a basuraleza aínda que non sexa túa, e únete ás campañas de limpeza que organiza Proxecto Libera (www.proyectolibera.org).

Hombre Con El Bolso De Recoger Botellas De Plástico Usadas Fotos ...

5.De picnic sen usar e tirar

Ides comer no campo ou na praia. Perfecto!

Lembra que do 15 de marzo ao 15 de outubro está rigorosamente prohibido facer lume e que do 1 de xaneiro ao 31 de decembro está estritamente prohibido tirar calquera tipo de residuo.

Por iso, antes de saír de casa enche a cesta co picnic de responsabilidade: coloca a comida en fiambreiras e non uses manteis, servilletas, vaixela e garfos  de usar e tirar.

How to Make Your Next Picnic More Eco-Friendly

6. Reciclar no inverno e  no verán.

O mellor envase de plástico é o que non se fabrica, por iso debemos esixirlles ás marcas que dediquen tanta atención ao continente (o envase) como ao contido (o seu produto) e aposten pola redución. Pero pola nosa banda debemos comprometernos a levar ao colector amarelo os envases de plástico baleiros e non abandonalos nunca  na contorna.

Reciclar non é a única solución: pero se non reciclamos non hai solución.

Cómo reciclar? - Guía completa de reciclaje - Algohayquehacer ...

7. Sen cañita por favor

Outro xesto tan simple como indispensable para reducir o cataclismo do plástico.

En boa parte das ocasións cando pedimos un refresco ou unha bebida infantil fannos a pregunta do millón: póñolle vaso e quere  unha cañita? E aí é cando debemos responder un non rotundo. Non por favor, nada de cañitas.

A menos que se trate dunha verdadeira necesidade, o costume de sorber as bebidas por unha cañita de plástico debe desaparecer.

Sin pajita, ¡por favor! | Noticias Diario de Burgos

ALOUMIÑOS DA NATUREZA

Menuda sorpresa para rematar o curso!!!

É ben certo que as nosas nenas, e os nosos nenos sempre están dipostos a coidar a natureza, son os primeiros en apuntarse a cultivar a horta, a coidar dos parruliños, a recoller o plástico nos patios, a facer compostaxe, e a sementar flores e hortalizas que poidan atraer aos paxaros e aos insectos, e tal vez por iso unha lavandeira decidíu aniñar nun dos xeranios do noso patio interior.

Guille, un cativo namorado dos animáis non só veu visitalos senón que decidíu converterse no seu padriño!

Noraboa para o padriño, e para os paxariños seguro que se van levar moi ben!!!

ECO ENREDOS

Para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente Antía fíxonos unha proposta moi interesante: ensinarnos a facer xoguetes con material reutilizado cando volvamos ao cole.

Seguro que moitos nos apuntamos a este novo taller!!!

Grazas Antía!!! Non se nos ocorre mellor maneira de conmemorar este día que a de intentar por en marcha unha idea  tan interesante.

CONFINAMENTO CON MOITO TALENTO

Non deixaron de sorprendernos as nosas cativas e os nosos cativos durante as semanas de confinamento, porque lonxe de aburrirse e de agobiarse, empregaron o seu tempo para coidar á natureza.

Mostra disto é Martín, quen plantou, regou, atopou novos amigos e gozou estando no seu pobo.

Martín non perde a oportunidade de admirar a beleza da natureza.

 

Gústanlle moito as flores…

 

 

…e os caracois.

 

Tamén lle gusta moito regar , e como é moi responsable coida todo o que planta.

 

 

Menuda amiguiña nova fixo Martín! Unha xoaniña!! Ata nos dá un pouco de envexa.

 

AMIGUIÑOS DO ESTADO DE ALARMA

Unha vez máis temos que darlles as grazas ás familias da nosa comunidade educativa por mandarnos as fotos das nosas nenas, e dos nosos nenos coas súas mascotas.  E por demostrarnos  como ao longo destes meses se foi reforzando o vínculo que tiñan os cativos cos animáis , tal e como podemos comprobar nas seguintes imaxes: