POBOS CON NOME DE ÁRBORE

SALGUEIRO

Para celebrar o día da árbore propuxémoslles aos nenos investigar os nomes dos pobos galegos,e descubrir cales tiñan nome de árbore.

Como plantáramos salgueiros, na nosa escola, comezamos averiguando se había algunha aldea que levara este nome e descubrimos que:

Salgueiro é unha pequena aldea situada no corazón de Parque Natural da Baixa Limia Serra do Xurés, que se atopa perdida na alta montaña (1050 metros), rodeada de picos que superan os 1200 metros de altitude (Picos de Fontefría e As Gralleiras).

 

A súa configuración é propia de pobos de montaña e distribúese ao redor dunha pista e fronte aos campos de cultivo e gandaría. Ata fins da primeira década do século XXI aínda era preciso chegar por unha pista sen asfaltar durante preto de seis quilómetros. Ademais non existe ningún núcleo de poboación nunha  radio aproximada de cinco quilómetros.

Resultado de imagen de salgueiro abandonado pobo de galicia

Isto, xunto á emigración da metade do século XX, provocou que Salgueiro fose abandonado para quedar na ruína durante as seguintes décadas.

Cóntase que os habitantes de Salgueiro vivían da gandería, da  agricultura e sobre todo do carbón que vendían ás ferrerías do norte de Portugal.

A falta de vías de comunicación, o illamento, as duras condicións de vida, a renovación de novas fontes de enerxía que deixaron de lado o carbón, e a emigración entre outras cousas propiciaron o abandono da vila. As súas casas dan mostra de que o diñeiro aquí non faltaba, e mesmo eran moitos os veciños que desde Muíños subían a pedir préstamos aos habitantes de Salgueiro.

A aldea contaba con todas as necesidades como fornos, muíños, alvarizas, pozos, eiras e mesmo cunha capela. Nutríanse do pequeno Rego do Salgueiro que limita a vila cara ao oeste.

 

Resultado de imagen de salgueiro abandonado pobo de galicia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *