AMIGUIÑOS DE MARCOS

Marcos Rodríguez Pantoja volveu a nosa escola para reunirse con cada grupo clase.

As nenas e os nenos de 5º de educación infantil estiveron moi atentos ás explicación de Marcos, recibírono cun mural e co código do lobo, o que o emocionou moito.

Resultado de imagen de codigo del loboMarcos contoulles como aprendera a facer lume, como secaba a carne, como cociñaba, cazaba e pescaba.
Explicoulles como aprendera a imitar o ruído dos animais e o ben que se levaba con eles.

Díxonos que añoraba moito aqueles tempos porque entre lobos sentiase protexido e querido.

Aos nenos sorprendeulles que tantos anos despois Marcos siga levando o colgante  que lle regalou o cabreiro, e que para el está cheíño de afecto e  de recordos.

Hugo quixo regalarlle o colgante que fixemos na escola, o de «amiguiños de Marcos».

Foi unha sesión na que as nenas e os nenos aprenderon moito sobre:  o coidado da natureza, o comportamento dos lobos e o dos humanos, o concepto de familia, e os valores e os contravalores que podemos empregar na relación cos demais.

E para rematar contounos como chamaba a súa nai, a loba que o adoptou cando Marcos sentía que estaba en perigo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *