RECUPERANDO XOGOS E XOGUETES

Sergio, un dos avós da nosa comunidade educativa, volveu á escola para contarlle aos nenos e ás nenas de 5º de educación infantil como fora a súa infancia.

Explicoulles cales eran os traballos que tiñan que realizar os nenos e as nenas da súa época, como era a  escola, a que el pouco pudo asistir porque tiña que ir co gando para o monte, que materiais se empregaban nas escolas unitarias, e algo que lles sorprendeu moito aos nenos e as nenas…..os castigos que se empregaban daquela:

Mauro  quixo probar ……..

e descubríu o difícil que era ser neno nunha sociedade na que os nenos e as nenas tiñan máis deberes que dereitos.

Sergio tamén lles contou cales eran os xogos que máis practicaba cando era cativo, tales como o castelo de carozos….

E descubrimos que Sarah Daniela era unha experta, porque tiña xogado moito cos seus avós.

E ensinoulles a facer barquiños con vimbios e carrabouxos ….

un barquiño que os nenos e as nenas de educación infantil puxeron a navegar……

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *