SABEDORÍA

As familias ademais de facilitarnos os obxectos antigos que lles presentamos aos nosos cativos, trouxéronnos libros. Iso permitíunos comparar os libros de antes cos de agora, e ir vendo como foron evolucionando, dende  o libro máis vello que lle puidemos ensinar aos noso nenos, un manual do ano 1943, ata os libros que eles utilizan hoxe.

O que máis lles sorprendeu  foi o tamaño da letra dos libros vellos, o feito de que foran en branco e negro e que non tiveran imaxes nin pegatinas.

Logo, con motivo do Día do Mestre, fomos  comprobando  como  evolucionaron  os libros  a través do tempo, e visitamos o “Recuncho do mestre” que temos na nosa escola, dedicado ao profesor Albino Núñez.

Onde  vimos algúns  dos materiais,  e dos recursos  que se usaban antes nas escolas unitarias.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *