SABEDORÍA

ENCONTROS 4 X

Este foi o primeiro encontro entre avós, nais, profesores, e nenos do noso centro, e forma parte de varias actividades programadas para desenvolver  ao longo de todo o curso,  co fin descubrir a sabedoría que gardan os nosos maiores, ao seren eles un dos primeiros elementos do noso patrimonio persoal.

Con estes encontros pretendemos valorar, respectar e coñecer mellor ás persoas maiores da nosa contorna, e promover unha educación  activa na que todos sexamos protagonistas no proceso de ensinanza- aprendizaxe.

Para conmemorar o Dia Internacional dos Dereitos dos Nenos, e das Nenas pedímoslles aos avós que viñeran á escola para contarnos como foi a súa infancia, para que os cativos puideran comprobar como foron evolucioando estes dereitos ao longo da historia.

Contamos coa colaboración de varios avós e avoas da nosa comunidade educativa, e cos do centro  Fogar Residencia de San Amaro, grazas a cooperación dunha nai  da nosa escola que traballa neste centro .

Desenvolvemos a actividade en forma de charlas, promovendo a participación dos alumnos con preguntas ao longo de toda a sesión.

 

Algúns avós asistiron con fotos e con obxectos da súa infancia o que espertou o interese dos nosos nenos.

Agradecemos a colaboración de todas as persoas que fixeron posible que puideramos desenvolver esta actividade, a través da cal os nosos nenos, e as nosas nenas comprobaron como foron evolucionando a través do tempo os dereitos á educación, á alimentación, ao traballo, a unha familia, á sanidade, ao xogo  e a unha vivenda.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *