CONSUMO RESPONSABLE

Para facer frente ao famoso “Black Friday ” que fomenta o consumismo, nas aulas de educación infantil estivemos vendo e comentando o seguinte conto:

Logo pedímoslle aos nenos,  e ás nenas que debuxaran aos protagonistas do conto,  e asi foi como viron a Coidadín e a Gastón:

 

Para traballar este tema cos cativos de infantil, e cos de educación primaria  propòmosvos os seguintes recursos:

1-VÍDEOS

2- TEXTOS

LER , COMENTAR E A PARTIR DESTE DECÁLOGO INVENTAR OUTRO:

Decálogo do consumidor responsable

1. Comprar produtos e servizos que teñan atributos sociais e ambientais.
2. Preferir as empresas ou organización que traballan en forma social e ambientalmente responsable.
3. Informarse antes de comprar, por exemplo lendo a etiqueta.
4. Difundir, promover e compartir información sobre os impactos positivos  e negativos dos produtos no medio ambiente.
5. Reciclar e reutilizar  todos os produtos que sexan posible de reciclar e de reutilizar.
6. Preferir o uso de sistemas de transporte amigables co medioambiente, para facernos chegar o producto: bicicleta ou  transporte público.
7. Comprar produtos  que necesiten consumir pouca enerxía para a súa transformación.

8. Elixir produtos, establecementos  e servizos locais.
9. Comprar só o necesario, non caer no consumismo.
10. Esixir ás autoridades políticas que fomenten con medidas concretas o coidado do  medio ambente e o desenvolvemento dun consumo informado e amigable coa nosa contorna social e natural.

3- CANCIÓNS:

PARA ESCOITAR E PENSAR:

4- FRASES:

PENSANDO XUNTOS: ARREDOR DAS SEGUINTES FRASES

“Necesitamos vivir simplemente para que otros puedan simplemente vivir” (Gandhi)

“La tierra no es herencia de nuestros padres, sino un préstamo de nuestros hijos”

“El consumo puede convertirse en un arma formidable para hacer cambiar el curso de la historia; los consumidores, si quieren, pueden imponer a las empresas comportamientos más justos”. (F. Gesualdi.)

PARA REMATAR,  O VENRES NA NOSA ESCOLA, PROPOREMOS COMEZAR A SEMANA DE CONSUMO RESPONSABLE, E SEGUIR INVENTANDO  LEMAS PARA PROMOVER ESTE CONSUMO NA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA. 

DEIXÁMOSVOS AQUÍ ALGÚNS DOS QUE FOMOS  INVENTANDO:

1- Consumir só o necesario é de sabios.

2-Comprar o que non necesito é caro

3-Compro só o que necesito, porque eu elixo.

4-Sei pensar, sei comprar.

5-Eu sei decidir, a publicidade non manda en min.

6- Ser solidario co medio, é o mellor prezo.

7-Penso, aforro, decido, logo existo.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *