CLIMA E PRODUCIÓN AGRARIA

O clima é un recurso natural que afecta á produción agraria. A súa influencia nun cultivo determinado depende das características da localidade xeográfica e das condicións de produción.Os resultados indican que as xeadas e a seca son o principal factor de risco na maioría das rexións e dos cultivos.

Este ano queremos que os nosos cativos comproben cales son  os cultivos que prefiren temperaturas baixas e cales prefiren  temperaturas altas, tamén queremos comprobar a influencia da humidade .

Comezamos esta actividade coñecendo a nosa estación meteorolóxica, e explicándolle aos nenos que antes de plantar cada cultivo no horto comprobaremos, e anotaremos  a temperatura actual, a temperatura mínima e a máxima para ver como lle afectaban ao crecemento das plantas.

IMG_20171006_103552

Logo transplantamos repolos.

E nabizas.

A partir de agora controlaremos a temperatura, a humidade e a evolución das nabizas e dos repolos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *