A cadea de televisión local TELEMIÑO realizou no noso cole unha gravación na que fomos os protagonistas. Concretamente gravaron un programa da serie XORNAL ESCOLAR centrado nas actividades que realiza a nosa ECOPATRULLA.
O programa tivo dous momentos diferenciados: un que se gravou no cole con diferentes mostras de todas as actividades que realiza a ECOPATRULLA e outra parte que se gravou nos estudos de TELEMIÑO en onde asistiron como público os nenos e nenas de 4 e 5 anos e fixeron de co-presentadores Jeray (de 5 anos) e Ana e Martín (de 4 anos).
Recordamos que a ECOPATRULLA é unha actividade que realizan 101 nenos e nenas voluntarios na hora de actividades despois da hora de xantar e, que unha vez programadas polo equipo de VOZ NATURA do centro, son levadas a cabo principalmente, por dúas nais que colaboran no servizo de comedor escolar, Sandra e Ana Belén, e por un avó, Sergio.
Para o programa graváronse algunhas mostras dos distintos grupos de actividades que a ECOPATRULLA ven realizando ao longo do curso:
- COIDADO DO MEDIO (OU HORTO ESCOLAR)
2. TALLERES DE RECICLADO
3. XOGANDO COA NATUREZA
4. POÑENDO A ESCOLA GUAPA
5. TALLERES DE COUSAS CON RAÍZ (TALLERES PAN DE MILLO)
E DE PIÑAS E XESTAS
6. HORTO BOTIQUÍN
7. FACEMOS CASAS PARA ANIMALIÑOS
E mantémolas húmidas, regando todos os días.
8. DEBULLAMOS MILLO E DAMOS DE COMER AOS PAXAROS
9. ESCOITAMOS, TOCAMOS, SENTIMOS E BAILAMOS AO SON DA NATUREZA
FACEMOS INSTRUMENTOS CON MATERIAIS DA NATUREZA, E CON OBXECTOS REUTILIZADOS.
E para rematar todos xuntos cantamos LA HORA DEL PLANETA para manifestar o noso compromiso de contribuír a un mundo sostible
O pasado 8 de abril emitiuse o programa na tele local TELEMIÑO e aquí vos deixamos os enlaces para que podades ver o programa completo:
Deja un comentario