Enlazando o noso traballo no horto escolar, co programa SI (Saúde Integral) e co comedor escolar do centro, puxemos en marcha un concurso de adiviñas para que coñezan os alimentos para a saúde e fomentar nos nenos/as hábitos saudables. Combinamos tamén adiviñas sobre alimentos con outras relacionadas co xardín dos sentidos. Entre todas as respostas acertadas, sortéase un agasallo que consiste nun xogo no que está representando o alimento que tiveron que adiviñar. Estas son algunhas das adiviñas que xa levamos propostas:
Verde foi o meu nacemento![]() de amarelo me vestín, e todos os que me cortan choran por min. |
Son froita grande,que medra deitada ao sol.![]() Son doce con tona verde e vermello o corazón. |
Son unha tola atada
que só serve para ensalada
Caixa pequena e pechada
sen tarabelo nin trabe
e garda dentro de si
o que dela dentro non cabe.
No alto me vexo,
ladrón vexo vir,
coa miña carapuchiña
non pofo fuxir.
No xardín dos sentidos da miña escola
vive un vello cabaleiro,
que anda vestido no verán e espido no inverno .
Teño dentes,e non boca
teño cabeza e non pés, mociña que tanto sabes adiviña o que é. |
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.