DÍA DA TERRA

Esta celebración festiva correspóndese con dous acontecementos: o Día Internacional da Terra, que se celebra o  21 de marzo,  e o Día da Terra ,  o 22 de abril, dende o 1970, data na que se celebrou  por primeira vez nos Estados Unidos.

A festividade foi creada, tras observárense os primeiros indicios alarmantes da degradación á que os humanos estabamos sometendo a natureza. Pretende lembrarnos que o planeta, e os seus ecosistemas dannos vida, polo que temos a responsabilidade de coidalos e de protexelos.

Con esta celebración queremos comprometernos, como nos recordaba a Declaración de Río de 1992, para fomentar a harmonía coa Nai Terra, ata acadar o equilibrio do ser humano co medio, desenvolvendo prácticas sostibles.

No noso centro desenvolvemos varias actividades, para  promover a alfabetización mediambiental e climática do noso alumnado.

Comezamos analizando a situación actual do medio ambiente, para establecer a continuación o noso compromiso pola terra, no que cada neno se responsabiliza dunha zona verde da escola.

Aquí temos a un grupo de nenas e de nenos moi responsables, asumindo o seu compromiso, son os madrugadores, que xa regan á primeira hora, antes de subir ás clases.

Logo da análise baixamos ao patio para buscar a zona que ía  coidar cada cativo, ou cada grupo.

Con todas as fotos, da nosa escola verde, organizamos a exposición “VEXO VERDE”, que nos convida a gozar do noso traballo, dunha escola na que todos nos comprometemos no coidado do medio.

EXPOSICIÓN:  ” VEXO VERDE”

Os cativos de educación infantil traballaron varias fichas na aula.

artistas 1

Aquí temos o traballo das nenas, e dos nenos de 4º de Educación Infantil.

Tamén estivemos celebrando este día no horto, e no  xardín dos sentidos, onde aproveitamos para plantar, regar e gozar da fauna e dos sons da natureza.

comprmiso 5

Regando, regando a terra estamos coidando.

Non podían faltar as actividades de reutilizar ou de reciclar, que lle dan vida ao noso proxecto.

Nesta ocasión foi unha nai da comunidade educativa a que nos mandou botellas de leite xa cortadas, para que pudiéramos decoralas, e empregalas para sementar ou para plantar.

As nenas e os nenos de 2º levaron  unha bolsa de sementes para cultivar nas súas casas cebolas, pementos, cabaciñas, chícharos, leitugas ou tomates.

E como somos moi festexeiros, rematamos esta celebración bailando a canción de Chayanne “Madre Tierra”, coa que queremos desexarvos un feliz Día da Terra!!.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *