A ÁRBORE DOS PROBLEMAS

A miúdo aos nenos resúltalles difícil atender na aula porque teñen preocupacións que os distraen. Na nosa escola démonos conta de que a  maioría dos problemas que traen á escola  afectánlles  ao longo do día, e fan que lles resulte moi complicado concentrarse  nas clases. 

Polo que decidimos traballar  o seguinte conto, escrito por Jorge Bucay.

O carpinteiro que contratara para axudarme a reparar a miña vella granxa, acababa de finalizar o seu primeiro día de traballo, e este fora un día moi complicado.

Unha das  máquinas avariarase facéndolle  perder unha hora de traballo, e o seu antigo camión negábase a arrincar.

Mentres o levaba á  casa, permaneceu calado .

Cando chegamos, convidoume a coñecer á súa familia.

Ao  dirixirnos  á porta, detívose  fronte a unha pequena árbore, tocando as puntas das ramas coas dúas  mans.

Ao entrar na súa casa, ocorreu unha sorprendente transformación. A súa bronceada cara sorría plenamente. Deulle unha aperta  aos seus  fillos e  un bico á súa muller. Posteriormente acompañoume ata o coche. Cando pasamos preto da árbore, sentín curiosidade, e pregunteille porque tocara aquela árbore antes de entrar na casa. E contoume o seguinte:

– «Esa é a miña árbore dos problemas».

– «Sei que eu non podo evitar ter problemas no traballo, pero hai algo que é seguro: os problemas non pertencen nin á miña casa, nin á miña muller, nin aos meus fillos. Así que, simplemente, cólgoos na árbore cada noite cando chego. Despois, pola mañá recólloos outra vez. O máis divertido é que… cando saio á mañá a recollelos, non  atopo tantos problemas  como os que deixara  a noite anterior.»  

 Propuxémoslle aos nenos que debuxaran  os seus problemas, os seus medos, ou as súas preocupacións.

 

Unha vez debuxados metémolos en bolsas……

Buscamos unha árbore moi forte, para convertela na nosa árbore dos problemas.

arbore problemas 3

E poder  deixar nela todos os días as nosas preocupacións.

 

Antes de colgarlle as bolsas démoslle unhas apertas ben grandes, para que lle axudasen  a cargar cos nosos problemas.

Buscámoslle 2 madriñas moi boíñas.

superpadriños 18

Shaila e Candela amadriñaron o noso carballo dos problemas.

E plantamos a súa beira 2 novas árbores, 2 castiñeiros  para que tivera bos amigos.

A  partir de agora  intentaremos colgar, ao chegar ao centro,  os nosos problemas nesta árbore, para poder subir máis tranquilos ás clases.

ARBORE 1

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *