APADRIÑANDO PLANTAS E ÁRBORES

Cada neno apadriñou, ou amadriñou unha planta ou unha árbore do recinto escolar.
Na aula, antes de saír ao patio en busca de afillados/as, deseñamos unha tarxeta na que os nenos de educación infantil, de 1º e de 2º se debuxaron e puxeron os seus nomes.

As nenas e os nenos de 3º, 4º, 5º e 6º, tiveron que engadir un valor, aquel que mellor os definía e que podían compartir co resto da comunidade educativa. Desta maneira as nosas árbores, e as nosas plantas, quedaron acompañadas de fermosas tarxetas, nas que se falaba de: bondade, ilusión, cariño, tenrura, amor, cooperación, paz…, etc.  E o patio da nosa escola converteuse nun banco de sentimentos, no que cando alguén precisa: axuda, cariño, calma, ilusión, compañía, consello ou esperanza sabe a que compañeiro ou a que compañeira terá que acudir.

MADRIÑA 9

Na clase, segundo ou nivel educativo, desenvolvemos as seguintes actividades:

* Investigamos o nome da planta, o lugar de procedencia, a asociación con outras plantas, e os coidados básicos que necesitaba.
* Fixemos un “encontro de padriños e de madriñas”, xa que apadriñaron a mesma planta os nenos de diferentes niveis educativos.
Por exemplo, os nenos de educación infantil e os nenos de 6º apadriñaron xuntos, porque cremos que ao teren que ir todos os días a  coidar esta planta, relacionaranse os cativos de diferentes idades, compartindo responsabilidades, e formando equipos interniveis.

Para o vindeiro curso queremos abrir esta actividade á comunidade educativa, de maneira que os pais e os avós poidan apadriñar, ou amadriñar, tamén unha planta ou unha árbore dentro da escola, e comprometerse a coidala, para favorecer os grupos de traballo interxeneracionais.
De momento, na primeira fase desta actividade xa temos moitos padriños, e moitos afillados!

APADRIÑA GRUPOAs nenas e os nenos  de 3º apadriñaron as árbores da carballeira e ata lles puxeron nomes. Agora ocúpanse de regalas e de coidalas nos recreos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *