Belén, Sandra Lucía, e as nenas e os nenos da ecopatrulla, con ilusión e con moitas gañas de traballar, converteron a nosa carballeira nun auténtico hotel para paxaros.
Comezaron reutilizando os carozos para facerlles randeeiras e casiñas.
E seguiron reutilizando botellas de plástico para facer comedeiros, e ata xoguetes moi creativos.
Carlos ata lle colocou un niño nunha árbore.
Aquí podemos ver como quedou o noso hotel para paxaros logo de varios días de traballo.
Á volta das vacacións da Semana Santa as nenas e os nenos de 5º de Educación Infantil foron ao hotel dos paxaros, para revisar as araandeiras e levarlles millo e auga.
E os nenos e as nenas da ecopatrulla remataron as novas casiñas comedeiros, que fixeron reutilizando as botellas de plástico.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.