ARTISTAS POLA PAZ

Esta semana tivemos na escola a Iria, a Alba e a Carolina, tres educadoras que traballan na asociación XARELA, e están desenvolvendo no noso centro un proxecto de Igualdade.

Para a sesión cos cativos de primeiro propuxéronlles pintar con pompóns láminas pola paz, entendendo a paz como harmonía  co medio ambiente e coas persoas.

Nas súas «obras de arte» tiñan que empregar a maior variedade de cores posible, para comprobar que un mundo de cores é un mundo máis fermoso. Logo a través da sesión «de sentimentos» intentaron que os nenos se deran conta de que todas as cores son importantes e diferentes e que esa diferenza é a que aporta beleza.

E despois desta sesión tan «chea de cor», temos os resultados da nosa 1ª sesión de «arte pola paz»:

Jason decidíu levar a mensaxe de igualdade ás súas mans pintando cada dedo dunha cor, entendendo que todos forman parte da mesma man, que todos son necesarios, e que aportando o mellor de sí, que é a súa cor, son capaces de unirse para pintar láminas cheíñas de vida e de sentimentos.

P1090194Ao final desta actividade entendemos que nós, ao igual que as formiguiñas que pintou Candela, temos o deber de aportar a «nosa cor», os nosos valores para que a «lámina do mundo» estea completa. E así unidos, pondo cada un o mellor de si, a súa ilusión e o seu esforzo, acadaremos a paz, que nos axudará a gozar do medio, da vida e dos que van a nosa beira.

P1090209

Paso a paso, como formiguiñas, a paz construímola entre todos.

Deja un comentario