FALANDO DE PAZ E DE MEDIO AMBIENTE

Con motivo da celebración, o 26 de xaneiro, do día Mundial da Educación Ambiental, e da celebración, o 30 tamén de xaneiro, do día Escolar da non Violencia e da Paz, recomendamos as seguintes actividades que estamos pondo xa en marcha no noso centro:

1- ELABORAR UNHA ENCICLAPEDIA:
Os participantes organizaranse por grupos (ou cursos), cada grupo terá que definir un termo relacionado coa reciclaxe e coa natureza (contaminación, cambio climático, impacto ecolóxico, reciclar, medio ambiente, desenvolvemento sostible, reutilizar, biodegradable, ecolóxico, catástrofe ambiental, dano ambiental, deforestación, eco-etiqueta, efecto invernadoiro, reducir, reforestación, vertedoiro controlado…..).

Os grupos poderán definir o significado do termo, ou explicalo con imaxes ou con debuxos, segundo as idades das nenas e dos nenos.

2- ELABORAR «O MANUAL DOS ECOSABIOS» que constará de varios apartados: Ecoconsellos, Reciclapedia, receitas saudables…

3- CONCURSO: «ADIVIÑA QUE SON E ONDE ESTOU»

Os participantes, organizados en equipos, terán que adiviñar o nome da planta, da árbore, do lugar… que apareza na imaxe que será exposta cada quince días no taboleiro verde colocado na entrada do centro.

Resultado de imagen de roble mas grande de galicia

Ao lado do taboleiro teremos a nosa «caixa verde», na que se irán metendo as respostas.

OBXECTIVOS:

-Aumentar o vocabulario dos nenos e das nenas en galego, en castelán e en inglés.

-Favorecer a capacidade de observación do medio.

-Fomentar o traballo en equipos interxeracionais.

-Estimular a creatividade.

-Valorar a diversidade.

-Buscar información en diferentes medios.

PARTICIPANTES:

– Poderán participar neste concurso todos os membros da comunidade educativa.

-Formaranse equipos de 10 concursantes, os cales elexirán un nome para o seu equipo, o máis creativo posible, e que deberá ter algunha relación co coidado do medio ambiente.

-Cada participante só poderá estar inscrito nun único equipo.

-Cada equipo terá un coordinador.

Cando se formalicen as inscricións deben indicarse os seguintes datos:

  • Nome do equipo
  • Compoñentes 
  • Nome do coordinador ou coordinadora

O período de inscrición dos equipos estará comprendido entre ………. e ……….., ambos inclusive.

XURADO:

Determinará os gañadores, e estará composto por:

– 1 representante de cada un dos equipos de profesores que participan na convocatoria do concurso
– 1 representante da ANPA.
– 1 alumno de sexto (que será escollido por sorteo de entre os nenos ou nenas que se presenten voluntarios) .

Os membros do xurado serán os encargados de facer, e de colocar, cada 15 días, unha foto da contorna do centro (unha árbore, unha planta…), nos 2 primeiros meses do concurso.

Logo as imaxes serán de curiosidades relacionadas coa natureza (o carballo máis vello de Galicia, o cabaceiro máis grande….) de obras de arte relacionadas coa natureza..) ou de fenòmenos metereolóxicos.

Resultado de imagen de PINTORES NATURALEZA

4. MÁIS XUNTOS, MÁIS FORTES

Esta actividade pode realizarse nas aulas a partir de 3º de primaria. No noso centro realizarona xa os alumnos de 6º de primaria.

Os nenos organizaranse por parellas, necesitarán un folio e 2 bolígrafos. Unirémolos cunha cinta, de maneira que a man esquerda dun quedará unida á man dereita do outro. A continuación pedirémoslles que usando só as mans que teñen unidas, fagan un debuxo pola paz. Como lles resulta imposible, teñen que buscar outro xeito para traballar… as mans terán que colocarse unha enriba da outra. Daquela é posible debuxar e ata conseguen escribir.

Logo de rematar os nosos cadros pola paz, comentamos a actividade, dándonos conta da necesidade de «remar na mesma dirección» ou de traballar xuntos para conseguir avanzar. Tamén nos decatamos de que, para traballar xuntos, é necesario dialogar e chegar a acordos conxuntos.

5-PARA LER, PENSAR E SENTIR:

TURIN ADELA: Cañones y manzanas. Lumen (De 5 a 8 anos)

SANZ, I: El hombre que abrazaba a los árboles. Ed. Edelvives (De 9 a 12 anos)

SAUTEREAU,F: El rey sin armas. Alfaguara. (De 9 a 12 anos)

TOUVET,J : El amigo indio. Edebe. (De 9 a 12 anos)

SANDOVAL,A ; URBERUAGA E: El árbol de la escuela. Kalandraka

LOMAR,J : Ecología mental. El grano de mostaza. (Recomendado para adultos)

6- PARA BUSCAR INFORMACIÓN

https://www.veoverde.com/

7-PARA CANTAR E BAILAR:

A danza da paz do grupo Mamá Cabra.

La hora del planeta .Canciones infantiles de Juan «D» y Beatriz.

https://veoverde.com/2011/12/10-canciones-para-conectarse-con-la-naturaleza/

8-PARA VER E GOZAR

9- PARA RECITAR:  «EN PAZ COA NATUREZA»

Partindo do » Poema del no» de Gloria Fuertes convidamos aos nenos e as nenas a facer o poema «Poema do si».

Si, a reciclar e a reutilizar

a coidar o horto e a reforestar.

Non, á contaminación,

ao despilfarro de auga

e ao consumo sen control.

Si, aos que sementan a paz

e coidan a vida,

con humor e con alegría.

Si, ao arco da vella e á diversidade

aos dereitos humanos e a un mundo

en igualdade.

Si, aos sorrisos dos nenos

que estoupan nas nubes,

si, a estar en paz coa Natureza 

porque  ti contribúes.

Si, a beleza da terra

e á bondade da xente,

que coida o planeta cada día

e ata sempre.

10-PARA FACER E PARA PENSAR

Con botellas reutilizadas e decoradas con mandalas de paz, podemos facer botes para gardar gomas e pinturas, lembrando que entre todos podemos borrar a guerra e pintar a paz.

Deja un comentario