ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS

A semana pasada realizamos no colexio dúas actividades que, aínda que distintas, están enmarcadas dentro dun dos obxectivos básicos do noso centro como é o de espertar nos nenos/as a conciencia ecolóxica e a preocupación polo coidado e respecto do medio ambiente.

– A primeira realizouse no centro e consistiu nunha charla dirixida ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Esta charla titulada “A enerxía, o medio ambiente e tí”, foi promovida polo Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa e tiña como principal obxectivo o de dar a coñecer os distintos tipos de enerxía que existen e reflexionar sobre o uso responsable e a súa sustentabilidade. Insintindo, o educador que a impartiu, na necesidade dun desenvolvemento sostible co fin de reducir a pegada ecolóxica negativa cara a futuras xeneracións.                                                      

DSC_0144DSC_0143

 

 

 

 

 

 

 

 

fotografia17

– A segunda delas consistiu na visita da Aula da Natureza do río Miño. Nesta aula, xestionada polo Concello de Ourense, os alumnos/as de 2º de primaria participaron na actividade  “Concienciación. Os nosos amigos, os cans e os gatos”. Con ela tratábase de concienciar aos máis pequenos sobre os coidados e responsabilidades diciembre 087_resultque require unha mascota, valorando a importancia que teñen como animais de compañía e como fonte constante de alegría e cariño. Así como inculcar comportamentos de respecto cara os animais que forman parte do noso contorno e  paliar o abandono dos mesmos. Aos nenos/as, ademais de ensinarlles cousas sobre o coidado das mascotas e o respecto por todos os animais en xeral, explicáronlles onde coidan aos animais abandonados e como poden eles coas súas familias axudarlles. Tamén participaron nuns divertidos talleres onde debuxaron e fixeron carautas de cans e gatos divertidos. Ah!! tamén recibiron a visita de dous amigos moi “especiais” !! Seguro que os atopades nas fotos…

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *