PROMOVENDO A DIETA MEDITERRÁNEA NO NOSO COMEDOR 5S
Para animar aos nenos a que coman segundo os principios desta dieta, rica en verdura, peixe e froita, temos un comedor con nome propio.
O noso é un COMEDOR 5S, porque a través del pretendemos educar nenos:
Saudables: que aprendan a coidar a súa saúde e a gozar da dieta mediterranea.
Solidarios: Ao ser un espazo de cooperación de todos os nenos/as do centro.
Silenciosos: No que intentaremos evitar a contaminación acústica e promover hábitos de orde e de silencio.
Sorrintes: Tan importante é o que se come coma o ambiente no que se come. Por iso intentamos crear un espazo cómodo e agradable para todos.
Sensibles: Co ecosistema, tendo en conta o tipo de producto que estamos consumindo en cada momento, e promovendo o uso de alimentos ecolóxicos.
Para incentivar aos nenos/as a que se acostumen a consumir todo tipo de verduras, froitas e peixe, empregamos os seguintes recursos:
1- DISTINTIVOS SAUDABLES
Cando os nenos proban algunha comida e/ou alimento que non lles gusta entregámoslle una medalla saudable ou un distintivo (pin), nos que especificamos o motivo polo que se lle deu este premio. Ao levar o distintivo para as súas casas recibirán os parabéns da súa familia, a cal nos axudará a consolidar este logro.
Aquel neno, ou aquela nena, que consegue ser 5S (saudable, solidario, silencioso, sensible e sorrinte) convértese cada día no “ rei “ ou na “raíña da mesa”.
A estes nenos facémoslle una foto coa súa coroa e expómola no taboleiro dos “ Reis da mesa”. Ao pasar uns días, esta foto irá para as súas casas co fin de que as familias coñezan e valoren o esforzo dos cativos e os obxectivos acadados.
3- PROTAGONISTA DA SEMANA
Con esta actividade queremos valorar o esforzo semanal daqueles nenos/as que acadaron un novo obxectivo, e que xa está consolidado (comer o peixe, comer a froita, comer a verdura, controlar o ton de voz…)
A estes nenos facémoslle una foto cunha das nosas mascotas, e colocámola durante a semana seguinte no taboleiro de “Protagonistas”, explicando o motivo polo que se converteron en protagonistas semanais.
Logo levan a foto para que as familias poidan darlles a noraboa e nos axuden a fomentar os valores educativos do noso comedor escolar.
4- MARCADOR 5S
Cada colaborador, ao comezo de curso, escolle un símbolo que identifica ao seu grupo ao longo de todo o ano. Este símbolo é un alimento saudable (peixe, amorodos, carne, leite,….) que colocamos no noso marcador.
Ao rematar o xantar cada colaborador puntúa ao seu grupo, tendo en conta os 5 obxectivos básicos: (entrar e saír en orde, falar cun ton de voz moderado, comer todo, empregar “grazas” e “por favor” cando necesitan pedir algo, e axudarlle aos máis cativos), a puntuación máxima será un cinco para aqueles grupos que acadaron todos os obxectivos.
Ao final do mes facemos o reconto de puntos, e o grupo gañador será o grupo 5S do mes .
5- AS MASCOTAS VIAXEIRAS
Diariamente as nosas mascotas visitan os fogares dos nenos 5S (saudables, solidarios, silenciosos, sensibles e sorrintes) para informar as súas familias do seu bo comportamento: capaces de manter hábitos de orde e de silencio e de disfrutar dunha dieta variada, equilibrada e saudable.
Son unha das mascotas do comedor escolar. Hoxe veño a vosa casa para darvos a noraboa polo bo comportamento do voso neno/as no comedor escolar. O voso neno/a entra en orde, fala cun ton de voz moderado, come de todo e respecta aos compañeiros. Por iso é un CAMPIÓN 5S (saudable, solidario, silencioso, sorrinte e sensible). NORABOA CAMPIÓN 5S !!!! |
(Modelo de mensaxe que acompaña ás mascotas viaxeiras que os nenos/as levan as súas casas)
6- O RELOXO SILENCIOSO
No comedor 5S temos un tempo para falar e un tempo para escoitar.
Na primeira media hora os nenos poden falar mantendo un ton de voz adecuado, a partir das 15:00 h. temos que escoitar para que os nosos colaboradores poidan avaliar a cada grupo, e comentar os aspectos nos que temos que mellorar para o día seguinte.
Ás 15:00h. unha das nosas colaboradoras viste o disfrace de “reloxo silencioso” e vai por todas as mesas buscando o grupo 5S. Un dos membros dese grupo será o “cativo reloxo silencioso”. Este neno terá que vestir o seu disfrace e ir visitando todas as mesas para lembrarlle aos compañeiros que teñen que estar en silencio, mentres os colaboradores puntúan a cada grupo.
7- ADIVIÑA, ADIVIÑANDO
Todos os meses temos unha adiviña á que os nenos lle terán que buscar solución.
A solución sempre será un dos alimentos saudables que comemos no comedor 5S, o gañador levará un xogo no que estará representado este alimento.
8-DIPLOMAS 5S
Con estes diplomas felicitamos, ao final de cada trimestre, a todos os cativos que acadan os obxectivos do noso comedor 5S.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.