COÑECENDO AS ÁRBORES DA NOSA ESCOLA

Na sesión de traballo do día 7 de outubro aprendemos a distinguir as árbores polas follas.
Comezamos vendo as diferenzas e as semellanzas entre as follas dun carballo e as dun castiñeiro. Cando xa sabíamos diferenciar unha da outra dividímonos en tres grupos. Un grupo tiña que buscar carballos no patio da escola, o segundo grupo tiña que buscar castiñeiros e o terceiro tiña que buscar árbores que non foran castiñeiros nin carballos.
Como estivemos moi atentos a tarefa resultou doada!

Ademais de descubrir varios carballos e un castiñeiro, atopamos unha nogueira, e observamos as súas follas comparándoas coas das outras dúas árbores.
Este mércores, de novo, démoslle fariña de millo, e migas de pan, aos paxaros e nós probamos o pan de millo.

Este pan gustounos tanto que pensamos en desenvolver, nalgunha sesión, un “taller de pan de millo”, no que os nenos aprenderán a peneirar a fariña, amasar , tender a masa e cocer o pan. 

Recollemos follas para abonar as nosas plantas do horto e tamén colocamos os nosos “caldeiros Narigota” no horto para recoller a auga da choiva e con ela regar as plantas do interior. 

Aprendemos a darlle apertas ás árbores. Ata inventamos a “aperta caracol” !

P1050002

P1050004

 

 

 

 

 

 

 

 

Xa na aula, completamos o traballo con fichas sobre as follas das árbores que vimos no recinto do cole:

P1050045

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *