Esta semana tamén comezamos co proxecto “landra” co que pretendemos que os nenos coñezan a importancia dos carballos para o noso ecosistema. Dentro deste proxecto desenvolveremos varias actividades:
*Elaboración dun power-point no que se recolla información sobre o carballo e recursos didácticos para traballar, a partir do carballo, lecto-escritura na aula de educación infantil.
* Recollida de landras, como xa fixemos o pasado día 23 de setembro:
*Proba de flotación: colocamos as landras recollidas nun caldeiro e engadimos auga. Pedímoslle aos nenos que observen o que vai a pasar. Sabendo que as sementes que flotan non serven para sementar, seleccionamos as landras que pesan máis, e van ao fondo, estas serán as que logo empregamos para sementar.
* Sementamos estas landras.
* Cada neno plantará un carballo que levará para a súa casa, para transplantar no seu pobo.
* Plantaremos carballos na escola.
*Escoitaremos o poema de Manuel Rodríguez López do álbum “Marexada”, do cantautor Alfredo González Vilela.
* Escenificamos o baile dos carballos:
“Os carballos
somos árbores
que sabemos
bailar co vento.
Dando sombra no
verán, landras no outono
e leña para o inverno” .
* Recolleremos folla de carballo para arroupar os cultivos ( as acelgas, leitugas, repolos…que temos plantados no horto escolar).
* Realizaremos manualidades coas landras ( pulseiras), e coa folla dos carballos faremos un mural de outono.
Deja un comentario
Lo siento, debes estar conectado para publicar un comentario.