Imos comezar o concurso: «Ver, sentir e actuar».
Para desenvolver esta actividade partiremos das propostas de recursos que nos fagan as familias.
Cada proposta levaranos a publicar unha pregunta.
Cada resposta correcta daranos un punto.
A aqueles cativos, e a aquelas cativas que consigan 10 puntos entregarémoslle o diploma de: Sabio/a antiplástico.
E comezan a chegar as suxerencias das nosas familias, para que sexamos capaces de ver os efectos da contaminación, asumir a nosa responsabilidade ambiental, actuar para cambiar todo aquelo que depende de nós, e que dana a contorna, e por en marcha este concurso.
A primeira suxerencia chega da man de Fátima, a nai de Teo de 1º de educación primaria, aínda que na nosa escola todos a coñecemos como a pirata Piña Cortada, que veu ao comedor escolar para ensinarnos a comer froita e a coidar da nosa saúde.
Piña cortada convídanos a ver :
Belén, a nai de Rubén de 2º de educación primaria recoméndanos: