Para aporveitar o tempo, nunha das tardes de calor que estamos tendo ao longo desta semana, queremos proporvos que collades unha botella, ou un envase de plástico, e que seguindo as pautas que se indican nos seguintes vídeos vos animedes a facer algunha das manualidades que aparecen neles.
Se vós apetece podedes mandarnos unha foto vosa coas botellas, ou cos envases de plástico reutilizados ao seguinte correo: maria.teresasotelo@edu.xunta.es, e con todas as fotos faremos a nosa exposición de: «XESTOS bos XESTOS verdes».
Para rematar podemos aprender un pouquiño máis sobre o efecto nocivo que ten o plástico na nosa saúde.