COIDANDO AOS PARRULIÑOS

O noso proxecto “Nos seus za-PATOS” está a dar os mellores resultados.

Os nenos acuden coidar os parruliños ao chegar á escola,  na hora do recreo e ao rematar o xantar.

Ali pasan moito tempo observándoos e descubrindo que son animais moi cariñosos aos que lle gusta vivir en grupo. Dende que chegaron axudáronnos a comprobar o responsables que son as nosas nenas e os nosos nenos, xa que a diario están pendentes de cambiarlles a auga, levarlles comida e incluso limpar os plásticos que aparecen na zona.

A zona “pato-relax” converteuse nun espazo moi atractivo para os cativos que non sabían que facer no tempo de recreo.

Aquí as cativas e os cativos están moi relaxados debido ao encontro coa natureza e cos animais que favorece a calma.

Aos nenos, e ás nenas encántalles ver nadar aos parruliños.

Os parruliños gozan coa visita dos cativos, e os cativos pasano moi ben coidándoos, observándoos e aprendendo cousas novas.

Comments are closed.