DA HORTA AO PRATO

BENVIDO OUTONO!

Benvido o  tempo de recoller colleitas, e   de prantar as que comeremos nós e os nosos parrulos ao longo do curso.

Agora temos que prantar máis, _din os nenos, e teñen razón porque temos que cultivar  verzas, leitugas e acelgas para Plumitas e para a  súa familia.

Asique con máis gañas que nunca volvemos á horta, e cos pés na terra dispómonos  a pratar e a coidar: acelgas, verzas repolos e leituga.

Comezamos coas acelgas, porque despois de observar aos parrulos descubrimos que  son un dos seus alimentos preferidos.

 

Din don ding, din don dan, hoxe toca plantar! Din don din, din don dan, os peque temos moitas gañas de traballar!

Comments are closed.