PATOS NA ESCOLA

Un dos proxectos que imos levar a cabo este curso é o titulado: NOS SEUS ZA-PATOS, un proxecto de empatía activa co que pretendemos fomentar nos nenos e nenas o seu desenvolvemento social e cognitivo mediante o contacto con animais. Na seguinte presentación tedes toda a información sobre o mesmo:


 

E POR FIN XA CHEGARON OS PATOS AO COLE!!!  Na pequena carballeira que temos no patio do colexio xa están instalados na casiña que preparamos para eles. Que expectación todos os días por ir velos!!!. Xa vos iremos contando as actividades que realizaremos con eles. 

Comments are closed.