O PLÁSTICO MATA

Hoxe convidámosvos a averiguar onde vai todo o plástico que usamos, e a intentar reducir o seu uso.

AS GRANDES MANCHAS DE LIXO

Nos xiros oceánicos de todo o mundo (as zonas centrais dos mares) xa hai máis plástico en suspensión que plancto (é dicir, máis plástico que comida). Son as chamadas «grandes manchas de lixo». Na súa gran maioría están compostas por fragmentos pequenos (menos de 4 mm) e dispersos en superficies xigantescas.

Un estudo de 2010 estima que entre 5 e 13 millóns de toneladas métricas de plásticos terminan no mar cada ano. Na actualidade calcúlase que de media hai 13.000 plásticos por milla cadrada de océano, cun peso total de 100 millóns de toneladas.
Os estudos confirman que a cadea alimentaria mariña, da cal depende a nosa alimentación está contaminada. Para empezar os seres microscópicos que compoñen o plancto mariño comen microplásticos, do mesmo xeito que os animais filtrantes como os mexillóns. Tamén os peixes de moitas especies comúns están a alimentarse con fragmentos de plástico.
Ademais da toxicidade propia do plástico, as partículas de plástico no mar teñen a propiedade quimica de atraer e acumular contaminantes hidrofóbicos (é dicir aceitosos) da auga de mar, como DDT e PCBs.

Os plásticos son «esponxas» químicas para contaminantes perigosos que chegan ao mar procedentes da agricultura e a industria e ábrenlles a porta para que entren na cadea alimentaria.

 

SUXERENCIAS PARA USAR MENOS PLÁSTICO

 

 

 

Comments are closed.