TRABALLANDO NO HORTO

image0021Xa chegou a primavera! As temperaturas empezan a subir, e seguimos facendo sementeira dalgunhas especies ao aire libre, sen protección.

SEMENTAMOS CENORIAS

Os nenos e as nenas de 3º A sementamos cenorias no horto escolar. Tivemos que superar algunhas dificultades porque algúns esquecémonos de traer zapatos vellos, e ante a dificultade, aplicouse a creatividade. Observade que ben calzados quedamos!

Antes de sementar preparamos a terra. Tivemos que sachar e retirar as pedras deixando a terra ben esponxosa e aireada. Empregamos o sacho e o angazo para mover a terra e para limpar a zona de pedras, conseguindo unha terra firme.

Logo botamos as sementes a voleo, e como a terra estaba moi seca tivemos que regar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *