A HORTA DO ALBINO

A horta do Albino é sensacional,

nela sachamos e aprendemos a plantar.

Sementamos patacas, allos e cebolas,

e as galiñas da veciña dicímoslle ola!!!

 

 

Recollemos as leitugas, os repolos e as acelgas,

e ata descubrimos un caracol, durmindo a sesta!!!

 

A nosa colleita levámola á  cociña,

para que Angeles, Alfonso e María, nos fagan unha rica comida.

Retiramos as malas herbas , que moito medran!!!

Xuntamos a folla na nosa carballeira,

para abonar a nosa horta ao chegar a primavera.

Despois de tanto traballo toca descansar,

e zamparnos as leitugas na  hora do xantar!!!

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *