ESCOLA PONTE GUAPA

As cativas, e os cativos de 6º de educación infantil chegaron hoxe á escola con moitas gañas de traballar, viñan decididos a encher o patio de cores, a para iso nada mellor que plantar prímulas.

Comezamos buscando aquelas zonas do patio nas que era necesario intervir.

 

Empregando as cores das prímulas como recurso puidemos traballar o valor da diversidade, as nenas  e os nenos entenderon que todos somos diferentes e importantes, e temos un papel fundamental para construír xuntos un mundo cheo de beleza.

Algo que Sofía e Cibrán entenderon moi ben, e que lles gustou explicar aos compañeiros.

Con moita ilusión puxémonos mans á obra.

Despois de plantar as nosas prímulas, e de comentarmos os coidados que ían necesitar, só nos quedaba colocalas enchendo o noso patio de cores, e comprobar que as diferenzas enriquecen o patio da escola e o mundo.

E para rematar Cibrán deseñou a Florinda….

Agora só nos queda gozar do noso patio multicor.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *