O BOSQUE DA PAZ

Na semana da Educación Ambiental, e da Paz, o equipo de Biblioteca propuxo representar unha obra de teatro, que lles axudara a entender  aos cativos do noso centro os principais problemas aos que se enfrontan os nosos bosques.

Iria, Marco Antonio, Luz María, Alejandro, Carla e Mario foron o grupo de voluntarios encargados desta sesión de «Teatro pola Paz».

Paz , unha nena de 8 anos, á que lle encanta ler á sombra dun carballo milenario, e Ciclo, o trasno que protexe o bosque, terán que enfrontarse á Bruxa Limpa.

 

Esta bruxa, que non lle fai honor ao seu nome, senón todo o contrario pretende queimar o bosque e encher todo de lixo, poque está namorada da contaminación.


Para elo conta con 2 axudantes,dispostos a cortar todos os  carballos.

Paz e Ciclo terán que convencer as leñadores para que cambien o seu traballo, polo de gardabosques .

Logo de escoitaren os argumentos de Paz e de Ciclo a favor dos bosques os nosos leñadores deciden converterse en coidadores das árbores.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *