COMO ANDA O PATIO?

As nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil baixaron o patio dos nenos e das nenas de Educación Primaria. Querían comprobar se estes compañeiros, dende que comezamos coa actividade : «Escola verde»,  foran  capaces de reducir o plástico que usan, e de  tirar o lixo só  nas papeleiras, ou se pola contra seguían tirando envoltorios de plástico   no patio da escola.

Ían moi atentos, camiñando moi despacio convencidos de que  xa somos unha escola verde…………..

……….pero de súpeto Lola atopou un anaco de plástico no patio.

E Sara atopou outro.

Moi mal, -dixo  Aarón, prefiro non ver este desastre,  isto a Verdemán non lle gusta nada.

E a nós  tampouco -dixeron Claudia e Ángela que viran máis papeis tirados no patio.

E que podemos facer para termos unha escola verde?, -preguntoulle Mael a Verdemán.

Como Verdemán non respondía, as  cativas e os cativos de 4ºde Educación infantil reuníronse en asamblea,  para contar o lixo que recolleran.

Un pouco tristes, e preocupados sentáronse, para buscarlle unha solución a esta situación.Puxéronse a pensar…..

Rodrigo dixo que había moitos menos anacos de plástico que a comezo.  Esta vez só recolleran 14, pero aínda non chegaramos ao noso obxectivo, a semana cero, na que non houbera ningún anaco de plático ou de papel nos nosos patios.

Facía falta un gardián!!! E NINGUÉN MELLOR CA VERDEMÁN!!!!!

Si, si dixo Izan, Verdemán pode quedar no patio dos maiores, para iso o pintamos de cores!!

Para que lles lembre que non sigan tirando anacos de plástico no patio, -engadíu Antón, e podamos ter  unha escola verde e limpa.

IMOS COLOCAR UN VERDEMÁN EN CADA UNHA DAS PAPELEIRAS QUE ATOPEMOS NOS PATIOS.

Boísima idea , engadíu Lola, asi teremos unha escola fermosa, e os nenos de infantil non teremos que poñer estas luvas, que non nos gustan nada, porque son de plástico……….

e ademais son moi grandes, – contestoulle Anxo.

Asique agora tócalle aos nenos de educación primaria tirar o lixo só nas papeleiras nas que están Verdemán, para chegar á semana cero , e converter a nosa escola nunha escola verde. Entre todos temos que conseguilo, tal e como din  Lorena e Sara.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *