FOLLAS DE SABEDORÍA

Un dos obxectivos do noso proxecto é o de coñecer os nosos bosques e as súas árbores, buscando   información sobre os salgueiros, os bidueiros,  os carballos……

Para elo os equipos de Biblioteca, Dinamización da Lingua Galega, Actividades extraescolares, Abalar-Tic e Voz Natura convocamos o concurso : “Entre follas de sabedoría”.

No que os cativos, partindo dunha ficha na que se lles dará información sobre unha árbore, terán que responder a unha pregunta cada semana. A resposta a esas preguntas atoparana nos libros que temos na biblioteca.

O día 21 de marzo, Día Internacional dos bosques ,  entregaránselles os premios aos gañadores, que serán as nenas e os nenos que consigan máis puntos, segundo o número de respostas acertadas, tamén se lles entregará un diploma que  acreditará como: “Amiguiños/as das árbores” a todos os participantes.

Comezamos cun libro  moi interesante pola cantidade, e a calidade  da información que contén:

Esta guía axudounos a descubrir o seguinte:

FICHA 1 -O BIDUEIRO

É unha árbore que pode acadar 20 m. de altura, con casca lisa, cinsenta ou esbrancuxada.

Ten polas erguidas ou abertas que forman unha copa irregularmente triangular.

O froito é pequeno (3-4mm), ten forma de noz lenicular.

As follas brotan nos meses de marzo ou abril, e florece de abril a maio.

Os froitos maduran no verán, de xullo a setembro.

Esténdese polo norte da Península Ibérica, e nas montañas da zona centro. Medra nas catro provincias galegas, sendo moito máis abundante nas da Coruña e Lugo.

Prefire o clima atlántico, con certa influencia continental, e forma bosques en zonas altas e frías.

Trátase dunha árbore de notable interese paisaxístico, selvícola e ornamental, moi utilizada en xardíns e bordes de carreteras.

A súa madeira é de cor amarela, pouco densa e branda, peri tenaz e elástica. Emprégase para a producción de pasta de papel, aínda que en Galicia o seu uso queda reservado para utensilios de construcción, elaboración de pratos típicos nos que se serve o polbo nas feiras, paus de zocos e madreñas.

Ver las imágenes de origen

Nos nosos pobos empregábase moito para a construcción das pezas do arado romano, xugos, lareiros ( usados para saudir os froitos dos castiñeiros e dos carballos).

As polas máis finas usábanse para facer vasoiras coas que se barrían  as eiras, e se separaban os restos do gran da palla nas mallas.

AVERIGUA:

1-Por que se lle chamaba a esta árbore, eufemísticamente, a árbore da sabiduría?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *