CULTIVOS AMIGOS DO FRIO

As nenas e os nenos de 6º de educación infantil foron á nosa horta escolar para investigar cales eran os cultivos propios do inverno.

Ben abrigados  saímos da aula para observar  que cultivos son amigos do frío, e cales son os que non deixan medrar as xeadas.

O primeiro que fixemos foi comprobar as temperaturas que estes días adoitan ser moi baixas.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vimos que  continúan as xeadas,  que xa nós levan acompañando ao longo de varios días.

 

Na nosa horta escolar, puidemos observar  que ás leitugas, aos porros e aos repolos gústalles o inverno

 

Outros como os pementos , ou os tomates non aguantan o frío. Isto débese a que os tecidos das plantas conteñen auga e se esta se conxela, os cristais de xeo que se forman rompen as células, facendo que a planta morra ou, no mellor dos casos, sufra danos de diferente consideración nos tecidos máis novos ou tenros.

Os brotes, follas tenras e flores son as partes máis sensibles ao frío.

DESCUBRIMOS QUE:

Cultivar no outono e no inverno non só se pode facer, senón que ten certas vantaxes:

*  Hai menos pragas.

*  Tes  que estar menos pendente da rega.

* Hai certos cultivos que saben mellor cultivados no outono e inverno: acelga, espinaca, rúcula e outras follas de ensalada teñen moito mellor sabor cando non viven baixo o sol abrasador de verán, que fai que teñan un sabor máis amargo (por iso no verán sempre recomendamos que teñan certa sombra).

UN BO CONSELLO:

Pare ter unha boa horta no inverno hai que preparala no outono.

A cuestión é, que existen cultivos moi resistentes ao frío.  Algúns aguantan até -4 ºC de temperatura en momentos puntuais. Simplemente hai que ter en conta unha cousa: son resistentes cando foron plantados no outono,  e no inverno están ben asentados ao terreo. Por iso é clave preparar no outono a horta do inverno, sobre todo se  a nosa zona é especialmente fría e ten xeadas no inverno. Se esperamos a sementar ou trasplantar cando o chan estea frío, o cultivo, por moi de inverno que sexa, non vai estar listo para enfrontarse a ese reto.

Asique, tal e como puidemos comprobar na horta escolar, hai cultivos amiguiños do frío , como son : a coliflor, o brócoli, o romanesco, as cenorias, as espinacas, as acelgas , os porros, as leitugas e os repolos.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *