AMIGOS/AS DAS ÁRBORES

Durante esta semana temos programadas varias actividades para conmemorar o San Martiño.

A través delas pretendemos:

-Ampliar os nosos coñecementos arredor dos castiñeiros, dos soutos, das castañas, e do coidado do bosque e do monte.

-Aumentar o noso «bosquebulario», que é como definimos ao vocabulario que imos traballar este ano, referido ao bosque.

-Fomentar a sensibilidade cara os nosos bosques, e  o respecto e o coidado das nosas árbores.

Pepe Santos fixo unha exposición moi interesante, e amena, referida á biodiversidade e á prevención de incendios.

 

-Desenvolver a primeira parte dunha actividade que rematará coa segunda sesión no monte de Palmés, para reforestar parte desta zona, que sufríu un incendio.

Durante a charla Pepe explicounos cales  eran os motivos para dedicar cada ano a un tema relacionado co medio ambiente, e cales eran os obxectivos destas celebracións.

OS NENOS ESTIVERON MOI ATENTOS E DISPOSTOS A INTERVIR NA QUENDA DE PREGUNTAS

Pepe achegounos ás causas e ás consecuencias dos incendios, e fixoo a través das imaxes que el foi recollendo ao longo de moitos anos de traballo, e de intervencións para apagar lumes, reforestar as zonas danadas e levar á escola unha mensaxe de esperanza, que busca o compromiso dos máis cativos na defensa e no coidado das árbores.

O noso ponente é membro da Plataforma Amigas e Amigos das Árbores da Limia e despois de escoitalo e de aprendermos moitas cousas grazas a el, quedamos pendentes dunha segunda sesión, un encontro no bosque de Palmés para intentarmos recuperar o que o lume estragou.

Antes de rematar falounos do Premio Nobel Alternativo e «dun dos seus bos amigos».

Ver las imágenes de origen

Un agricultor burkinés que detivo o avance do deserto, e sobre o cal terán que facer un traballo de investigación os nosos nenos e as nosas nenas.

 

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *