MUSEOS DE OURENSE

Localizase no antigo Pazo Episcopal, no centro da cidade de Ourense, a carón da casa Consistorial e a Igrexa de Santa María Nai, na Praza Maior.

 

Ver las imágenes de origen
Ver las imágenes de origen

2-MUSEO MUNICIPAL DE OURENSE

Atópase no casco histórico, preto  da Catedral.

Resultado de imagen de museo municipal ourense

Foi creado no 1987 nun edificio restaurado, a “Casa dos Méndez Montoto”, do século XVI. Alberga a colección de arte do Concello de Ourense, constituida por pintura e por escultura galega contemporáneas.

3- MUSEO  GALEGO DO XOGUETE
Situado na planta baixa do palacio dos antigos xulgados, foi creado no 1995, polo Concelo de Allariz, grazas a donación dun veciño da vila, Alberto Ouro Claro.
Resultado de imagen de museo xoguete allariz

Creouse coa finalidade de recoller todo o significado, e o valor dos xogos e xoguetes de todos os tempos .

Esta colección conta cunha parte importante de xoguetes considerados antigamente como  masculinos e de xoguetes bélicos, destacando tamén xogos de mesa e proxectores de cinema.

Resultado de imagen de museo xoguete allariz

 

Desde a súa inauguración no ano 1995, os fondos iniciais foron aumentando  con  doazóns de visitantes que colaboran coas súas achegas. Destacan entre estas unha colección de ao redor de 300 cadeiras de distinta procedencia de Belén Outeiriño de Ourense, un conxunto de bonecas de todo o século de Mª da Carmen Aciñeiras de Ourense, unhas fantásticas casas de bonecas ou un futbolín inglés feminino de 1917 recentemente doado por un anticuario de Madrid.

Resultado de imagen de museo xoguete allariz

O Museo ofrécelle a posibilidade de participaren os visitantes  en  sinxelos xogos de habilidade, nos que se empregan os sentidos, sobre todo a vista ou o tacto.

4-MUSEO ICONOGRÁFICO ASER SEARA

Este novo muso nace froito da doazón de Aser Seara que cumpre desta maneira o seu desexo de depositar na súa vila unha valiosa colección de arte sacra recompilada desde o ano 1960.

Resultado de imagen de museo iconografico aser seara

Nesta ampla e variada colección móstranse varias pezas de arte popular relixiosa. Predominan esculturas e pezas baseadas nos temas Marianos, aínda que tamén se mostran imaxes de Cristo e Santoral.

Resultado de imagen de museo iconografico aser seara

Imaxes de Románico, Gótico e Barroco, datadas e entre os séculos XII e XIX están expostas nesa antiga casa do Conde Aldemira, un fermosos edificio restaurado no centro histórico de Allariz.

5- CASA MUSEO OTERO PEDRAYO

O Pazo Museo de Otero Pedrayo está situado no lugar de Cimadevila, na parroquia de Trasalba do Concello de Amoeiro, Ourense. Neste lugar a Fundación Otero Pedrayo garda a memoria do que foi patriarca das Letras Galegas.

Resultado de imagen de museo otero pedrayo

Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888-1976) foi escritor, profesor, político e editor traballou coa idea de alentar a cultura e o país galego. Formou parte de grandes iniciativas institucionais para o desenvolvemento cultural galego como o Partido Galeguista, o Seminario de Estudos Galegos ou a Editorial Galaxia.

Resultado de imagen de museo otero pedrayo

Na visita ao museo pódense contemplar obxectos persoais do escritor, mobiliario e a súa biblioteca, así como a estrutura tradicional dun pazo galego de principios do século XX.

Resultado de imagen de museo otero pedrayo

6-MUSEO DA LIMIA

 

Ampliar Foto...

Ninguén pode marchar de Vilar de Santos sen coñecer este museo etnográfico, considerado un dos mellores de Galicia no seu xénero. Está dedicado á vida e o saber tradicional da comarca da Limia. É «A morada da memoria antelana» nome co que se coñece tamén a comarca e a súa antiga lagoa, a mais grande extensión de auga doce de España, ata que foi desecada nos anos 60.

Imagen relacionada

 

Os guías deste museo son os vecinos, que falan da súa vida e dos obxectos que utilizaban. O museo consta de 5 áreas temáticas: O mar da Limia, o mundo rural, a vida na casa, os oficios e o comercio.

Imagen relacionada

7- MUSEO DO COIRO

Este Museo ocupa unha parte importante dun emblemático edificio recentemente restaurado, situado á beira do río Arnoia, a Fábrica de Curtidos da familia Nogueiras.

Na zona dedicada a Museo, localízanse os pilos da curtición, e recóllense as ferramentas empregadas neste oficio (coitelos de pelar, de escarnar, de aprimar, táboas, mesa de engrasar, lunetas, mazo, tenazas, aparello de rematar, etc).

Resultado de imagen de museo do coiro

Imagen relacionada

Resultado de imagen de museo do coiro

Resultado de imagen de museo do coiro

Imagen relacionada

Deja un comentario